TERREMOTO NA COSTA PORTUGUESA
Último terremoto (Instituto Xeográfico Nacional)
Un terremoto, que se notou sobre as 2:27 horas, con epicentro na costa atlántica de Portugal (a 58 km de profundidade) e a uns 100 km ao sur do Cabo de San Vicente, acadou unha magnitude de 6,2 graos na escala de Richter (tamén coñecida como escala de magnitude local (ML), que é unha escala logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar o efecto do terremoto. Chámase así na honra do sismólogo americano Charles Richter /1900-1985/)
Aínda que se sentíu con forza na costa andaluza, tamén houbo persoas que o notaron por uns instantes na nosa comunidade. Parece ser que non houbo danos.
O maior terremoto que púido ser medido foi o da cidade de Valdivia (Chile) no ano 1960, que acadou 9,6 graos.
0 comentarios