Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

INICIATIVA NA DEFENSA DA LINGUA GALEGA

 

Hai veces que pequenos xestos valen moito máis que grandes actos institucionais. Este lema que pode aplicarse a moitos aspectos da vida, ten especial relevancia na defensa do noso idioma: O GALEGO.

Coñeceín hai uns días unha proposta, que califico de EXCELENTE, que realizou a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela):LIPDUB EU FALAREI 

Un Lipdub  ( "dobraxe de beizos") é unha realización dun vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincroniza os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical.

Eu falarei é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.

Espero que o vídeo nova as vosas conciencias. Por certo aquí tedes a letra para poder seguilo mellor.

Letra de Eu Falarei:

Levo máis de mil, anos no país,
a súa historia é a miña historia, o seu destino o meu,
nacín coas vosas devanceiras, contigo eu sigo a vivir,
son a lingua, a lingua propia da nación

de Breogán, dixo Pondal,
mirei as ondas con Mendinho, eu deitada fronte ao mar,
falei con labregas e reis, escuros séculos vivín,
con Rosalía e mais Curros comecei o rexurdir

Represión, persecución,
na ditadura, con firmeza resistín,
e hoxe en Galiza eu estou a esmorecer
dáme alento, hoxe preciso de ti

(subtitulado)
Oh no not I! I will survive!
Oh, as long as someone talks to me I know I’ll stay alive.
I’ve got all my life to live,
And I’ve got all my love to give,
I’ll survive, I will survive!

INTERLUDIO

Na música dos locais, non te podo oír,
prohibido o paso tes en tecno, mate ou física
Ti non estás nunca no cine, non te atopo nos xornais
eu falarei, como falou o meu avó

de Trasmañó, en Angorén,
ou en Laredo, en Igrexa e no Penisal,
todo berete falará, e Redondela escoitará,
á parroquia de Chapela, soar en galego xa

Ao coidar, e ao dispensar,
ou atendendo, ás crianzas do mañá,
e coas dietas ou arquivando no hospital,
no traballo, o galego soará

Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Siiiiii!

Ao estudar, ao traballar,
tamén ligando, ou de festa e a bailar,
se estou no tuenti ou xogando ao balonmán,
e remando, ate Rande ou máis alá

Eu falarei, sempre en galego,
Quero viva a nosa lingua outras mil primaveras máis
Non te vou deixar morrer, xa non vas esmorecer
Falarei, eu falarei
Eu falareiiiiiiiiiiiii


Parabéns ao IES de Chapela!

A SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

A SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

 

A viñeta do xornal Faro de Vigo de onte de Googue (caricaturista grovense Ángel Rodríguez Gogue) ben perfectamente ao pelo para o comentario de hoxe: Despilfarro de cartos coa selección de fútbol.

A prima que cada xogador recibirá se España gaña a Eurocopa, segundo publicaron diversos medios, sera de 300.000 euros, moi superior aos 214.000 cobrados na anterior edición desta competición e para máis inri cotizáronos en Austria. No caso do Mundial, pagaron impostos en Suráfrica, onde paragron só o 21% cando en España terían que pagar o 52% segundo a Lei Tributaria española.

Xa hai voces discordantes, incluso dentro dos políticos, así os deputados de ICV no Congreso (integrada no grupo da Esquerda Plural) presentou unha iniciativa na que reclaman que se limiten as primas que poden recibir os xogadores da selección española de fútbol se gañan un campionato, como a Eurocopa que agora disputan- e que ditas primas tributen ao cen por cen en España.

É unha vergonza que levando o escudo e bandeira de España, tributen fóra, sendo españois cando lles interesan, mobilizando a todos, creando lazos, sensibilidades e despois... Lamentable!

Sendo contundente con esto, non implica, como español pero non moi amante do fútbol, o meu desexo que gañe España, non só en fútbol, senón en calquera disciplina deportiva.

Sorte España!

DESPOIS DA TESOIRA CHEGA O SERRÓN

DESPOIS DA TESOIRA CHEGA O SERRÓN

Viñeta do xornal El País (16/06/2012) de Erlich (Bernardo Erlich)

 

Dende hai algún tempo, cada fin se semana hai unha sorpresa económica negativa: primeiro axustes e despois recortes de goberno, recentemente rescate da U.E. e finalmente empezan as amputacións empregando o serrón do Fondo Monetario Internacional.

Como cidadán sufrín os recores ("tixeirazos") ao que como traballador funcionario engadinlle a baixada salarial. Daquela, no goberno anterior, moita xente parece que se alegraba de que nos meterán man aos funcionario e a conxelación das pensións para os xubiladaos. Inocentes! Aquelo foi o principio; agora estes problemas aféctanlle a moita máis xente en todos os aspectos: sanidade, educación...

Desta vez, ante un posible "corralito" dos nosos aforros, que todo pode ser, volven a carga cun "serronazo" e de novo outra baixada de soldo dos funcionarios. Seguramente que desta moita xente volverase a alegrar desta medida, pero non sabén que despois veñen outras que afectan a todos (subida do IVE, moderacións salariais...) que nos devolven á realidade.

Esto é unha espiral, se non hai soldos non hai gasto e se non hai gasto non viven as empresas e comercios e como consecuencia peches e paro. Ou Europa e España cambia de forma de actuar, non só propoñendo restricións e evitando o afogamento, ou do contario, despois de ser rescatados a nivel de país, veremos situacións dramáticas para TODOS, que podemos ver en Grecia, que hoxe decide o seu futuro como país e tamén o do euro e Europa.

Nunca se debe alegrar un cos males de ninguén! Que Deus nos pille confesados!

CINE: MOONRISE KINGDOM

CINE: MOONRISE KINGDOM
Esta fin de semana chega aos cines a película do director Wes Anderson: "Moonrise Kingdom". Un drama, unha historia da infancia e a iniocencia. Esta é a súa ficha técnica:

Título Orixinal: Moonrise Kingdom 

Xénero: Drama 

País
: EE.UU

Ano: 2012

Productora: Focus Features / American Empirical Pictures / Indian Paintbrush

Director: Wes Anderson

Guión: Wes Anderson e Roman Coppola
  
Producción: Wes Anderson, Scott Rudin e Jeremy Dawson

Música: Alexandre Desplat

Duración: 94 minutos

Reparto: Jared Gilman, Kata Hayward, Bruce Willis, Edward Norton, Bill Murray, Frances McDormand, Tilda Swinton, Jason Schwartzman, Bob Balaban, Harvey Keitel

Sinopse:  A película conta o primeiro amor que viven Sam (Jared Gilman) e Suzy (Kara Hayward), que aos seus 12 anos tómanse moi en serio a súa relación sen estar verdadeiramente preparados, escapando da casa. Como consecuencia grupos de persoas únense para buscalos. A historia desenvólvese nunha illa, próxima á costa de Nova Inglaterra, e sitúase nos anos sesenta do século pasado.

Merece a pena vela!

O DIÉSEL E O CANCRO

O DIÉSEL E O CANCRO

Viñeta de Ramón, no xornal El País (14/06/2012)

A Organización Mundial da Saúde (OMS) oficializou por fin algo que os estudos científicos levan algúns anos demostrando: que o fumo que xeran os motores diésel causa cancro de pulmón. A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC), o grupo da OMS encargado de determinar que sustancias son canceríxenas, subíu de categoría ao diésel. En 1988 considerouno “posible carcinóxeno”. Agora, case un cuarto de século despois, recopilou as pruobas científicas necesarias para borrar a dúbida: o produto dos motores de gasóleo é carcinóxeno para os humanos. A declaración da OMS, coñecida o pasado martes, pon agora a pelota da protección da saúde dos ciudadáns no tellado das Administracións. Que van facer para evitar a exposición ao diésel?

Témolo crudo. En primeiro lugar pola dependencia, a maior parte dos vehículos (coches e camións) empregan este combustible, aínda que as novas xeracións de motores non soltan tantas partículas. En segundo lugar, coa que está caendo, non penso que se metan con este tema e nós como consumidores non estamos para cambiar de xeito inmediato de coche (gasolina, híbrido, electrico ou diesel de nova xeración). Finalmente, supoño que para chegar a esa situación fatal teriamos que estar expostos moito tempo e en capitais ou lugares de grande concentración.

De calquera xeito merece unha reflexión por parte de todos. Xa non vale a frase dun compañeiro que sempre dí: Dalgunha cousa hai que morrer!

OS CARTOS SON PARA OS CARTOS!

OS CARTOS SON PARA OS CARTOS!

 

Ante o inminente rescate da banca española por Europa e ante a situación real que as axudas monetarias son para os que teñen os cartos, que logo pagamos todos, quedamos atónitos que para nós, os que sostemos á banca, ela nunca traslada eses cartos recibidos á cidadanía. Habería que axudar aos cidadáns que son quen os precisan.

Esta situación é denunciada na viñeta de hoxe de El Roto (Andrés Rábago García, humorista gráfico,  Madrid, 194) no xornal El País.

Seguen a tomarnos por parvos e o peor é que o conseguen!

ESTO ESTÁ CADA VEZ PEOR!

ESTO ESTÁ CADA VEZ PEOR!

 

Penso que non necesita ningún comentario a viñeta de Erlich (Bernardo Erlich, Tucumán, 1963. Deseñador e humorista gráfico) do xornal El País de hoxe.

Esto está cada vez peor!

CIENCIA E CONCIENCIA NOS POLÍTICOS

CIENCIA E CONCIENCIA NOS POLÍTICOS

A viñeta de Ramón, do xornal El País, de onte, fai unha pregunta contundente sobre os políticos: A que pensas que lle fan menos caso, á voz da ciencia ou da conciencia?

Non sei cal sería a vosa resposta, a miña é clara e xustifícoa: A NINGUNHA.

Á voz da ciencia non lle fan caso, a proba é que están eliminando todo tipo de inversión neste eido, volvendo a tempos do pasados. Incluso algún alto gobernante non aceptaba (non sei agora) o efecto invernadoiro como tal.

Á voz da conciencia tampouco lle fan caso, porque non a teñen. Fixádevos o que prometen e logo o que fan. O ridículo que fan cando un día din unha cousa e ao seguinte o contrario. A utlización moral que fan do seus cargos...

En fin, a clase política deste país é, ao meu entender, patética e despreciable. Así imos!