Blogia
vgomez

MÚSICA

IDEAS PARA AS VACACIÓNS: ESCOITAR MÚSICA

IDEAS PARA AS VACACIÓNS: ESCOITAR MÚSICA

 

A Música, unha boa compañeira para moitas cousas: días de chuvia, pasar unhos apuntes ou sen ter razón ningunha.

Nesta páxina, en ENLACES, tes unha forma práctica de escoitala (igual xa coñeces, pois non é a primeira vez que a comento), o vídeo, a música e a letra, todo xunto. Música de todos os tempos, de todos os cantantes e grupos, o que ti queiras.

Esta é unha mostra, só selecciona a inicial en maísculas, neste caso C de Carlos Baute e despois o tema a elexir, neste caso "Colgando en tus manos" e ... a disfrutar.

Imos facelo pinchando en MÚSICA

E despois outro cantante  e ... ¡Espero que o pases ben!

 

BOB DYLAN

 

Para moitos de vós Bob Dylan, no caso de coñecelo, é un dinosaurio da música. Efectivamente é un veterano. Naceu en 1941 en Minnesota (EEUU), contando polo tanto con 68 anos. Este cantautor , que toca varios instrumentos, aínda que son identificativos da súa persoa a guitarra e a armónica, ten un amplo panel de xéneros musicais: folk, folk rock, rock, bues e countrty.

Á súa idade, o próximo 28 de abril, saíra a venda o seu último álbum. Precisamente o tema que podes escoitar é un adianto : "Beyond Here Lies Nothing".

Se tes interés en coñecer o seu tipo de música podes acceder a través da súa páxina web pinchando en BOB DYLAN  

5tº Piso

 

Hoxe, no apartado de MÚSICA, preséntovos un cantautor "diferente". Si, diferente ao que seguramente estades acostumados a escoitar. Profundo, con tema nas súas letras. Trátase de Ricardo Arjona.

Ricardo Arjona é nome artístico de Edgar Ricardo Arjona Morales, nacido en Jacotenango (Guatemala) o 19 de xaneiro de 1964. O seu bisavó era español. O tipo de música que escribe e canta (acompañado fundamentalmente de guitarra e piano) é pop e balada.

O tema que podedes escoitar é do seu último traballo 5tº Piso : "Como duele". Espero que vos guste. Se é o caso podedes escoitar outras e seguir a súa carreira en Ricardo Arjona

MAFALDA VEIGA

 

Mafalda Veiga é unha cantante portuguesa, nacida en Lisboa o 24 de decembro de 1965. Vivíu algús anos en España.

Imos coñecer unha das súas cancións: No rastro do Sol. Podes seguir o vídeo coa letra que segue:

Duas luas no céu e duas canções
Dois olhares que se cruzam a procurar
Um sol um luar
E todos os lugares onde a luz se pode abraçar

Doze luas em ti e sete marés
Sete barcos navegam a procurar
Um porto uma praia
Talvez no fim do mar onde alguém nos venha esperar

Vem comigo no rasto de sol
Eu vou contigo
Vem comigo do outro lado das muralhas
Eu vou contigo

Duas luas no céu na palma da mão
Dois olhares que se entregam até ao fim
Do corpo e da alma
Em todos os lugares onde o mundo me fala de ti

À tua volta há luz de sete luares
Sete barcos navegam para encontrar
Um fogo um calor
Talvez no fim de tudo haja força pra recomeçar

Vem comigo no rasto de sol
Eu vou contigo
Vem comigo do outro lado das muralhas
Eu vou contigo

Duas luas no céu e duas canções
Dois olhares que se cruzam a procurar
Um sol um luar
E todos os lugares onde a luz se pode abraçar

Vem comigo no rasto de sol
Eu vou contigo
Vem comigo do outro lado das muralhas
Eu vou contigo

Espero que vos gustara. Se é así, ao remate do vídeo tedes outros vídeos relacionadaos con máis temas, incluso algúns en español.

MÚSICA: SIN FRENOS

 

"Sin frenos", é o título no novo álbum do grupo de pop latino La Quinta Estación. Aqui preséntase o tema "Sin salida" que forma parte dese álbum.

¡Que distrutedes!

EUROVISIÓN 2009

 

Este ano parece que teremos unha representación no Festival de Eurovisión un chisco máis axeitada que o ano pasado (mellor olvidar ao Rodolfo Chikilicuatre). Trátase de Soraya, unha vella coñecida dos seguidores de Operación Triunfo.

O tema que leva é "La noche es para mi".O festival celebrase o próximo 16 de maio en Moscú (gran final se pasamos entre os 24 millores).

¡Sorte!

MÚSICA RELAXANTE

 

Prepárate para facer unha viaxe. Unha viaxe por todo o planeta. Centos de fotografías de  lugares, sitios, fenómenos ... e todos eles cun calificativo "marabilloso".

A segunda parte desta viaxe é o acompañamento: a música. Tranquila, sosegada,...

¡Que disfrutedes! ¡Grazas a Jybana231!



 

 

COLDPLAY: PERMIO GRAMMY

 

Nun evento celebrado na noite do venres en Los Ángeles (California-EEUU), entregáronse os Premios Grammy na súa 51 edición. Estes premios Grammy foron creados pola Recording Academy , que é unha asociación americana profesionalmente realacionada coa industria da música, e que pretende recoñecer os logros extraordinarios na industria da grabación. Están compostos por 105 categorías en 30 xéneros de música e otórganse por votación e non por índice de popularidade. O seu premio e símbolo é un gramófono dourado.

O premio a mellor canción foi para "Viva a vida" da banda británica Coldplay, que tamén levaron outros dous premios máis. Neste vídeo poder escoitar/ver a canción gañadora.