Blogia
vgomez

PODE CAERCHE MAL O TEU PROPIO FILLO?

O papel aguántao todo, pero a práctica é moi diferente. Para a psicóloga Sara Tarrés, a crianza ten asperezas que só se aprecian unha vez que se exerce. Ata ese momento o discurso que impera está enmascarado de expectativas e ilusións sobre quen seremos como proxenitores e como deberían de ser os nosos fillos. Ante ese caldo de cultivo, a realidade imponse e destapa un tema tabú: Pode caerche mal o teu propio fillo? A súa resposta é clara: “Ocorre e dáse con moita máis frecuencia da que nos cremos, pero fálase pouco diso porque temos medo a expresalo porque se nos xulga”.

Unha das claves para chegar á orixe destes sentimentos é coñecerse, cuestionarse e comunicarse desde o amor para non ir en piloto automático e facer unha xestión emocional máis natural, liviá e realista: “Unha cousa é sentir a emoción e outra cousa é que facemos con esta emoción. Imos sentir, escoitar, mirar máis aló das palabras e conectar coa nosa esencia sen xuízos nin comparacións”, engade. Só así se é referente.

Sara Tarrés é psicóloga especializada en Psicopatología Infantoxuvenil, membro do Grupo de Traballo en Intelixencia Emocional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Catalunya desde 2018. Ademais de asesora e directora en sesións de reeducación para pais, mestres e profesores. Desde 2012 divulga contidos sobre psicoloxía, crianza e educación no seu blog Mamá Psicóloga Infantil, e é autora dos libros O meu fillo cáeme mal e As miñas emocións ao descuberto.

0 comentarios