Blogia
vgomez

NOMES PROPIOS

KLAUS HASSELMANN

KLAUS HASSELMANN

Klaus Hasselmann / EFE

 

Klaus Hasselmann, físico e matemático alemán, nacido o 25 de outubro de 1931 en Hamburgo, foi galardoado co Premio Fronteiras do Coñecemento da Fundación BBVA, na categoría de Cambio  Climático.

Hasselmann fundou o o Instituto Max Planck de Meteoroloxía no ano 1975, dirixíndoo durante 25 anos. Entre 1988 e 1999 foi director científico do Centro Alemán de Computación do Clima, en Hamburgo, e é membro fundador do European Climate Forum, que fomenta a investigación multidisciplinar no quentamento climático.

O premio foi concedido polo xurado por "identificar a pegada humana no quentamento global" (desenvolvendo métodos que estableceron que a actual tendencia cara ao quentamento global é atribuíble, fundamentalmente, á actividade humana).

Dotados con 400.000 euros por categoría, estes galardóns son os de maior cuantía despois dos Premio Nobel.

 

WILLIAMINA FLEMING

WILLIAMINA FLEMING

Hoxe remata o ano e con el tamén o Ano Internacional da Astronomía. Quixera adicarlle este último NOME PROPIO  a esta astrónoma: Williamina Paton Stevens Fleming.

Nacida en Dundee-Escocia en 1857, exerceu alí como mestra ata que se trasladou co seu home a EEUU, en 1878. Estando embarazada, foi abandoada polo seu marido véndose obrigada a traballar de criada do director do Observatorio de Harvard. Pouco tempo despois, xa se encargaba de revisar coidadosamente as placas fotográficas do ceo, algunhas de moi mala calidade, obtendo resultados tan importantes como o descubrimento da nebulosa "Cabeza do cabalo". Contribuíu a confección do catálogo Henry Draper. Descubríu 59 nebulosas, 310 estrelas variables e 10 novas.

Acabou sendo nomeada conservadora do arquivo fotográfico, o primeiro cargo instuticional de Harvard en mans dunha muller. Morreu en Boston-Massachusetts en 1911.

 

 

MARÍA MITCHELL

MARÍA MITCHELL

Non quixera que rematase este ano 2009, Ano Internacional da Astronomía, sen falar desta muller: MARÍA MITCHELL (1818-1889).

Se por algo temos que falar dela é que está considerada como a primeira astrónoma académica dos EEUU, sendo a primeira muller e entrar na Academia Americana das Artes e das Ciencias.

No campo astronómico citar que 1847, con 29 anos, descubríu o cometa C/1847 T1, hoxe chamado o cometa Mitchell. Un cráter da Lúa leva o seu nome. Foi unha loitadora polos dereitos da muler, fundando unha asociación a tal efecto (Asociación para o Avance da Muller).

COPÉRNICO

COPÉRNICO

Neste ano da atronomía non podiamos deixar de falar da insigne figura de COPÉRNICO. Grazas a el a astronomía deu un  xiro drástico no século XVI: a teoría xeocéntrica de Ptolemo foi substituída pola súa, a heliocéntrica.

Nicolás Copérnico foi un astrónomo polaco (1473-1543.) Estudiou Humanidades na universidade de Cracovia, Dereito e Mediciña en Italia. Doctorouse en astronomía en Roma e foi canónigo da diócese de Frauenburg.

Despois de moitos anos rematou o traballo sobre a teoría heliocéntrica  onde explica que non é o Sol o que xira ao redor da Terra senón todo o contrario.

Os protestantes foron os primeiros en rexeitar este modelo, xa que estas ideas eran contrarias aos relatos do Antigo Testamento. Máis tarde tamén a Igrexa Católica, tamén  a rexeitou. Malia todo, triunfou, posto que finalmente puido demostrase canto se afirmaba nela (Galileo, 50 anos despois, viu co telescopio en Xúpiter  que os satélites que xiran ao redor del  forman un sistema planetario semellante ao solar).

CECILIA PAYNE-GAPOSCHKIN

CECILIA PAYNE-GAPOSCHKIN

Continuando con persoas relevantes neste ano da astronomía, falaremos hoxe de CECILIA PAYNE-GAPOSCHKIN (1900-1979).

Aínda que nacida en Gran Bretaña, onde estudiou botánica, física e química na Universidade de Cambridge, desenvolveu a súa labor científica na Universidade estadounidense de Harvard. A súa tese de doutoramento nese centro (a primeira obtida por unha muller na área de atronomía) demostrou que o hidróxeno é o principal compoñente das estrelas, algo que hoxe asumimos, pero que no seu momento representou un auténtico cambio de paradigma no ano 1925. Aínda que estivo ligada a esta universidade durante case 20 anos, non foi considerada astrónoma oficial ata 1938. En 1956 converteuse na primeira muller profesora asociada desa universidade.

Como dato curios, esta muller interesouse pola astronomía cando se comprobou a teoría da relatividade de Einstein (1879-1955), grazas á eclipse solar de 1919.

ERLENMEYER

ERLENMEYER

Richard August Carl Emil Erlenmeyer (1825-1909). Químico Alemán. Foi alumno de Liebig e Giessen, por quen decidíu cambiar os seus estudos de Mediciña pola química. Foi axudante de Fresenius e farmacéutico. Propuxo o termo aromáticos para os compostos bencénicos, estableceu a existencia de dobres e triples enlaces entre os átomos de carbono, descubríu varios compostos orgánicos como o ácido isobutírico e estableceu a estructura doutros, como os ácidos lácticos. Enunciou a "regra de Erlenmeyer" (tautomería ceto-enólica). En 1861 deseñou o matraz cónico de fondo plano que leva o seu nome. Xunto con Robert Bunsen, investigou no campo dos fertilizantes.

 

WILHELM BUNSEN

WILHELM BUNSEN

Wilhelm Bunsen (1811-99). Químico e físico alemán. Aislou o cacodilo (1837) e os elementos magnesio e o cromo. Estableceu con Kirchhoff os fundamentos da análisis espectral. Llevan o seu nome, ademais do “acendedor Bunsen”, un calorímetro, un densímetro, un fotómetro, unha pila, os minerales bunsenita (NiO) e bunsenina (AuAgTe2)… Foi  profesor de química en Kassel, Marburgo, Breslau e Heidelberg.

PARIS PISMIS

PARIS PISMIS

Paris María Pismis, naceu o 30 de xaneiro de 1911 en Estambul (Turquía,) aínda que de orixe armenia. Foi a primeira universitaria de Turquía, e obtivo o douroramento en Matemáticas (1937). En 1941 cásase con Felix Recillas, matemático mexicano, que coñecera no Observatorio de Harvard. Trasladouse a ese país e convertéronse no primeiro matrimonio, na historia de México, en dedicarse á Astronomía profesional.

Traballou no Observatorio Astronómico Nacional de Tacubaya, dependente da Universidade Nacional de México (UNAM) e comenzou a impartir as primeiras clases oficiais de Astronomía que houbo nese país.

Descubríu 20 cúmulos abertos e 3 cúmulos globulares (os cúmulos son grupos de estrelas . As formadas por estrelas vellas forman os cúmulos globulares  e as formadas por estrelas novas son os cúmulos abertos). Publicou, nos máis de 50 anos de traxectoria profesional, máis de 100 artigos científicos.

Morreu o 1 de agosto de 1999.