Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

BURATOS NEGROS

BURATOS NEGROS

Obxecto que ten unha gravidade tan grande que a velocidade de escape é superior á velocidade da luz. A luz que trata de escapar dun burato negro cae sobre a súa superficie, tal como o fai unha pedra guindada ao aire. Por esa razón o burato negro é invisible dende o exterior.

O corpo está rodeado por unha fronteira esférica, chamada horizonte de sucesos, a través do que a luz pode entrar, pero nunca saír, polo que parace ser completamente negro.

 

O maior burato negro estelar que se coñece:

O telescopio xigante Gemini, de Hawai, en colaboración co observatorio espacial Chandra, caba de rexistar o maior burato negro estelar que se coñece, con unha masa 16 veces superior á do noso Sol.

 

Se queres ampliar esta noticia pincha en:

Astrónomos descubren el mayor agujero negro visto junto a una estrella | elmundo.es

 

 

FUTALOGNKOSAURUS DUKEI

FUTALOGNKOSAURUS DUKEI
Peleontólogos brasileiros e arxentinos  descubriron un novo tipo de gran dinosaurio herbívoro: FUTALOGNKOSAURUS DUKEI, que podía chegar a medir entre 32 e 34 metros de longo.
Se queres ampliar a noticia pincha en:
Hallan una nueva especie de dinosaurio gigante | elmundo.es

PREMIOS NOBEL VI

PREMIOS NOBEL VI

O premio Nobel de Economía recaeu nos estadounidenses Leonid Hurwicz, Eric S. Maskin e Roger B. Myerson por "sentar as bases da teoría do deseño dos mecanismos" nos mercados, xa que os seus traballos contribuíron a idenficar mecanismos matemnáticos aplicables ao funcionamento e á regulación dos mercados.

O MONT-BLANC MEDRA 2,15 METROS

O MONT-BLANC MEDRA 2,15 METROS

O volume do seu casquete de xeo pasa de 14.000 a 24.000 metros cúbicos.

O Mont-Blanc, a cumbre dos Alpes, aumentou a súa altitude en 2,15 metros nos últimos 10 anos, a causa do incremento das nevadas no seu cume. Chega así aos 4.810,9 metros de altitude.

Mentres os glaciares vanse fundíndo a baixa altitude, por encima dos 4.000 metros, como calquera precipitación cae en forma de neve, o aumento das mesmas en verán incrementa a capa de xeo. En inverno a neve é moi fría, non se pega e o vento escapa con ela, pero no verán ten maior adherencia ao glaciar.

Se queres ampliar esta noticia pincha en:

 El Mont-Blanc crece 2,15 metros | elmundo.es

 

 


LAGOS COMO MARES EN TITÁN

LAGOS COMO MARES EN TITÁN

A sonda "Huygens" envia reveladoras imaxes de grandes masas de metáno líquido no polo norte da lúa Titán de Saturno.

Hai lagos como mares no polo norte de Titán, a maior das lúas de Saturno. Xa se sabía, pero agora víronse. A sonda Huygens, da Axencia Espacial Europea (ESA), e a súa nave doriza Cassini, da NASA cartografaron o extremo boreal do satélite e as novas imaxes mostran unha vasta rexión lacustre, con estánques minúsculos e enormes masas líquidas. En total, máis de 400. Hai líquido, pero non auga. En Titán chove metano que, xunto co seu compañeiro o etano, fai as veces e as funcións da auga na Terra. Segundo o responsable da misión, case un 14% da zona analizada son lagos de metano e etano, algún deles maior que o Superior de EE.UU., o máis grande da Terra.

Se queres ampliar a noticia pincha en:

Lagos como mares en Titán

PREMIOS NOBEL V

PREMIOS NOBEL V
O ex vicepresidente de EEUU Al Gore e o Grupo Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC) da ONU, e o seu presidente, o indio Rajendra Pachauri, son os gañadores do Premio Nobel da Paz 2007.

Na sua argumentación, o Comité Nobel destacou os esforzos dos galardonados por "construír e divulgar un maior coñecemento sobre o cambio climático causado polo home e por fixar a base das medidas que son necesarias para contrarrestar ese cambio".

PREMIOS NOBEL IV

PREMIOS NOBEL IV

A Academia Sueca premia a Doris Lessing, co Premio Nobel de Literatura, pola "súa épica narrativa da experiencia feminina"

La autora, nacida en Persia (actual Irán) en 1919 e criada en Rodesia (actual Zimbabue), abandou o colexio aos 14 anos. Con 31 aterrou en Londres con un fillo e a firme vontade de convertirse en escritora. Durante os seus máis de cincuenta anos de traxectoria profesional mantivo o seu compromiso político e a súa defensa das liberdades.

PREMIOS NOBEL III

PREMIOS NOBEL III
A Academia das Ciencias de Suecia otorgou o premio Noble de Química ao investigador alemán Gerhard Ertl polo estudio dun tipo de reaccións, de vital importancia na industria automovilística, como a oxidación do ferro, reaccións de abonos artificiais e o estudio da atmosfera terrestre.