Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HOXE EMPEZA A PRIMAVERA

HOXE EMPEZA A PRIMAVERA

Cerdeira en flor (www.lacoctelera.com)

Con mal tempo, hoxe, 20 de marzo, ás 16:33 horas comenza a primavera. O inicio desta estación ten lugar no día en que a duración do día e da noite coinciden practicamente en calquera punto do planeta, o que denominamos equinoccio. Hoxe, no hemisferio sur comenza o outono.

Na madrugada do domingo 28 producirase o cambio de hora, pasando ao horario de verán.

Esta é a época do ano na que a lonxitude do día alárgase máis rápidamente. Ás latitudes da península, o Sol sae polas mañás case dous minutos antes que o día anterior e pola tarde poñerase un minuto máis tarde.

Durará 92 días e18 horas, concretamente ata o 21 de xuño ás 13:28 horas.

A sucesión das estacións radica no movemento de translación do noso planeta ao redor do Sol e a inclinación do eixe terrestre con respecto á eclíptica. Se queres afondar neste tema pincha AQUÍ .

BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO PARA O PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO PARA O PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Viñeta de O Carrabouxo (La Región 11/02/2010)

O pasado día 13, o Conselleiro de Educación e Ordenación Universiataria, Xesús Vázquez Abad, deu a coñecer as liñas básicas do Borrador do Proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no Ensino non Universitario, coñecido como Decreto do Galego das que nestas páxinas se deu información. Tal como prometín aquí tedes o texto integro para a súa análise pormenorizada.

Se o queres ver pincha AQUÍ.

FONTE: CIGAensino

ANTEPROXECTO DO DECRETO DO GALEGO

ANTEPROXECTO DO DECRETO DO GALEGO
Xesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Onte deuse a coñecer as liñas básicas do famoso anteproxecto sobre as linguas no ensino e que mañá coñecermos por completo ao ter acceso ao documento.

En principio hai novidades que afectan a Secundaria: Daranse en castelán Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química; e en galego Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias dá Natureza, Bioloxía e Xeoloxía. O resto decidirao o propio colexio ou instituto, respectando a paridade entre galego e castelán.

Os pais, mediante unha consulta cada catro anos, opinarán sobre o idioma destas materias troncales. Se máis do 50% das familias dos alumnos -do censo total, non dos que voten- deciden cambiar a lingua, daráselle a volta a todo o esquema.

Curiosamente o alumnado podrá expresarse no idioma que queira.

En bacharelato os centros farán unha oferta equilibrada cada catro anos, así como en formación profesional, aínda que neste caso non se inclúe ningunha periodicidade.

FONTE: La Voz de Galicia.

 

O TERMO

O TERMO

Hai uns días saltou á palestra o emprego dunha acepción do termo "galego" moi despectiva e antiga. O triste desta manifestación, feita por unha persoa adicada a política, é que lamentablemente figura nos diccionarios, coa acepción número 5 de "tonto". Aquí tes a proba: pincha en Diccionario de la lengua español.

Esto non pareceu ben en Galicia e eu tamén fago propia a declaración que de seguido aparece, feita polos nosos representantes no Parlamento Galego:

 

Declaración institucional do Parlamento de Galicia

A utilización do xentilicio “gallego” como un alcume pexorativo non só ofendeu a milleiros de galegos e galegas e a outras persoas sensatas, senón que constitúe un tópico non aceptable polo que contén de prexuízo xenófobo, inadmisible no único marco de debate que cómpre defender, o das ideas. Este tipo de prexuízos xenófobos susténtanse nun pensamento feble e na falta de cultura, e entraña un perigo potencial para a convivencia das persoas e dos pobos.
O Parlamento galego fai un chamamento a afondar na educación nos valores cívicos da tolerancia e respecto ao outro, e a abandonar a linguaxe que pode fomentar estas condutas, sobre todo por parte das persoas creadoras de opinión, entre as que nos atopamos as representantes e os representantes públicos.

Esperemos que non volva repetirse e dunha vez retiren esa acepción do diccionario!

OSCAR Á MELLOR PELÍCULA 2010

 

Na pasada madrugada entregáronse os Oscar 2010. A mellor película foi "En tierra hostil" (The Hurt Locker) da directora Kathryn Bigelow, que por certo tamén levou un Oscar. 

Unha película bélica que ten o seguinte argumento: Unha brigada estadounidense de desactivación de explosivos vese atrapada no perigoso perigoso xogo do gato e o rato no medio dunha gran cidade caótica onde calquera pode ser un inimigo potencial e calquera obxectivo pode ser unha bomba.

En total levou 6 Oscar, frente a súa gran competidora "Avatar" que só levou 3.

Por certo, en película de animación a gañadora foi "Up", da que xa falamos nestas páxinas.

Se queres coñecer as nominacións e os gañadores todos os gañadores, pincha auí Oscar 2010 .

HUMOR: A VOLTAS COA AUGA NA LÚA

HUMOR: A VOLTAS COA AUGA NA LÚA

A noticia saltaba hai uns días cando o radar Mini-SAR da NASA, que rastreou os polos lunares a bordo do satélite indio Chandrayaan-1 descubríu que os cráteres máis sombríos da Lúa esconden 600 millóns de toneladas de auga xeada, según novos cálculos da NASA. A reserva similar en capacidade á cunca hidrográfica do Cantábrico atópase no polo norte do satélite. A auga detectada polo Mini-SAR é idéntica á da Terra, áinda que o seu estado é moi diferente. Os cráteres nos que se acumula, chamados trampas frías, están a uns 250º C baixo cero e non ven nunca o Sol.

Ante esta noticia o xenial O Carrabouxo (persoaxe de Xose L. González Vázquez), na súa viñeta do pasado 4 de marzo, no xornal La Región, aguza o inxenio e introduce o elemento das últimas temporadas de chuvias na nosa terra. 

IMAXES NOS PAQUETES DE TABACO

IMAXES NOS PAQUETES DE TABACO

O Ministerio de Sanidad e Política Social escolleu imaxes impactantes que levarán a partir de maio os paquetes de tabaco, onde se advirte das enfermidades e riscos do consumo deste producto ta nocivo para o xénero humano.

Será efectivo? Esa é a gran pregunta. Moitos serán os que consideren excesivo o impacto das imáxes. Eso é io que pretende a campaña, que impacte, que faga reflexionar a xente. Para outros será indifrente.

É preciso a concienciación de todos e todas, xa que vai máis alá do si ou non  ao consumo, xa que un acto individual do exercicio voluntario de fumar leva aparellado un gran gasto sanitario que todos pagamos, sen contar baixas de traballo,...

Un pouquiño de por favor!

HUMOR: A CRISE

HUMOR: A CRISE

A tan citada CRISE, que todo inunda e preside, estalle pasando factura aos que gobernan, pois directa ou indirectamente teñen certa parte de responsabilidade (seguramente igual me quedo curto, pois para moitos o cualificativo sería total responsabilidade).

As cousas pintan mal e na nosa terra, ante moitos desastres, recurrimos ao divino, rezando ao noso santo de devoción. Na viñeta de onte de O Carrabouxo (Xosé Lois), publicada no xornal La Región, faise eco desta preocupación por parte do Presidente do Goberno de España que tamén "reza", eso si nun acto típico de cada ano en EEUU ao comenzo do ano político, o denominado almorzo de oración.

Penso que calquera axuda, incluída a divina, fará boa falta para saír desta siuación!