Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

PREMIOS NOBEL

Os Premios Nobel otórganselle ás persoas que realizaron investigacións sobresaintes, inventaran técnicas ou equipamentos revolucionarios ou contribuíran notablemente á sociedade. Instituíronse como vontade de Alfred Bernhard Nobel (Estocolmo, 21 de outubro de 1833-San Remo, 10 de decembro de 1896.

O inventor da dinamita e industrial sueco, firmou un testamento no Club Sueco-Noruego de París o 27 de novembro de 1895. Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria productora de dinamita, que tiña como especial mercado a minería, pero tamén a guerra. Esa puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, unida tamén a costume de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.

Desde a súa instauración en 1901, os Premios Nobel recaeron en sete españois:

1904 José Echegaray Literatura
1906 Santiago Ramón y CajalMedicina e Fisioloxía
1922Jacinto Benavente Literatura
1959 Severo Ochoa Medicina e Fisioloxía
1956 Juan Ramón Jiménez Literatura
1977 Vicente Aleixandre Literatura
1989 Camilo José Cela Literatura


Estes días están saíndo os galardonados neste ano 2007.

O primeiro galardón , sección de Medicina e fisioloxía foi para os estadounidenses Mario Capecchi (de orixe italiano) e Oliver Smithies (nacido no Reino Unido), e ao británico Sir Martin Evans polos traballos sobre células madre e manipulación xenética en modelos animais.

Seguiremos á espera de máis...

UNHA NOVA ESPECIE DE DINOSAURIOS

UNHA NOVA ESPECIE DE DINOSAURIOS

A prestixiosa revista Zoological Journal of The Linnean Society acaba de publicar que científicos estadounidenses da Universidade de Utah presentaron os restos dunha nova especie de dinosaurio herbívoro, cun cráneo case intacto e cunhas mandíbulas con forma de pico de pato, que contén uns 800 dentes.

Se queres ampliar esta noticia pincha en:

 

Hallado el cráneo de una nueva especie de dinosaurio con una mandíbula de 800 dientes · ELPAIS.com

 

DESCUBREN UNHA ESTRELA "XEMELGA" DO NOSO SOL

DESCUBREN UNHA ESTRELA "XEMELGA" DO NOSO SOL
Os científicos peruanos, Jorge Meléndez, do Observatorio Stromlo de Australia, e Iván Ramírez, do Observatorio McDonald de Texas descubriron unha estrela idéntica ao Sol. Chamada HIP 56498, atópase a 200 anos luz de nós e é o astro máis parecido á nosa estrela de cantos se levan detectado ata este momento. A súa masa, tamaño, temperatura e composición química son practicamente iguais, asi como o movemento de orbital dentro da galaxia.
Se queres ampliar esta noticia pincha en:
Expertos de Estados Unidos descubren una estrella 'gemela' de nuestro Sol | elmundo.es

50 ANIVERSARIO: SPUTNIK

50 ANIVERSARIO: SPUTNIK
O 4 de outubro de 1957 a URSS (Unión de Republicas Socialistas Soviéticas) lanzou o primeiro satélite da historia, o Sputnik (en ruso significa "compañeiro de viaxe"). Unha bola metálica de 93,6 kg e 58 cm de diámetro, provista de dous radiotransmisores e catro longas antenas.
No seguinte enlace atoparas todo o que queiras saber sobre o Sputnik e os comenzos da era espacial, poderás oír o ruxido dos seus motores, ver a prensa da época e incluso comprobar os teus coñecementos xogando. Unha boa forma de profundizar no mundo da conquista do espazo:
50 años del Sputnik | elmundo.es

¿TIÑA PLUMAS O VELOCIRRAPTOR?

¿TIÑA PLUMAS O VELOCIRRAPTOR?

VELOCIRRAPTOR


Este dinosaurio do grupo terópodo dromeosáuridos, que vivíu no Campaniano (finais do perído Cretácico) hai uns 70-83 millóns de anos.

Se ben hai unha soa especie coñecida V. mongoliensis, outras foron nominadas no pasado. Atopáronse fósiles desta especie en Asia Central, Mongolia e China.

Foi un carnívoro bípedo, con cola longa e ríxida, e unha garra alongada e curva en cada pata, que empreñaba para matar ás súas presas. A diferencia doutros dromeosáuridos o Velocirraptor tiña cranio baixo e alongado, e un fuciño dirixido cara arriba.

Unha análise detallada dos sesu restos fósiles almacenados no Museo Nacional de Historia Natural de Estados Unidos revela que estes dinosaurios dospoñían de plumaxe e que eran máis pequenos do que se supoñía. Esta é a conclusión dun informe paleontólxico que publica a revista "Science".

Para ampliar a noticia pincha en:

El velocirraptor con plumas de Mongolia | elmundo.es
 

¿ DENDE CANDO TEMOS O TENDÓN DE AQUILES ?

¿ DENDE CANDO TEMOS O TENDÓN DE AQUILES ?

musculatura pierna posterior tendon aquiles

O Aquiles é o tendón conxunto dos músculos xemelgos e sóleo. É un potente e longo tendón que ten moita literatura e miles de citas cotiás pola súa referencia na épica grega. Existe unha certa confusión de termos cando se fala do "Talón de Aquiles" que é unha expresión moito máis literaria. Estamos falando do mesmo pero de forma inapropiada. O talón é a zona de apoio posterior do pé que corresponde ao calcañar e a súa envoltura de graxa. Dende o calcañar parte o tendón cara á perna. Se o frechazo recibíuno Aquiles sobre o tendón, deberíamos falar sempre de "Tendón de Aquiles" pero deixaremos a incorrección anatómica en beneficio da literartura que, ao fin e ao cabo, prestoulle tanta notoriedade ao través da Historia.

Os homínidos non podían correr porque non tiñan o tendón de Aquiles

Os animais máis próximos ao home -como os gorilas, chimpancés e orangutáns- carecen dese tendón. Polo tanto, e moi posible que os homínidos máis primitivos non o tivesen. Así o pensa Bill Sellers, da Universidad de Manchester, que realizou unha investigación ao respecto.

Bill chegou á conclusión que o talón de Aquiles é imprescindible para correr. O que se deriva desta conclusión é que o desenvolvemento do tendón foi imprescindible para que os homínidos se convirtieran en cazadores.

 

Se queres indagar máis sobre esta investigación pincha en :
Los homínidos no podían correr porque carecían del tendón de Aquiles | elmundo.es

COSMOS I

COSMOS I

A Nebulosa Eta Carina (ou Gran Nebulosa Carina)

 

Neste apartado drnominado COSMOS traterei, en sucesivas entregas, aspectos relacionados co mundo da atronomía, sempre cunha pequena explicación e acompañado de fotografías que nos poden dar unha idea do que non vemos cando miramos para ao ceo.

Hoxe falaremos das NEBULOSAS.

A palabra nebulosa deriva do grego nebula que significa néboa ou nube. Unha nebulosa é unha masa de materia cósmica celeste, difusa e luminosa, que ten aspecto de nube.

 

Fontes: www.astronomía.com  e propias.

 

 

 

 

EXPLORACIÓN DE MARTE

EXPLORACIÓN DE MARTE
Os vehículos exploradores da NASA en Marte, 'Spirit' e 'Opportunity', entrarán una vez máis en acción despois de que o vento marciano limpiara o po acumulado na superficie dos seus paneis solares, segundo acaba de anunciar o Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) de la NASA. Un deles estase a preparar para entrar no xigantesco cráter Victoria.
Para ampliar a noticia pincha en:
'Spirit' y 'Opportunity', de nuevo en marcha | elmundo.es