Blogia
vgomez

A.I.R-e: ASISTENTE INTELIXENTE DE RECICLAXE

Seguro que máis dunha vez dubidaches a que contedor tirarías un obxecto para reciclar. Por exemplo, unha caixa de madeira das que compramos con fresas.

Para solucionar este tipo de dúbidas e tendo en conta o cada vez maior compromiso dos cidadáns, Ecoembes lanzou hai seis meses o primeiro asistente intelixente de reciclaxe (A.I.R-e). Desenvolto no centro de innovación en economía circular  TheCircularLab, situado en Logroño, este  chatbot (un robot que simula unha conversación dunha persoa) axuda a reciclar de maneira correcta. 

A.I. R-E está dispoñible en Apple Store e en Google Play. Tamén se pode usar en Facebook Messenger, en Twitter, a través de Alexa (o asistente virtual de Amazon) ou como é o noso caso peremendo AQUÍ (na web de Ecoembes).

Xa non tes escusa!

FONTE: ecoembes.com/es

0 comentarios