Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR REAL: CAMBIO CLIMÁTICO

HUMOR REAL: CAMBIO CLIMÁTICO

 

A viñeta de onte de Ramón (Ramón Rodríguez) no xornal El País, afonda na problemática real do cambio climático que afecta ao noso planeta e que parece que os políticos gobernantes non acaban de interiorizar e asumir, proba delo é o fracaso do último  Cumio do Clima das Nacións Unidas (ONU) celebrado en Doha, Qatar, que o único que conqueríu foi prórrogar ata 2020 o período de compromiso do Protocolo de Kioto, que expiraba este ano, con reticencias e oposicións dalgúns países.

Cando tomaremos en serio este problema!

O HOBBIT: UNHA VIAXE INESPERADA

O HOBBIT: UNHA VIAXE INESPERADA

 

Chega esta fin de semana aos cines o prato forte da campaña navideña: "O Hobbit: unha viaxe inesperada", a primeira entrega dunha triloxía inspirada no libro do escritor británico J. R. R. Tolkien do mesmo nome. Esta é a súa ficha técnica:

Título: O Hobbit: Unha viaxe inesperada

Título orixinal: The Hobbit: An Unexpected Journey

País: EEUU

Duración: 170 min

Xénero: Aventuras

Productora: New Line Cinema (Warner Bros.), Metro-Goldwyn-Mayer (MGM)

 Director: Peter Jackson

Guión: Peter Jackson, Fran Walsh, Guillermo del Toro & Philippa Boyens

Fotografía: Andrew Lesnie

Música: Howard Shore

Reparto: Ian McKellen, Martin Freeman, Cate Blanchett, Orlando Bloom, Ian Holm, Christopher Lee, Hugo Weaving, Elijah Wood, Andy Serkis, Richard Armitage, Jed Brophy, Adam Brown, John Callen, Stephen Fry, Ryan Gage, Mark Hadlow, Peter Hambleton, Stephen Hunter, William Kircher, Sylvester McCoy, Bret McKenzie, Graham McTavish, Mike Mizrahi, James Nesbitt, Dean O’Gorman, Lee Pace, Mikael Persbrandt, Conan Stevens, Ken Stott, Jeffrey Thomas, Aidan Turner, Luke Evans, Benedict Cumberbatch, Evangeline Lilly, Barry Humphries

Sinopse: A trama sitúase sesenta anos antes de que o anel chegue ás mans de Frodo, e narra a aventura do seu tío, Bilbo Bolsón, quen se embarca nunha aventura xunto a un puñado de ananos que queren recuperar o seu reino das mans do dragón Smaug. Unha viaxe que o levará ata o anel, por entón en mans de Gollum.

Importante cita para os seguidores do Señor dos Aneis!

CINE: "ASTÉRIX E OBÉLIX AO SERVICIO DA SÚA MAXESTADE"

CINE: "ASTÉRIX E OBÉLIX AO SERVICIO DA SÚA MAXESTADE"

 

Os lectores dos comics de Atérix e Obélix, dos creadores René Goscinny e Albert Uderzo,  estamos de noraboa, xa que dúas das súas aventuras: "Astérix en Bretaña" e "Astérix e os normandos" son a base da película que xa está nos cines para a etapa navideña: "Astérix e Obélix ao servizo da súa maxestade". Esta é a súa ficha técnica:

Título Orixinal: "Astérix et Obélix: God save Britannia" 

Xénero: Comedia. Familiar

 País: Francia

Ano: 2012

Duración: 109 minutos

Dirección: Laurent Tirard
 

Guión: Laurent Tirard e Grégoire Vigneron

Produción: Coproducción Francia-Italia-España-Hungría: Olivier Delbosc, Marc Missonnier e Alvaro Longoria

Fotografía: Catherine Pujol. Denis Rouden
 

Música: Klaus Badelt

Reparto: Gérard Depardieu, Edouard Baer, Guillaume Gallienne, Fabrice Luchini, Catherine Deneuve, Vincent Lacoste, Jean Rochefort, Dany Boon, Gérard Jugnot, Tristán Ulloa e Valérie Lemercier.

Sinopse: Astérix e Obélix cruzarán a Canle da Mancha para rescatar o seu primo Anticlímax e salvalo dos romanos.

Preparádevos para disfrutar!

3 DE DECEMBRO: "DÍA DA DISCAPACIDADE"

3 DE DECEMBRO: "DÍA DA DISCAPACIDADE"

 

A viñeta do humorista gráfico SENDRA (Fernando Javuer Sendra, Bos Aires-Arxentina, 1949) serve axeitadamente para nosa reflexión de hoxe, 3 de decembro, no que se celebra o Día da Discapacidade, proclamado coma tal pola Asemblea das Nacións Unidas en 1992, e que este ano ten como lema: "Eliminar as barreiras para crear unha sociedade incluínte a accesible a todos".

Lamentablemente este lema choca frontalmente cunha realidade económica, pero sobre todo política, polo que albisco que as barreiras que había manteranse ou aumentarán polos recortes.

Mira que non hai onde recortar, e precisamente agora que pouco a pouco os discapacitados iban integrándose na socidade, veremos como dun plumazo voverán a retroceder en dereitos.

Non teñen corazón!


CINE:" A VIDA DE PI"

CINE:" A VIDA DE PI"

 

Esta fin de semana chega aos cines a película "A vida de Pi", baseada na novela do mesmo título do escritor canadense nacido en España, fillo de diplomáticos,  Yann Martel.

Película de fantasía e aventuras de corte hindú que ten como principais bazas uns espectaculares e vistosos efectos especiais e a súa banda sonora. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Life of Pi

Dirección: Ang Lee

País: EEUU

Ano: 2012

Duración: 127 min.

Distribuidora: Hispano Foxfilm

Xénero: Drama

Guión: David Magee

Produción: David Womark, Gil Netter e Ang Lee.

Música: Mychael Danna

Fotografía: Claudio Miranda

Reparto: Suraj Sharma, Irrfan Khan, Tabu, Gérard Depardieu, Rafe Spall, Adil Hussain

Argumento: Un mozo sobrevive a un fatídico desastre no mar e embárcase nunha viaxe épica de aventura e descubrimentos. Quedando á deriva nun bote salvavidas, labrará unha emocionante, incrible e inesperada relación co outro supervivente do barco, un tigre de bengala.

Merece a pena vela!

25 DE NOVEMBRO: "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

25 DE NOVEMBRO: "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

 

O tema "María se bebe las calles" de Pasión Vega, serve de reflexión para este día. Só un dato, no ano 2012, e ata este momento, morreon 43 mulleres a mans das súas parellas ou exparellas e 651 na última década.

Arrepiente!

A CULPA

A CULPA

 

A viñeta de El Roto (Andrés Rábago García,    humorista gráfico, Madrid-1947) que publica hoxe o xornal El País, apunta a unha problemática da vida diaria, que nos afecta a todos, pero tamén a feitos da sociedade española, concretamente política, da que somos víctimas. Falo concretamenta da CULPA.

Pola miña terra dise que "A culpa non ten nai", e é verdade, nunca aparece o culpable. Para reflexionar sobre isto propóñovos estes frases:

A primeira é do dramaturgo austríaco Franz Grillparzer (1791-1872): "Hai un remedio para a culpa, recoñecela".

A segunda é da escritora galega Concepción Arenal (1820-1893): "Cando a culpa é de todos, a culpa non é de ninguén".

Finalmente, esta pronunciouna Xesús de Nazaret: "O que se atope libre de culpa que tire a primeira pedra".

Que difícil é admitila!

 

CINE: "O APÓSTOLO"

CINE: "O APÓSTOLO"

Esta fin de semana chega aos cines a película "O Apóstolo", a primeira película de animación stop-motion estereoscópica realizada en Europa. Tendo como telón de fondo o Camiño de Santiago, nela aparecen bonecos de látex e voces coñecidas para nós, pois son asiduos da TVG. A película contou co apoio económico da Xunta de Galicia. Esta é a súa ficha técnica:

Película: O Apóstolo

Dirección e guión: Fernando Cortizo

País: España

Distribuidora: Aquelarre Cine

Ano: 2012

Duración: 72 min

Xénero: Animación: Fantástico. Intriga. Terror 

Música: Philip Glass, Xavier Font e Arturo Vaquero

Fotografía: David Nardi

Sinopse: Un preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.

Merece a pena vela!