CINE: O NÚMERO 9
O día 1 de xaneiro de 2010, en plenas vacacións de Nadal, estrearase a película "Número 9", do director Shane Acker. Película de animación, ciencia ficción, fantasía e aventura, producida no ano 2008.
A historia transcurre nun futuro moi próximo. O invento coñecido como a Gran Máquina activa que aporta enerxía ás máquinas, levántanse contra raza humana, causando moitas baixas na poboación, antes de empezar a apagarse. O mundo pronto quedará destruído, pero un grupo de pequenos seres intenta salvar o pouco que queda da civilización. Está composto por nove criaturas ás que un científico infundíu vida pouco antes da catástrofe. Entre o grupo, o Número 9, demostra ter madeira de líder e cualidades que posiblemente lles axuden a sobrevivir e incluso a prosperar. Os demais membros do grupo son o Número1 , un veterano da guerra, de carácter dominante e líder do grupo ata a data; o Número 2, un xeneroso e agora fráxil inventor; o Número 3 e o Número 4, xemelgos dunha gran erudición que se comunican sen palabras e sobre todo entre sí; o Número 5, un inquebrantable inxenieiro; o Número 6, un artista errático atormentado polas visións; o Número 7, unha valente guerreira autosuficiente, e o Número 8, o musculoso e non moi listo gardacostas do Número 1. Cun grupo tan reducido, deben facer acopio dunha forza desproporcionada ao seu tamaño para enganar e loitar contra as máquinas que aínda funcionan, sobre todo unha que é unha besta mecanizada. Nas brétemas que preceden ao amencer, o Número 9 debe reagrupar e animar aos seus para facer fronte común ao perigo inminente.
Seguro que merece a pena ir a Vigo vela, un día de chuvia, nas vacacións.
0 comentarios