EUROVISIÓN 2019
Onte celebrouse no recinto da Expo Tel Aviv desta cidade israelí o LXIV Festival de Eurovisión. A intimista balada Arcade, interpretada por Duncan Laurence cunha sobria posta en escea, deu a vitoria a Holanda, que acadou 492 puntos.
En segundo lugar quedou Italia con 465, coa canción Soldi e Alessandro Mahmood.
O español Miki Nuñez (Tarrasa, 1996) entoando a pachangueira A venda coma se fose a última actuación da súa vida, nun decorado que facía unha chiscadela ás historietas de 13 Rue do Percebe, non pasou do posto 22 con 60 puntos.
É o que hai!
0 comentarios