CAPTAR A ATENCION DOS NENOS
Para Chema Lázaro, ser mestre nunca foi a primeira opción. Biólogo mariño de vocación, un grupo de nenos cambiou a súa vida: “Descubríronme aos poucos a miña vocación, para o que estaba feito, onde podería desenvolverme profesionalmente”. Foi precisamente ese grupo de nenos co que Chema Lázaro conseguiu o Premio Nacional de Educación en 2013.
Actualmente, Lázaro é profesor do Máster de Neurodidáctica da Universidade Rey Juan Carlos e fundador de NIUCO, unha iniciativa que aposta polo cambio educativo baseado na aplicación da neurociencia na aprendizaxe: “É moi importante que os mestres non empecemos a opinar dende a experiencia e fagámolo desde a evidencia. Pasar dunha cultura da opinión a unha cultura dos feitos e as certezas do que funciona e do que non funciona dentro da aula”.
ParaLázaro, a educación é a única oportunidade para medrar como persoas e conseguir ser a mellor versión dos alumnos: “Os alumnos son cidadáns de hoxe. Temos que educarlos nas competencias como o pensamento crítico, a cooperación, a creatividade que son fundamentais para resolver os problemas de hoxe”, conclúe.
0 comentarios