UNDERWATER PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2020
Casa móbil xeada. A foto gañadora do concurso Underwater Photographer of the Year 2020, obra do francés Greg Lecoeur.
En torno ao 71 % da Terra está baixa a auga, escondida aos nosos ollos. Aí están os animais, vexetais, cordilleiras e barcos que compoñen as imaxes de Underwater Photographer of the Year, posiblemente o certame de fotografía subacuática máis prestixioso do mundo que é de orixe británica e celébrase desde 1965.
Hai uns días, o pasado 23 de febreiro, anunciáronse os gañadores, escollidos entre máis de 5.500 imaxes de 70 países de todo o mundo, todas elas dentro de trece categorías e coa opción de optar a varios premios principais, ademais de dous especiais para premiar exclusivamente a fotógrafos británicos
Unha dinámica imaxe dun grupo de focas cangrexieras nadando ao redor dun iceberg na Antártida é a gañadora absoluta, obra do francés Greg Lecoeur, nomeado grazas a ela como “Fotógrafo subacuático do ano”, e foi realizada durante unha viaxe para documentar a vida silvestre nos icebergs á deriva das correntes polares.Tamén é gañador na categoría gran angular.
Parabéns!
Se queres ver o resto de fotografías fañadores e finalista preme AQUÍ.
FONTE: underwaterphotographeroftheyear.com
0 comentarios