Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

SÓ SE ACORDAN CANDO HAI ELECCIÓNS

SÓ SE ACORDAN CANDO HAI ELECCIÓNS

 

A viñeta de Dávila, no xornal Faro de Vigo de onte, amosa unha realidade: Os políticos só se acordan de nós cando hai eleccións. Como di un vello do meu pobo sarcasticamente, "ata saben o meu nome e mándanme cartas".

Pásanche a man polo lombo, saúdos efusivos, sorrisos forzadas, collen aos nenos, bican a mulleres e vellos... Penoso!

Prometen o ouro e o mouro e despois... Non cumpren case nada do que prometen, mo mellor dos casos, ou fan o contrario do que prometeron, como por desgraza está sucedendo ultimamente.

Iso si, despois do día 21, todo volverá á normalidade. Xa non se acordarán máis ata que toque outra elección!

Só queren o poder! Por que será?

UN LIBRO PARA LER: "COA AUGA AO PESCOZO"

UN LIBRO PARA LER: "COA AUGA AO PESCOZO"

 

Outro dos libros que lin este pasado verán foi "Coa auga ao pescozo" (Con el agua al cuello), do escritror Petros Márkaris (Estambul, 1937).

É unha novela do xénero policial, cun protagonista central: un comisario grego do Departamento de homicidio de Atenas  , Kostas Jaritos.

Nesta novela en concreto, a 5ª desta serie, sitúase na Grecia do verán do 2010 e que parece ser o destino, esperemos que non cheguemos a tanto, do noso país: a brutal crise económica ao bordo da bancarrota.

Argumento: Un caloroso domingo do verán de 2010, o comisario Jaritos asiste á voda da súa filla Katerina. Ao día seguinte, pouco despois de chegar a Xefatura, é informado do asasinato de Nikitas Zisimópulos, antigo director de banco, degolado cunha arma cortante. O macabro homicidio coincide cunha campaña que alguén, amparándose no anonimato, emprendeu contra os bancos, animando aos cidadáns a que boicoteen as entidades financeiras e non paguen as súas débedas e hipotecas. O certo é que Grecia, ao bordo da bancarrota, pasa por un momento moi crítico, e a poboación non dubida en saír á rúa para queixarse dos recortes en soldos e pensións. Para colmo, Stazakos, o xefe da Brigada Antiterrorista, sostén que o asasinato de Zisimópulos podería ser obra de terroristas. Jaritos, en desacordo con esa hipótese, terá que apañarllas cos seus dous axudantes para enfrontarse a un asasino cuxos crimes apenas acaban de empezar.

Novela moi entretida e fácil de ler, onde se mesturan coa trama problemas laborais, persoais e familiares, dándolle realidade, se cabe aínda máis, a este relato.

Recoméndovola!

CINE: "FRANKENWEENIE" E "O IMPOSIBLE"

 

Nesta longa fin de semana chegana aso cines dúas película a ter en conta e moi recomendables: "Frankenweenie" e "O imposible".

A primeira delas, "Frankenweenie", é unha película baseada na curtametraxe homónima que o propio Burton, director desta película, realizou en 1984. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Frankenweenie

Director: Tim Burton

Guión: John August (Historia: Tim Burton, Leonard Ripps)

Ano: 2012

Nacionalidade: USA

Produtora: Walt Disney Pictures / Tim Burton Animation Co. e Productions

Xénero: Animación, Comedia, Terror

Duración: 87 minutos

Música: Danny Elfman

Fotografía: Peter Sorg

Sinopse: Tras as inesperada morte do seu querido can Sparky, o pequeno Victor aproveita o poder da ciencia para devolvelle a vida. Esta nova situación obrigarao a afrontar terribles situacións cuxas consecuencias son imprevisibles.

A segunda, "O imposible", é unha longametraxe sobre o tsunami que azoutou o sueste asiático en 2004. Esta é a súa ficha técnica:

Título: O Imposible

Director: Juan Antonio Bayona

Guión: Sergio G. Sánchez

Ano: 2012

Nacionalidade: Española

Produtora: Apaches Entertainment / Telecinco Cinema / Mediaset España / Canal+ España / IVAC / ICAA

Xénero: Drama

Duración: 107 minutos

Música: Fernando Velázquez

Fotografía: Óscar Faura

Reparto: Ewan McGregor, Naomi Watts, Geraldine Chaplin, Marta Etura, Dominic Power, Bruce Blain, Tom Holland, Sönke Möhring, Nicola Harrison, Oaklee Pendergast, Natalie Lorence, Olivia Jackson, Laura Power, Russell Geoffrey Banks, Ploy Jindachote

Sinopse: Un matrimonio   e os seus tres fillos comezan as súas vacacións de inverno en Thailandia, pasando uns días nun paraíso tropical. Pero na mañá do 26 de decembro, cando a familia se relaxaba na piscina despois do día de Nadal, un ruxido terrible elévase dende o centro da terra:  un enorme muro de auga negro percorre todo o recinto do hotel. O home trata de coller aos seus dous fillos máis pequenos,   pero é demasiado tarde: a onda rompe nel cunha forza incrible e perde o control. A muller é empurrada baixo a auga, é golpeada e maltratada pola auga e os entullos ata deixala ao bordo da morte. Finalmente sae á superficie nun mar embravecido, que somerxeu por completo o hotel de tres pisos e a paisaxe circundante. Esta muller arquexa para respirar, mentres trata de entender o que acaba de acontecer, convencida de que a súa familia foi borrada nun abrir e pechar de ollos. Pero entón, o seu fillo maior, sae á superficies uns metros máis adiante en medio da inundación salvaxe. Cara a cara con algo incomprensible e inesperado ela debe loitar contra todo para a supervivencia do seu fillo e a súa propia.

UN LIBRO PARA LER:"EL ABUELO QUE SALTO POR LA VENTANA Y SE LARGO"

UN LIBRO PARA LER:"EL ABUELO QUE SALTO POR LA VENTANA Y SE LARGO"

Este verán recibín un regalo. Non pensedes que era moi voluminoso, nin  de moito valor (ben isto depende como se tome, pois a persoa que regala algo faino como se fora algo moi valioso). Era un libro!

Cando vin o título "EL ABUELO QUE SALTO POR LA VENTANA Y SE LARGO", pensei que quen mo regalou non coñecía os meus gustos literarios (equivocación, si que que sabía as miñas debilidades). Empecei a lelo un día que acompañei á miña dona á praia (ben, non exactamente, ás rochas). Como non aguanto moito nese sitio, unha hora e media máximo, pensei que tardaría moito en acabalo pois ten 414 páxinas! Novo error, en 4 tardes, é dicir en 6 horas remateino! Engancha e moito!

O seu autor é un sueco, Jonas Jonasson, nacido en Växjö en 1961.

Para que vos fagades unha idea do seu contido, imaxinade un vello que esta a piques de cumprir 100 anos, espérano para a celebración nunha residencia, onde vive, e decide marchar pola fiestra. Alí comeza unha serie de peripecias, que comezan coma un fío e rematan coma un gran nobelo (algo que lle dá intriga). A trama conta tamén cunha retrospectiva da súa longa vida con viaxes polo mundo, describindo lugares e personaxes históricos que non deixan indiferente a ninguén. Resumindo un vello que quere seguir vivindo!

Un fino humor "inglés" ilustra esta novela, a máis divertida que levo lido nos últimos anos. A verdade é que o título non fai á novela neste caso!

Recoméndovolo!

UN NOVO CURSO ESCOLAR: DA ILUSIÓN A FRUSTACIÓN

UN NOVO CURSO ESCOLAR: DA ILUSIÓN A FRUSTACIÓN

O ensino comezou a súa andaina para o presente curso 2012/2013. Despois dos exames, nalgúns casos, o período lectivo arrancou na Universidade na semana pasada, Primaria hoxe día 12 e Secundaria, Bacharelato, F. Profesional e restos de ensinanzas de réxime especial o próximo día 17.

A ilusión aparece nos máis novos, pero conforme a idade vai en aumento esta ilusión vai decrecendo, sobre todo pola situación na que se atopa o país. Miran aos que xa remataron estudos e... Sen traballo, emigración, expectativas rotas, tempo perdido, infravaloración...

Un futuro negro que merece, tal como visualiza a viñeta de Bernardo Erlich (Tucumán, 1963) no xornal El País do pasado domingo, unha contestación social, xa que non merecedes o que está acontecendo. Estamos nas mans duns irresponsables!

Tédelo cru rapaces!

SEN COMENTARIOS!

SEN COMENTARIOS!

A viñeta de hoxe, no xornal El País, do xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo, Madrid, 1942), non ten ningún desperdicio e paréceme que non precisa engadirlle nada, sobran as palabras, porque é unha realidade absoluta.

Sen comentarios!

VAIA CRISTO!

VAIA CRISTO!

Evolución do fresco Ecce Homo de Elias García Martínez / EFE

Na localidade de Borja (Zaragoza) armouse o Cristo, nunca mellor dito, coa famosa "restauradora" Cecilia Gómez.

Esta octoxenaria muller, ao ver descascarillaba a pintura mural Ecce Homo, do século XIX, de Elías García Martínez nos muros sa igrexa do Santuario da Misecricordia da localidade, decidíu restaurala e... O que sucedeu despois tédelo na imaxe superior.

Os cachondeos que se están a montar nas redes son grandes e orixinais. Un exemplo:

    Imaxe:tuitero@LL_Sosa publicada en público.es

O cura párroco, Florencio Garcés, propuxo ao alcalde, Francisco Miguel Arilla, que se tape o fresco do Ecce Homo ata que se restaure para "evitar mofas dentro da igrexa".

De calquera maneira o dano xa está feito!

CINE: BRAVE (INDOMABLE)

CINE: BRAVE (INDOMABLE)

Esta fin de semana chega aos cines a última película de animación dos estudos Pixar: "Brave". Esta é a súa ficha técnica:

 Título: Brave (Indomable)

Título Orixinal: Brave

Xénero: Animación, acción, aventuras

Nacionalidade: USA

Ano: 2012

Duración: 100 minutos

Director: Mark Andrews, Brenda Chapman

Co-dirección: Steve Purcell

Guión: Brenda Chapman, Irene Mecchi, Steve Purcell e Mark Andrew

Producción: Katherine Sarafian

Música: Patrick Doyle

Distribuidora: The Walt Disney Company Spain.

Sinopse: Situada en terras escocesas na Idade Media, a película lévanos a un reino dirixido polo rei Fergus e a reina Elinor. A súa filla, a princesa Merida, é unha mestra arqueira de comportamento rebelde, que un día desafía unha costume sagrada no reino dos ruidosos señores da terra: o enorme Lord MacGuffin , o túzaro Lord Macintosh  e o cascarrabias Lord Dingwall , desatando unha revolución. No seu intento por rectificar as cousas, Merida consegue a axuda dunha excéntrica vella, que lle concede un desexo con efectos secundarios.

Unha interesante película para os amantes do xénero de animación!