O TERREMORO DE HAITÍ
Foto: www.infolatam.com
Ás 21,53 GTM do pasado 12 de xaneiro producíuse un terremoto en Haití cunha magnitude de 7,3 na escla de Richter. O tremor tivo o seu epicentro a escasos 15 km de Porto Príncipe. Pouco despois da primeira sacudida tiveron lugar tres réplicas: 5,9, 5,5 e 5,1, na escala citada anteriormente.
Se queres coñecer onde e como sucedeu, mediante gráficos, pincha en TERREMOTO DE HAITÍ.
A pregunta que seguramente te podes facer é como se produce un terremoto. Se queres saber a contestación pincha en ASÍ PRODÚCENSE OS TERREMOTOS.
O maior terremoto que se rexistrou na illa (que comparten Haití e a República Dominicana) foi en 1946 cunha magnitude de 8,1. O último gran terremoto rexistrado na illa producíuse en 1984 con 6,7 graos na escala de Richter.
As consecunecias: caos absoluto. Se a ser o máis pobre do continente americano lle engadismos esto pois xa vos podedes imaxinar a situación. Agora toca, a todos, axudar no esencial para que poidan enterrar aosmortos, evitar epidemias e cubrir as necesidades básicas da poboaciós supervivente. Despois tocará a reconstrucción.
Unha pena!
0 comentarios