PISA 2018: ESPAÑA/GALICIA
O diagnóstico que fai a OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) de España nas probas PISA 2018 (Programa internacional de avaliación do alumnado, que miden as competencias dos alumnos de 15 anos en ciencias, matemáticas e comprensión lectora), que se fixeron públicas este martes, é claro: “Non se puido establecer ningunha mellora ou declive significativo en ningunha das materias”. España sitúase na metade da clasificación, entre os 13 países de 79 que non experimentaron cambios relevantes.
En matemáticas, a media foi de 481 puntos, cinco menos que na última edición de 2015, cando se alcanzou o mellor resultado da serie histórica. En ciencias, os alumnos españois obtiveron os peores resultados desde que arrincou a proba no ano 2000, con 483 puntos de media (13 puntos menos que en 2013). En ambas as disciplinas, a media dos países da OCDE é de 489 puntos.
A pequena escala, a análise é distinto. A media de España en Matemáticas é de 481 e en Ciencias, de 483. Galicia sempre estivo por encima no ranking, aínda que nesta ocasión é especialmente rechamante a diferenza: 17 puntos en Matemáticas e 27 en Ciencias.
Galicia ocupa en Ciencias 1º posición, en matemáticas o 4º (5º se temos en conta o empate no 3º posto entre Cantabria e o País Vasco).
No apartado de Lectura aprazouse a publicación dos resultados españois nacionais e rexionais porque viu «anomalías» na forma de realizar a avaliación internacional que analiza o desempeño escolar dos alumnos de 15 anos en máis dunha trintena de países.
É o que hai!
0 comentarios