Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

ANTES DE COLGAR A TÚA IMAXE EN INTERNET ... PÉNSAO!

 

No curso pasado no noso centro, ao igual que en moitos máis, tivemos algún que outro problema por colgar imaxes en internet non desexadas. Lamentablemente e con moita facilidade, cada día son máis os rapaces e rapazas que, nas denominadas redes sociais, colgan e intercambian fotografías, fundamentalmente, aínda que tamén comentarios e outros contidos. Hoxe  existen multitude de programas para acceder a eses contidos sen ter que ter o visto e prace do titular, pero na maioría dos casos son os mesmos amigos-as os que poden manimupular esas fotografías ou contidos, pois forman parte do grupo.

Daquela, refírome ao curso pasado, viñeran especialistas da Garda Civil, para alertarnos deses perigos e incluso advertirnos que podiamos caer nalgún delito. Pero seguimos nas mesmas, non somos conscientes no que nos movemos. Internet é algo fantástico, pero tamén é un mundo escuro onde hai xente desamprensiva.

Este vídeo forma parte dunha campaña patrocinada polo Defensor do Menor, Telefónica e a Obra Social Caixa Madrid,  para fomentar a responsabilidade dos adolescentes ao colgar imaxes na rede.

Para a póxima pénsao!

HUMOR: A MATA DO PORCO

HUMOR: A MATA DO PORCO

Viñeta sobre a mata do porco de Luis Davila (Faro de Vigo 08/12/2009)

Nesta pasada ponte, moitos porcos ou marraus caeron na tradicional "mata", aínda que o tempo non acompañase moito para estas faenas.

O porco, é un animal mamífero tipicamente doméstico (Sus scrofa domesticus),que é a base da alimentación no rural. Do sabor da carne xa o di o refran: Das aves a perdiz, pero mellor a codorniz,... pero se o porco voara, non había ave que lle gañara.

Codorniz ou paspallás.

DÍA INTERNACIONAL NA LOITA CONTRA A SIDA

 

Hoxe, 1 de decembro, celébrase o Día Internacional contra a SIDA. Cada ano, adícase este día a dar a coñecer os avances contra esta epidemia mundial de SIDA causada por extensión da infección do VIH. Elexíuse este día porque o 1 de decembro foi diagnosticado o primeiro caso, concretamente o 1 de decembro de 1981.

Para loitar a mellor arma é a información. Infórmate!  Aquí podes tela. Preme SIDA

 

HUMOR: SOS

HUMOR: SOS

 

Viñeta de Ramón, do xornal "El Pais" (29/11/2009), onde se parodia coa realidade desa chamada de socorro que fai no noso planeta ante o cambio climático e as subidas de temperatura, o que fai que os científicos pronostiquen que o Ártico fundirase por primeira vez en 15 millóns de anos.

Algo está pasando e hai que poñer remedio antes de que vaia a peor. Somos os responsables e temos tamén a solución. Actuar xa!

CINE: O NÚMERO 9

CINE: O NÚMERO 9

 

O día 1 de xaneiro de 2010, en plenas vacacións de Nadal, estrearase a película "Número 9", do director Shane Acker. Película de animación, ciencia ficción, fantasía e aventura,  producida no ano 2008.

A historia transcurre nun futuro moi próximo. O invento coñecido como a Gran Máquina activa que aporta enerxía ás máquinas, levántanse contra raza humana, causando moitas baixas na poboación, antes de empezar a apagarse. O mundo pronto quedará destruído, pero un grupo de pequenos seres intenta salvar o pouco que queda da civilización. Está composto por nove criaturas ás que un científico infundíu vida pouco antes da catástrofe. Entre o grupo, o Número 9, demostra ter madeira de líder e cualidades que posiblemente lles axuden a sobrevivir e incluso a prosperar. Os demais membros do grupo son  o Número1 , un veterano da guerra, de carácter dominante e líder do grupo ata a data; o Número 2, un xeneroso e agora fráxil inventor; o Número 3 e o Número 4, xemelgos dunha gran erudición que se comunican sen palabras e sobre todo entre sí; o Número 5, un inquebrantable inxenieiro; o Número 6, un artista errático atormentado polas visións; o Número 7, unha valente guerreira autosuficiente, e o Número 8, o musculoso e non moi listo gardacostas do Número 1. Cun  grupo tan reducido, deben facer acopio dunha forza desproporcionada ao seu tamaño para enganar e loitar contra as máquinas que aínda funcionan, sobre todo unha que é unha besta mecanizada. Nas brétemas que preceden ao amencer, o Número 9 debe reagrupar e animar aos seus para facer fronte común ao perigo inminente.

Seguro que merece a pena ir a Vigo vela, un día de chuvia, nas vacacións.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Este día foi escollidocomo en conmemoración do brutal asasinato en 1960 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por oden do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961).

Celébrase dende 1981 e foi acordado o 17 de decembro de 1999 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, a través da resoluvión 54/134.

Un día para sensibilizarnos desta problemática da violencia contra a muller. Este vídeo pretende facer ese chamamento.

HUMOR: A IMAXE DO DÍA

HUMOR: A IMAXE DO DÍA

É a noticia do día: A liberación do Alakrana. A viñeta que hoxe publica "Faro de Vigo" de  Luis Davila recolle moi ben o final deste suceso. Non precisa ningún comentario, sobran as palabras.

HUMOR: AUGA NA LÚA

HUMOR: AUGA NA LÚA

Viñeta de Javier Aguilera (Faro de Vigo 16/11/09) na que se fai refrencia ao artigo anterior que hoxe publico, sobre a confirmación de auga na Lúa.