Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

DESMANTELAMENTO DO SISTEMA EDUCATIVO?

DESMANTELAMENTO DO SISTEMA EDUCATIVO?

A viñeta de Aguilera (Javier Aguilera), do xornal de hoxe de Faro de Vigo, serve para falar do tema de moda a nivel educativo: Desmantelamento do sistema educativo?

Non entendo, como profesional, que cambio de gobernantes leve aparellado cambios no sistema educativo profundos. É certro que o paso do tempo implica pequenos axustes, pero non cuestionar todo o anteriormente feito.

Agora non so se está cambiando o sistema, senón tamén a aplicación, como consecuencia dos famosos recortes. Imos volver a tempos de hai décadas pasadas. Non entenden que a mellora na educación leva engadido maior liberdade, conseguida polo coñecemento, a crítica,...

Non sei onde imos chegar!

A CHUVIA, ESA GRAN INCOMPRENDIDA!

A CHUVIA, ESA GRAN INCOMPRENDIDA!

Tal com o amosa a vineta de Ramón, de onte no xornal El País, a chuvia é un elemento incomprendido. Digo esto pois, non hai moito, suplicabamos por ela, chegando incluso a sacar santos en procesión para a súa procura. Agora, despois de varios días recibindo ese elemento indispensabe, xa estamos cansos dela.

Para aqueles que xa están fartos dela a partir de hoxe, por varios días, teremos unha tregua. Nunca estamos contentos!

CINE: WILAYA

CINE: WILAYA

Esta fin de semana chega aos cines unha película española que eu cualificaría como "distinta", tanto pola temática como polos protagonistas. Por certo o termo wilaya tradúcese como "provincia" e refírese nos campos de refuxiados saharauis como asentamento, cada un a súa vez dividido en  varias dairas. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Wilaya

Director: Pedro Pérez Rosado

Productora: Wanda Visión S.A.

Guión: Pedro Pérez Rosado

Xénero: Drama

País: España

Duración:97 min.

Ano: 2012

Reparto: Nadhira Mohamed, Memona Mohamed, Aziza Brahim, Ainina Sidagmet

Sinopse: Wilaya é unha sixela e bela historia sobre dúas irmáns que se reencontran nos campamentos saharauis. Cóntanos como é a vida alí a través de Fatimetu (Nadhira Mohamed), unha española de orixe saharaui que vese obrigada a regresar aos campamentos trala morte do seu pai.

O REI E A CAZA

O REI E A CAZA

 

Coma sempre, moi acertada a viñeta de Ramón de hoxe, no xornal El País, na que pon a guinda sobre o desafortunado accidente que tivo o monarca nun safari de caza de elefantes, alá por Botsuana (África), o pasado venres de madrugada.

A verdade é que aos seus 74 anos, xa non está para eses trotes e nunha situación de crise económica, permitirse eses luxos...(sobre 30.000 € un elefante, segundo un xornal español: El Mundo). Que pena deses animais e que pena de nós que temos que pagar estas imprudencias.

Responsabilidade, Señor!


U-LOS CARTOS?

U-LOS CARTOS?

Esta viñeta de Erlich (Bernardo Erlich, Tucumán-1963) que publicaba onte o xornal El País, plantexa con certeza a situacion de moitas familias que depositaron os seus cartos en bancos e caixas, aconsellados polos directivos desas entidades, e que agora vense atrapados e sen cartos. Recorda a unha situación que pasou en Arxentina, hai algúns anos, coñecida como "corralito"  e que aquí denomínanse PREFERENTES.

Falta de seriedade? Posiblemente, pero a situación é dramática en moitos casos pois son os aforros de toda a vida e que agora, tal como está o país, precísanos xa.

Economicamente e politicamente precisan dunha solución xa!


O OVO DE PÁSCUA

O OVO DE PÁSCUA

 Viñeta de Erlich (Bernardo Erlich, Tucumán-1963) que publica hoxe o xornal El País.

Hoxe é un día de regalos: rosca, ovos de Pascua,... E parece que o FMI (Fondo Monetario Internacional) e Bruselas teñen preparadas sorpresas para España, a través de peticións de máis recortes e axustes. O Ministro español de Economía, Guindos, afirma que haberá máis reformas nos servicios públicos, é dicir que lle vai tocar á Sanidade e ao noso campo, a Educación.

Veremos en que consiste esa sorpresa no campo da Educación!


CINE: O MEU FILLO E EU

CINE: O MEU FILLO E EU

 

Nesta fin de semana chega aos cines a cinta "O meu fillo e eu". Unha comedia dramática que tendo como telón de fondo un deporte (rugby), trata realmente os vínculos pai-fillo. Esta é a súa ficha técnica:

Película: O meu fillo e eu 

Título orixinal: Les fils à Jo

Dirección e guión: Philippe Guillard

Producción: Cyril Colbeau-Justin, Jean-Baptiste Dupont e Olivier Marchal

Música: Alexis Rault

País: Francia  

Ano: 2010

Duración: 95 min

Distribuidora: Emon

Xénero: Comedia dramática

Reparto: Gérard Lanvin (Jo Canavaro), Olivier Marchal, Vincent Moscato (Pompon), Jérémie Duvall (Tom Canavaro), Karina Lombard (Alice Hamilton), Abbès Zahmani, Pierre Laplace (Frontignan), Lionnel Astier (Bernard)

Sinopse: Neto dunha lenda do rugby, fillo dunha lenda e el mesmo unha lenda do rugby, Jo Canavaro cría só ao seu fillo de 13 anos, Tom, nun pequeno pobo del Tarn. Para desgraza de Jo, Tom é tan bo en matemáticas como inútil no terreo de xogo. Pero para un Canavaro a lenda non pode rematar así, aínda que sexa preciso montar un equipo de rugby para Tom contra a vontade de todo o pobo e da do seu propio fillo.

Merece a pena vela!

CINE: BRACANEVES

CINE: BRACANEVES

Esta fin de semana estréase a nova e divertida película, non animada, do conto clásico "Brancaneves", pensado para o mercado da Semana Santa. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Brancaneves (Mirror, Mirror)

Título Orixinal: Mirror, Mirror

Xénero: Comedia

Nacionalidade: USA

Ano: 2012

Duración: 106 min.

Distribuidora: Tripictures

Director: Tarsem Singh

Guión: Melisa Wallack

Producción: Bernie Goldman, Ryan Kavanaugh e Brett Ratner.

Fotografía: Brendan Galvin.

Reparto: Julia Roberts, Lily Collins, Armie Hammer, Sean Bean, Nathan Lane, Mare Winningham, Michael Lerner, Robert Emms, Martin Klebba, Danny Woodburn, Mark Povinelli, Joe Gnoffo, Jordan Prentice, Sebastian Saraceno, Ronald Lee Clark

Argumento: A malvada madrastra (Julia Roberts) é reina en lugar de Brancaneves (Lily Collins), unha princesa no exilio. Sete valerosos e rebeldes ananos axudarán a Brancaneves a preparase para que poda reclamar o seu dereito ao trono que lle pertence por nacemento e tamén a conseguir ao Príncipe. Esta máxica aventura está chea de comedia, ciumes, romance e traición.

Que disfrutedes con ela!