LENDA: ATENAS
Estando a Terra nun principio cuberta de auga e xurdindo a luz por primeira vez, Atenea e Poseidón profiaban en fundar unha cidade cos seus propios nomes. Entón Zeus quixo acabar coa deboura e díxolles que quen de ámbolos dous lle dese á cidade o ben máis prezado sería o dono dela. Así, Poseidón enfeitouna con peiraos e fondeadoiros; mentres, Atenea fixo abrollar na acróplole unha vizosa oliveira chea de froitos, que cinguíu ademais nunha coroa, e cando a viron todos, conseguíu a victoria e chamaron á cidade polo seu nome : Atenas. Poseidón, derrotado, arredouse aos seus dominios.
Poseidón: Na mitoloxía grega era o deus do mar e dos terremotos. Atenea: Na mitoloxía grega era a deusa sa dabiduría, da estratexia e da guerra xusta. Zeus: Na mitoloxía grega era o rei dos deuses do Olimpo, deus do ceo e do trono. Atenas: Capital de Grecia.
0 comentarios