Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR: NÓDULO REAL

HUMOR: NÓDULO REAL

A noticia desta fin de semana foi a operación do Rei de España, a  causa dun nódulo (mancha ou lesión redonda ou ovalada nos pulmóns que se observa cunha tomografía computerizada ou unha radiografía del tórax, sendo unha grande parte benignos).

E entre chisme e chisme aparecen as opinións políticas (nomarquía/república). Precisamente Davila trata este tema na súa viñeta de hoxe no xornal Faro de Vigo.

Moi agudo! Polo menos nas enfermidades somos todos iguais, aínda que a algún opérano antes que  a outros!

 

DÍA DA TERRA: "OCÉANOS"

 

22 de abril: DÍA DA TERRA. Seguramente repetitivo cada ano, pero necesario, é un día festivo, que tivo a súa orixe un 2 de abril de 1970, cando un senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurono para crear conciencia común aos problemas de contaminación, conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer á Terra.

Os océanos, lugares onde xurdíu a vida e onde se atopa a maior despensa da humanidade é unha boa forma de lembrar este día. Seguramente o divertimento xunto coa concienciación fan un combinado perfecto, polo que a miña proposta é ver unha película documental que hoxe, Día da Tarra, se estrea e da que arriba tedes o trailer. Imaxes espectaculares, realidades do mundo marino, ... Se queres coñecer os datos técnicos da película pincha AQUÍ .

Merece a pena vela!

 

CONCERTO: "O CURA ROCKEIRO"

 

Vídeo do tema "El dinero no se puede comer", temática mediomabiental, do padre Yony.

 "O cura rockeiro"(padre Yony) ou Joan Enric Reverté, é un sacerdote catalán (consultar BIOGRAFÍA), que está de xira en Galicia, moi preto de nós: Na catedral e no polideportivo de Tui o sábado próximo 24 de abril 2010 (xunguindo o apartado relixioso e o de ocio).

Se queres coñecer máis sobre este cura singular, pincha en Padre Jony.

Por certo, as súas letras non teñen desperdicio!

HUMOR: CINSAS NO CEO

HUMOR: CINSAS NO CEO

A erupción do famoso volcán Eyjafjalla, vai a máis, sobre todo as consecuiencias que está a provocar na navegación aérea. Parece ser que xa chegou ao norte de España. Esta situación é recollida na vineta de "O Carrabouxo" do xornal La Región do pasado día 16.

HUMOR: APOIO ESCOLAR NA CASA

HUMOR: APOIO ESCOLAR NA CASA

Quen non axuda ou axudou a un fillo-a nas tarefas escolares na casa? A contestación e seguramente : TODOS, na medida do posible. Cando son moi pequenos, moito, e despois, cando xa non podemos, tratamos de buscar outro tipo de axuda profesional, a costa dos nosos cartos. Todos queremos o mellor para os nosos fillos, que sexan mellores do que nós fomos, aínda que moitas veces non o consigamos.

Este é o motivo da viñeta de Davila, onte do xornal Faro de Vigo. Penso que non merece comentarios e que non ten desperdicio.

HUMOR: A CRUZ

HUMOR: A CRUZ

A cruz é un símbolo que estes días pasean dobremente polas nosas rúas: a cruz de Xesús na Semana Santa e a cruz da crise que está durante todo o ano.

A viñeta de Pinto & Chinto de onte, no xornal La Voz de Galicia recolle perfectamente esta cuestión, é máis pon no punto de mira ao Presidente do Goberno, que leva a súa cruz particular e ao resto do país que leva esa cruz de presidente, como causante do problema.

Esperemos que na próxima Semana Santa só levemos a cruz de Xesús polas rúas!

 

HUMOR: ABRIL AUGAS MIL

HUMOR: ABRIL AUGAS MIL

Comenza o mes de abril e hai un dito: "Abril augas mil". Levamos un ano de moita auga e polo que parece o mes que andamos segue a mesma tónica.

Esta idea recóllea moi ben O Carrabouxo, na súa viñeta do xornal La Región.

Só nos queda o consolo doutro dito: "Nunca choveu que non escampase".

VACACIÓNS

VACACIÓNS

Por fin chegou o día 26 de marzo e VACACIÓNS !!!

Agora uns días de descanso, sen profes, nin alumnos-as, en fin ... pasalo ben. Cargade ben as pilas para afrontar a última recta do curso: o terceiro trimestre e a fin de curso.

Eso si, o martes 6 de abril ás 8:20 temos unha cita.

¡Boas vacións para todos e todas!