Blogia
vgomez

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA X

En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Remato co apartado adicado aos artrópodos, cos dous últimos dos catro en perigo.

Gomphus graslini (Gomphus graslini) /Adolfo Cordero Rivera/Ministerio para la Transición Ecológica e Macromia splendens (Macromia splendens) / Adolfo Cordero Rivera/Ministerio para la Transición Ecológica

19. Gomphus graslini (Gomphus graslini)

En Galicia só consta unha poboación desta libélula na provincia de Ourense, sen que se saiba o número de individuos que a compoñen. Segundo Patrimonio Natural, adoita estar asoaciada a augas máis lentas en leitos con marxes sombreadas pola vexetación. As ameazas ao seu hábitat tamén son os seus principais perigos: a contaminación das augas e a variación do réxime hídrico dos ríos.

20. Macromia splendens (Macromia splendens)

De igual modo que a anterior, esta libélula tamén é considerada unha especie rara en Galicia e conta con poboacións illadas. Só se ten constancia de nove en todo o territorio galego, asociadas tamén a tramos lentos con vexetación acuática de ríos anchos e relativamente profundos. Debido á dificultade para detectar individuos adultos, non se coñece con exactitude cantos exemplares conforman cada poboación. De igual modo que a anterior, as alteracións do seu hábitat son as principais ameazas.

Continuará!

FONTE: gciencia.com/medioambiental

0 comentarios