Blogia
vgomez

MÚSICA

THE BEATLES

Estes días están en todos os medios de comunicación... , son THE BEATLES. Onte día 9 de setembro saíu á venda o xogo The Beatles: Rock Band que che permitirá cantar xunto aos seus compoñentes  as súas 45 cancións máis populares. A verdade é que me volven a tempos da mina mocidade, aínda que esta banda inglesa (concretamenrte de Liverpool) de música rock-pop formouse cando eu tiña 4 anos, en 1960. Desapereu definitivamente, despois de certa incertidume, en 1970.

Os seus compoñentes eran: John Lennon (guitarra rítmica e vocalista), Paul McCartney (baixo e vocalista), George Harrison (guitarra solista e vocalista) e Ringo Starr (batería e vocalista). Deles xa morreron John Lennon (1980) e George Harrison (2001).

No vídeo podes ver un avance deste xogo. De calquera xeito se o teu é so escoitar e non cantar, aconséllote que entres nesta páxina  para facelo e coñecelos THE BEATLES.  

 

MÚSICA: ZAHARA

 

Zahara, que neste verán fíxose famosa é en realidade María Zahara Gordillo Campos. Naceu en Úbeda (Jañen) o 10 de setembro de 1983, é dicir vai cumprir dentro duns días 26 anos. Estudiou guitarra no conservatorio ata o Grao Medio. Ten publicados dous traballos: "Día 913" (2005) e "La fabulosa historia" (2009). Precisamente deste último traballo tomouse o tema titulado "Merezco", que podedes escoitar no vídeo, como banda para a Volta Ciclista a España deste ano.

Portada La Fabulosa Historia de, ZaharaBiografía de Zahara

O primeiro tema que compuxo foi "Una palabra". Tiña 15 anos.

NOVO VIDEOCLIP DE MADONNA

 

Aquí tedes o novo videoclip de Madonna, estreado hoxe. "Celebration" é o título e pertence a unha canción inédita que forma parte do álbum recopliatorio que sairá o próximo día 22.

Espero que os fans desta cantante disfrutedes!

MÚSICA: ROSANA

 

 

Rosana

"A las buenas y a las malas". Este é o último traballo da cantante e compositora Rosana (Rosana Arbelo,  que naceu en Arrecife-Lanzarote-Illas Canarias en 1963), o sexto  da súa carreira.

Este último traballo constitúe un himno á vida, algo recurrente nesta artista, que atopa poesía nos detalle e nos invítanos a seguir voando aínda que as forzas non nos acompañen ás vaces coa intensidade desexada.

No vídeo podedes ver e escoitar o tema "Para nada". Espero que che guste!

Se queres saber máis ela e a súa obra pincha en ROSANA.

JOHN WILLIAMS

JOHN WILLIAMS

 

John Williams, seguro que  así de repente... non me soa; pero se digo... "música", pois ...igual tampouco, pois non é un cantante; se digo... STAR WARS (1977) ou E.T.  (1982) ou HARRY POTTER (2001) ou ... un longo etc de películas, seguro que xa encamiñamos, aínda que para algún a fotografía... Non é ningún actor, é ...o compositor destas e de moitas máis bandas sonoras de películas, series, etc.

Moitos, en reposición da TV, veríades TIBURÓN (1975), EN BUSCA DEL ARCA PERDIDA (1981), SOLO EN CASA (1990), PARQUE JURÁSICO (1993) e xa máis recentemente MEMORIAS DUNHA GEISHA (2005) e INDIANA JONES Y EL REINO DE LA CALAVERA DE CRISTAL (2008).

Seguiriamos con multitude películas para cine e tamén para TV. O mesmo sucedería na cantidade de premios: Oscars, Grammy e Golden Globe, entre outros.

Jonhn Williams, que naceu o 8 de febreiro de 1932 en Nueva York, leva máis de 50 anos compoñendo e dirixindo orquestras. Brillante sería o meu cualificativo. Para gozar del, no vídeo, védelo dirixindo a orquestra que interperta algunhas das súas bandas sonoras.

MORRE MICHAEL JACKSON E NACE UN MITO

MORRE MICHAEL JACKSON E NACE UN MITO

Morreu Michael Joseph Jackson, coñecido como Michael Jackson. Nacera en Gary-Indiana o 29-08-1958 e morreu o pasado 25 de xuño de 2009, nos Ánxeles, contando 50 anos.  A súa morte, sumida en certo misterio, está en consonancia coa súa vida, que foi a dun rapaz grande que nunca quiso de deixar de ser rapaz. Unha vida dobre, a de cantante, xenial, e a privada, con luces e sombras, moitas veces caótica e monstruosa. Sexa como fose, a partir de agora nace O MITO.

Moitos son os seus traballos, pero o que amosa as dúas vidas que tiña é  Triller de 1982, que foi o disco máis vendido da historia da música. Se o queres escoitar e ver o seu vídeo pincha en THRILLER

Descanse en paz!

MÚSICA: SE NON ESTÁS

El sueño de Morfeo é un grupo asturiano composto por Raquel (voz), Juan Luis Suárez e David Feito (guitarra), que levan algúns anos traballando xuntos e elaborando cancións de sólidas estructuras pop-rock aliñadas con fortes aromas flolk, apoiados pola chamativa voz de Raquel.

O próximo 26 de maio preséntase o seu novo traballo, o terceiro, que se titula "Cosas que nos hacen sentir bien".

Hoxe preséntase o clip deste novo disco: "Si no estás", e ti podes hoxe escoitalo aquí. Espero que vos guste!

 

LUAR NA LUBRE

 

Tema "Camariñas"de Luar na Lubre, interpretado pola invitada Luz Casal

LUAR NA LUBRE nace no ano 1986, na cidade de A Coruña, convertíndose co paso dos anos e o seu teimoso traballo nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita en Galicia.
O seu proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raiz galegas polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias.

O seu último traballo é deste ano e leva por título "Ao vivo". Un dos temas del é o que vedes e oídes hoxe. Por certo ao remate do mesmo tedes a posibilidade de escoitar outros temas deste e doutros traballos da formación.

Se queredes saber máis cousas deste grupo pincha en Luar na Lubre - Páxina oficial