Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR: FRÍO

HUMOR: FRÍO

A viñeta de Aguilera, que hoxe publica o xornal Faro de Vigo, fai referencia a onda de frío que estamos a sufrir. Proba delo é que na pasada noite en A Guarda estivemos a -2 ºC, unha temperatura non frecuente ao lado do mar.

Non me estraña que ata os bonecos de neve teñan que quentarse!

HUMOR: PARO 2009

HUMOR: PARO 2009

A viñeta de Forges (El Pais 05/01/2010) fai refrencia ao gran problema que ten o noso país: O PARO. Hoxe déronse a coñecer eses datos: 3.923.603 parados.

España pecha o 2009 con 749.640 parados máis que hai un ano (un 25,4%). No último mes do 2009 ingresaron na lista 54.657 (Datos do Ministerio de Traballo e Inmigración).

Non me estraña que esta noite, Noite de Reis, dos 3 reis que normalmente fan o traballo só quede 1 en activo, tal como alude a viñeta.

Que ano 2010 nos espera!

 

2010 : AIDB

2010 : AIDB

Bolboreta Monarca (Danaus plexippus) en perigo de extinción / ANABAM 

Sobre ela faremos no 2º Trimestre una exposición no IES "A Sangriña", organizada pola A21EG

As Nacións Unidas declarou este ano, que agora comenzamos, como ANO INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA (AIDB), para que tomemos conciencia da preocupante situación na que se atopa o noso planeta. Para os expertos, entre 10.000 e 50.000 especies desaparecen cada ano, incluso algunhas antes de ser catalogadas.

Durante este ano, organizanse conferencias, exposicións (mesmo o noso IES terá unha no 2º trimestre do actual curso) e actividades para intentar sensibilizar á poboación sobre a importancia desta variedade de vida que hai na Terra, que favorece o benestar dos humanos e as consecuencias da súa desaparición.

Non olvidemos que a biodiversidade é a póliza de seguros para a supervivencia da nosa especie, por eso temos que protexela.

FELIZ ANO 2010

FELIZ ANO 2010

 

Os mellores desexos para o ano 2010

VICTOR

 

O GALEGO NO ENSINO

O GALEGO NO ENSINO

O goberno galego acaba de facer público o documento "Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia", iniciando agora unha fase de consulta e que entrará en vigor en todo o ensino non universitaria a partir do próximo curso.

Salvo modificacións, a partir do próximo curso os pais elixirán cada ano, mediante a preinscrición de matrícula, o idioma no que queren escolarizar aos seus fillos na etapa de infantil, en función de cal sexa a lingua materna. Esta decisión será vinculante e utilizarase o idioma que salga por maioría. En primaria, secundaria e bacharelato o borrador establece que se impartirá un terzo das horas lectivas en castelán, outro terzo en galego e outro en inglés, preferentemente. Unha das principais novidades é que os pais decidirán ata en que lingua daranse algunhas materias. En concreto, a súa decisión será vinculante en Coñecemento do Medio e en Matemáticas . Cada catro anos farase unha consulta entre os proxenitores na que se decidirá cal delas dar en castelán e cal en galego (en primaria), ou ata se queren as dúas en galego ou as dúas en castelán (en secundaria).

Como vedes moitas novidades que merece a pena ler polo miúdo, por eso  podes facelo pinchando en BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA  

Queda moito ata que saia o decreto, haberá un gran debate e seguro que opinións contrapostas. Humildemente penso que é interasante a potenciación das linguas estranxeiras, pero vexo que a nosa lingua, o galego, sae prexudicada. Cando a política mete os fuciños no campo da educación con maiúsculas estraga todo. Alá quedan aqueles tempos de grandes acordos (de todos os partidos de Galicia) onde tiña unha paridade do 50% con respecto ao outro idioma oficial, o castelán.

Vermos en que remata esto!

HUMOR: CUMIO DE COPENHAGE

HUMOR: CUMIO DE COPENHAGE

Esta viñeta de Luis Davila (Faro de Vigo 28/12/09) céntrase no fracaso do último Cumio sobre o Clima celebrado en Copenhage. Fracaso sen paliativos, pois o único que se conseguíu foi un acordo de mínimos, comprometéndose a completar o traballo para  poder chegar a un novo pacto global en novembro de 2010 en México.

Non puido pasar nada peor, despois de dúas semanas de Cumio: unha patada á pelota e que rode ata o próximo ano. Agora, cada país é libre de adoptar ou non ese acordo sobre obxectivos de protección climática.

Seguen sen tomarse en serio o futuro do noso planeta. Cando queiran pór remedio será moi tarde. Como se conclúe na viñeta: foi unha inocentada ás esperanzas postas nese Cumio!

 

TERREMOTO NA COSTA PORTUGUESA

TERREMOTO NA COSTA PORTUGUESA

Leyenda    Último terremoto Último terremoto   (Instituto Xeográfico Nacional)

Un terremoto, que se notou sobre as 2:27 horas, con epicentro na costa atlántica de Portugal (a 58 km de profundidade) e a uns 100 km ao sur do Cabo de San Vicente, acadou unha magnitude de 6,2 graos na escala de Richter (tamén coñecida como escala de magnitude local (ML), que é unha escala logarítmica arbitraria que asigna  un número para cuantificar o efecto do terremoto. Chámase así na honra do sismólogo americano Charles Richter /1900-1985/)

Aínda que se sentíu con forza na costa andaluza, tamén houbo persoas que o notaron por uns instantes na nosa comunidade. Parece ser que non houbo danos.

O maior terremoto que púido ser medido foi o da cidade de Valdivia (Chile) no ano 1960, que acadou 9,6 graos.

 

CINE: AVATAR

 

Na próxima semana estréase a última película do director James Cameron (que xa dirixira outras películas coñecidas como The Terminator, Titanic, The Abyss, etc): AVATAR.

Cunha duración de 156 minutos e cun presuposto de 500 millóns de dólares, a película conta a historia dun veterano de guerra, ferido en combate, que queda parapléxico. Seleccionado para o programa avatar (que lle permitiria volver camiñar) é transladado a unha lúa, chamada Pandora, dun paneta recentemente descuberto chamado Polythemis. Pandora está habitada polos Na’vi, unha raza humanoide coa súa propia lingua e cultura, coa que  a raza humana se atopa en guerra. Os humanos queren ese lugar pois alberga grandes riquezas, tesouros e recursos, polo  que a mente do protagonista e doutros soldados é transladada aos corpos  duns Na´vi creados xenéticamente (avatares) para aís poder infiltrarse nas liñas enimigas. Co tempo o protagonista, que se chama Jake, namórase dunha femia Na´vis, Neytiri, sendo aceptado no clan, tendo que tomar partido na guerra épica entre os humanos e Na´vi, que decidirá o futuro do mundo enteiro. 

En resumo, unha aventura épica creada cunha nova xeración de efectos especiais que nos leva a un espectacular novo mundo máis alá da nosa imaxinación

Que disfrutedes dela!