Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

ERNESTO DE LEIRO

ERNESTO DE LEIRO

Ernesto Romero García  (Foto: Santi M. Amil)

Estes día fíxose famoso Ernesto, e foi por facer o que máis lle gusta: o cine. A Ernesto Romero García, coñecino eu hai moitos anos, tería eu 12-13 anos, cando vivín en Leiro  (Ourense). Ernesto ten 4 anos máis, é dicir está a punto de cumprir 58 anos. Precisamente conocino no cine, el era o operador de proxección. Dalgún xeito meteume  nese mundo, a proba é que anos despois fun operador no meu colexio, pero en formatos máis pequenos como 16 mm.

Ese cine de Leiro, de 144 butacas, con 27 anos, un cine de "pueblo", segue a subsistir fronte as grandes superficies comerciais e é gracias a el. Ese cine montado polo seu pai, cerrado nalgún momento, volceu recuperar o tempo perdido con Ernesto. E é tal a súa dedicación que compite, a precios que lembran a tempos pasados (pensade que a entrada está a 5 € en 3D) co resto da provincia e coa tecnoloxía máis moderna, eso si a costa de moitos sacrificios. En días normais el fai de todo: operador, vende as entradas, acomodador,... Non ten prezo o seu traballo.

Agora é famoso, el e o seu cine, onde acuden xentes do contorno por ser o primeiro cine na provincian co a tecnoloxía 3D. Xa foron varias as proxectadas neste formato, pero "Avatar", película xa comentada e recomendada neste blog, arrasou. Colas e colas para poder vela.

Un saúdo amigo e felicidades, que as gañaches con creces ti só.

HUMOR: A XUBILACIÓN

HUMOR: A XUBILACIÓN

Dende hai uns días está en case todas as conversación: a idade de xubilación aos 67 anos. Segundo os expertos, é necesario prolongar o tempo de traballo dos españois para seguir cotizando e poder pagar as pensións,  xa que o avellentamento da poboación medra constantemente. Fose como fose, platexa outras situacións preocupantes, como máis posibilidades de morrer antes de xubilarte, disfrutar pouco tempo da xubilación, que os novos teñen máis dificultade de atopar emprego, ...

Penso que a viñeta de Luis Davila, que hoxe publica o xornal Faro de Vigo, recolle moi ben esta situación. Esperemos que non vaia para diante este proxecto!

INICIATIVA SOLIDARIA. SERÁ POSIBLE?

INICIATIVA SOLIDARIA. SERÁ POSIBLE?

O pasado xoves 21, moitos dos profesores-as do ensino de Galicia (e aquí o número é moi dispar, segundo quen facilite as cifras: organizadores, participantes e Consellería de Educación), aínda que neste momento particular é o que menos importa, perdemos, como é lóxico 1 día de soldo e polo tanto nunha próxima nómina a Consellería de Educación procederá a facer o desconto pertinente. Ata aquí é o correcto.

Un grupo de profesores propuxeron, e a eles eu únome, para que a Consellería de Educación e O. Universitaria faga ese  desconto, pero o destinen aos damnificados de HAITÍ. Pensamos que é unha forma solidaria de contribuír de Galicia e do profesorado, que xa perdeu eses cartos , a esa situación catastrófica.

Eles teñen a última palabra!

Eso non quere dicir  que non sexamos solidarios con ese país, ou xa o fixeramos anteriormente.

INVICTUS

 

Dentro dunha semana, o próximo venres 29, estréase en España a película "INVICTUS".

Película do 2009, de 134 minutos de duración, do director Clint Eastwood, basada no libro de John Carlin "The Human Factor: Nelson Mandela and the Game That Changed the World". No reparto destacan: Morgan Freeman, Matt Damon, Tony Kgoroge, Julian Lewis Jones, Adjoa Andoh, Patrick Mofokeng, Matt Stern, Leleti Khumalo.

O seu argumento tarta de cando Nelson Mandela saíu do cárcere e se convertíu en presidente de Sudáfrica. Pouco despois, en 1995, o país celebrou o campeonato do mundo de rugby, tras anos de ser excluidos das competiciones debido ao apartheid. Evento que Mandela impulsó e empregou, coa axuda da estrela de rugby Francois Pienaar, como vía para acabar co odio e a desconfianza existente durante décadas entre a poboación branca e negra do país.

Unha película que conta algo e ben contado. Un achegamento ao mundo do apartheid e como un home e un pobo deu pasos para unha convivencia en igualdade de condicións.  Un traballo  espectacular de Morgan Freeman, coma sempre, que fai de Mandela.

Merece a pena vela.

EU VOU Á FOLGA

Onte un alumno perguntábame se ía ou non a folga do día 21, pois se eu daba clase el viña. A miña contestación foi que el, como menor de idade tiña que falar coa súa familia e eles, os pais, tiñan que dicidilo e que eu tería que decidilo persoalmente, en conciencia. A verdade é que eu no quería influír na súa decisión, pois parece, e eu lamento que suceda se é así, que hai profesionais que directamente están influíndo sobre os rapaces.

E que vou facer? Pois en conciencia, ir á folga! Seguramente os que me seguen, fundamentalmente alumnado, aínda que sei que hai outros sectores, saben que raramente falto eu ás miñas obrigas e que se así sucede son fundamentadas e quero que sepades os meus argumentos neste caso.

En primeiro lugar penso que a LINGUA GALEGA, o noso idioma, no noso país, nunca creou problemas. Que razón ten crealos agora? Houbo un consenso na denominada Lei de Normalización Lingüística, de todos os partidos, que razón hai para rompela agora?

En segundo lugar, independente de quen plantexe o famoso borrado do decreto de plurilingüismo (motivo da folga) , eu non son militante de ningún partido político pero vexo que este texto agrede directamente ao noso idioma en varios aspectos:

1º.  Introduce un tercer idioma (perefrentemente inglés) dándolle case o mesmo rango que o galego e o castelán (33%). No nivel que eu traballo paréceme unha saída de tono. Xa teñen problemas de abondo para superar  as matemáticas, pore xemplo, como para poñerllas en inglés (que tamén ten o seu). Seguramente algún pode pensar que é problema do profesorado, que non está preparado (seguramente igual que si) pero nestes momentos temos no noso centro cursos bilingües (unha materia que se imparte en inglés e galego ou castelán) e esixe un dominio do inglés o que provoca que os alumnos dese curso sexan os mellor preparados, en detrimento do resto. Estamos facendo guetos.  Mellor sería que adicasen, se é opreciso, máis horas ao inglés, con algunha hora de conversación con profesorado nativo (xa o tiven nos meus tempos de estudante de bacharelato elemental en francés) para perfeccionar este idioma. Igual este experimento podería facerse en curso altos de bacharelato, como preparación do que lles pode acontecer nalgunha materia na universidade. Como vedes non estou en contra doutros idiomas, todo o contrario, no mundo actual é preciso o dominio de varios idiomas, pero sexamos realistas, no referentes a ESO temos que garantir competencias básicas na oral e escrita nos idiomas oficiais e se a máis nun estranxeiro. Non todo o mundo vai a seguir estudando. Temos que garantir o básico, que moitas veces a duras penas se consegue.

2º. O nos idioma, o galego, recoñecido na cosntitución Española e no Estatuto de Autonomía, perde peso específico, xa que se cuestiona ao decidir os pais cal é o idioma de ensino, podendo crear conflictos entre centros próximos.iIaxinesmos  na nosa bisbarra que a mesma materia sexa impartida en inglés, galego ou castelán. Esto pode pasar. Se é complicada podería influír incluso á hora de facer a matrícula. Déixasenos de lado ao profesorado e a administración, un papel recollido na lei que que varias veces foi denegado  en sentenzas a pais que así o solicitaban (a libre elección do idioma) .Por outra banda plantexa problemas organizativos nos centros, de material imprenso (editorias), etc.

3º. Quen está en perigo é o galego, non o castelán. Temos que protexelo, tratando que pouco a puco sexa NORMAL, empregalo en calquera ámbito social, non só no ensino (que trata de que os alumnos-as teñan competencia) senón na mediciña, xustiza, etc. É o que se denomina discriminación positiva. Esa é a explicación de que ata agora se pedía que polo menos teñanos o 50% da materias en galego, non quere dicir que teña que ser un 50%, pois nese caso non tería que haber medidas de apoio ao galego, pois estaría en igualdade de condicións.

E para finalizar, penso que non houbo vontade de evitar esta folga, salvo nos dous últimos días, pois se é un borrador por que non houbo reunións para consensuar ou modificar o citado borrador? Por que non houbo achegamentos  para disipar as dúbidas que crearon sobre alumnado, pais, profesorado e en xeral na sociedade galega? Penso que hai unha estratexia de ver o que pasa. Se a folga non sae ben, saen reforzados para mantelo. Se sae mal, sempre queda o diálogo.

Veremos o que pasa!

Por certo, se hai alguén que non coñeza o texto do borrador do decreto de plurilingüismo que pinche en BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA.

Non viría mal que lle botarades unha ollada a contestación que lle díu, por certo moi fundamentada, a RAG (Real Academia Galega). Se queres coñecela pincha en TEXTO DA RAG.

Eu respecto a aqueles que apoian este borrador, e polo tanto non van a folga, e pido o mesmo respecto cara a min por non apoialo. Espero, de todo corazón, que a cordura e o entendemento mediante as aproximacións de todas as partes, se resolva favorablemente este conflicto, non para min persoalmente, senón para Galicia e os seus habitantes e para o noso idioma, que parece que  ultimamente parece menos noso.

Un saúdo.

VICTOR

E AGORA, QUE PODEMOS FACER?

 

Ante esto, a debilidade humana ponse de manifesto. Que somos? A que aspiramos? Tamén nestes momentos xurde eso, si eso, o mellor da condición humana: A SOLIDARIDADE.

Todos, e digo ben, podemos axudar mediante a Campaña de Axuda Española de Emerxencia:  "Un euro por Haití" (iniciativa que propón Telecinco), na que se pretende que cada unde nós done un euro no número de conta de La Caixa 2100 2254 18 0200213776.

O obxectivo: máis de 40 millóns de euros para os damnificados xestionados por esta axencia dependente da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional, polo tanto coa seguridade de que vai chegar alí e non perderse polo camiño.

Calquera de nós: alumnos, profes e pais, podemos facelo. É só un euro. PARTICIPA!

HUMOR: O GALEGO

HUMOR: O GALEGO

As augas andan revoltas co famoso "borrador do decreto de plurilingüismo", no que se reparten as linguas do ensino a partes iguais (33%) entre o galego, castelán e lingua estranxeira (preferentemente inglés).

Na viñeta, do pasado día 10, O Carrabouxo (Xoxé Lois), publicado no xornal "La Región" de Ourense, fai refrencia a ese tema. Ou moito cambia, polo menos eu así o espero, ou o galego, baixa a 2ª división, falando en termos futbolísticos.

Parece mentira que un tema, o da lingua, superado por un acordo de todas as forzas plolíticas na época de Fraga, coa Lei de Normalización Lingúística, plantexe agora problemas. Estase a crear unha situación  problemática cando non a había. Veremos o que sucede o próximo xoves 21, ante a convocatoria de folga no ensino. Penso que debería de iniciarse unha aproximación das partes, un diálogo, unha volta a normalidade. Evitariamos moitos momentos de enfrontamentos innecesarios.

Unha pena!

O TERREMORO DE HAITÍ

O TERREMORO DE HAITÍ

Foto: www.infolatam.com

Ás 21,53 GTM do pasado 12 de xaneiro producíuse un terremoto en Haití  cunha magnitude  de 7,3 na escla de Richter. O tremor tivo o seu epicentro a escasos 15 km de Porto Príncipe. Pouco despois da primeira sacudida tiveron lugar tres réplicas: 5,9, 5,5 e 5,1, na escala citada anteriormente.

Se queres coñecer onde e como sucedeu, mediante gráficos, pincha en TERREMOTO DE HAITÍ.

A pregunta que seguramente te podes facer é como se produce un terremoto. Se queres saber a contestación pincha en ASÍ PRODÚCENSE OS TERREMOTOS.

O maior terremoto que se rexistrou na illa (que comparten Haití e a República Dominicana) foi en 1946 cunha magnitude de 8,1. O último gran terremoto rexistrado na illa producíuse en 1984 con 6,7 graos na escala de Richter.

As consecunecias: caos absoluto. Se a ser o máis pobre do continente americano lle engadismos esto pois xa vos podedes imaxinar a situación. Agora toca, a todos, axudar no esencial para que poidan enterrar aosmortos, evitar epidemias e cubrir as necesidades básicas da poboaciós supervivente. Despois tocará a reconstrucción.

Unha pena!