Blogia
vgomez

PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2026: BIOLOXÍA E BIOMEDICINA

Á dereita, o xenetista francés Michel Sadelain; á esquerda, o inmunólogo estadounidense Carl June / Fundación BBVA/Universidad de Pensilvania

O inmunólogo e oncólogo estadounidense Carl June e o xenetista francés Michel Sadelain, acaban de ser galardoados este mércores co premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría de bioloxía e biomedicina, inventores dos tratamentos de inmunoterapia nas chamadas células CAR-T, quesalváronlle a vida a decenas de miles de persoas con distintos tipos de cancro de sangue, como a leucemia.

Este tratamento consiste en extraer sangue dos enfermos, capturar os seus glóbulos brancos e redeseñalos no laboratorio mediante enxeñería xenética para que sexan capaces de recoñecer e destruír selectivamente as células cancerosas. 

De acordo con o xurado, o método “está a desenvolverse tamén para o tratamento de tumores sólidos”, como o cancro de mama, próstata, colon e páncreas. Pero tamén se ten previsto que poida contribuír a combater enfermidades autoinmunes como o lupus, e mesmo enfermidades infecciosas.

Parabéns!

FONTE: Selva Vargas Reátegui/elpais.com

0 comentarios