ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (XVIII)
No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.
Seguimos coa lista. Onte falamos dos Monos narigudos. Hoxe tócalle o turno aos...
18. Tigres
Estado: en perigo.
Nos últimos 100 anos, a poboación mundial de tigres reduciuse nun 97%, e tres dos seus nove subespecies extinguíronse. En 2010, as nacións na que aínda habitan os tigres fixeron un pacto innovador para duplicar a poboación mundial de tigres para o ano 2022. Comprometéronse a protexer o hábitat natural e combater o comercio internacional ilegal ao redor desta especie, centrándose na demanda de viño tigre e varias medicinas tradicionais. A mediados do desenvolvemento da iniciativa, en abril de 2016, anunciouse un aumento mundial de tigres por primeira vez na historia: India, Rusia, Nepal e Bhután informaron sobre melloras significativas. Desafortunadamente, as cifras seguen diminuíndo en todo o sueste asiático, salvando o caso dun santuario no oeste de Tailandia. Doutra banda Cambodia declarou extintos aos tigres a nivel nacional, o tigre do sur de China case desapareceu e o tigre de Sumatra, o último de Indonesia, tamén está en perigo crítico. O seu futuro segue sendo incerto, pero o desexo de protexer á nosa megafauna máis carismática claramente segue vivo.
Continuará…
FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es
0 comentarios