DOCUMENTAL: GOLFIÑOS E BALEAS
Hoxe estréase en Madrid e Barcelona (esperemos que pronto chegue a Galicia) o documental "Delfines y ballenas 3D: Tribus del océano" de Jean-Jacques Mantello.
Presentada por Jean-Michel Cousteau e narrada por Daryl Hannah, a película-documental lévanos a unha viaxe polo fondo do mar, onde viven unha grande variedade de peixes e mamíferos. Cunha duración de 42 minutos, pásase revista a máis de 11 variedades destas especies cetáceas con detalle. A película é o resultado de 3 anos de traballo, 12 expedicións internacionais, 600 horas baixo o océano.
Segundo palabras do director " O noso obxectivo é mostrar a beleza do océano para que a xente tome conciencia da importancia de protexelo"
Temos unha cita con esta película-documental que non debemos deixar pasar.
Se queres coñecer máis sobre os protagonistas da película (golfiños e baleas) pincha en GOLFIÑOS E BALEAS:GUÍA DIDÁCTICA
0 comentarios