HUMOR MARCIANO
Viñeta de Aguilera (Faro de Vigo 14/06/2008)
Viñeta de Aguilera (Faro de Vigo 14/06/2008)
Galicia, no 2006, emitiu á atmosfera 34,5 millóns de toneladas de dióxido de carbono, de 29.000 millóns atribuíbles ao planeta. A comunidade contribuíu co 0,12% e nos últimos 17 anos incrementou a emisións de gases de efecto invernadoiro un 20%.
Os indicios de cambio climático en Galicia son evidentes, segundo os datos dun informe da Dirección Xeral de desenvolvemento Sostible, que se traducen, por exemplo, en que a temperatura se incrementou case un grao nos últimos 45 anos. En Vigo, o mar subiu quince centímetros en pouco máis de medio século.
A Xunta marcouse o reto de reducir en 12,2 millóns de toneladas, nos próximos catro anos, as emisións de dióxido de carbono nos distintos sectores produtivos, como medida complementaria ao Protocolo de Kioto. é dicir, o equivalente ao consumo enerxético anual de 1.156.000 familias.
A Xunta destina 347 millóns de euros a combater o efecto invernadoiro con medidas de eficiencia enerxética.
¡Imos dando pasos!
Viñeta de Pinto&Chinto, do xornal La Voz de Galicia (04-06-2008) onde se ironiza a problemática do elevado prezo dos alimentos como consecuencia da producción para biocombustibles. Precisamente nestes días estase a tratar en Roma-Italia, por representantes de todo o mundo, esta situación.
Fumando un porro
Cannabis, marihuana, herba, hashish, hash, aceite de hachis son en realidade o mesmo: compostos derivados da planta Cannabis sativa, que se cultiva nas zonas de clima cálido e seco como parte de Ásia, África e as zonas centrais do norte e sur de Ámérica.
Tecnicamente clasifícase como un alucinóxeno menor. Entre os constituíntes activos da planta está o tetrahidocannabinol (THC) responsable de case todos os efectos nocivos desta substancia.
Existe unha crenza de que a marihuana ou calquera dos seus nomes, non ten graves efectos ao longo prazo na saúde. O máis probable é que nun consumo baixo non sexa moi neurotóxico, pola contra os grandes fumadores de porros manifestan alteracións estructurais en determinadas rexións cerebrais, así coma síntomas de psicosis.
Outro dos problemas ao longo prazo son os efectos nocivos conta o pulmón, moito maiores que o tabaco, alteracións nos sistemas reproductores masculino e feminino, e dado que o TCH atravesa a a barreira placentaria supón un risco para o embarazo e a lactancia.
¡Estamos falando de cousas moi importantes!
¡PENSAO BEN E DECIDE!
Foto da familiar
Histórico doblete de España no Campionato de Europa Xúnior de Duatlón que se celebrou onte, sábado, na cidade grega de Serres. Óscar Vicente acadaou a medalla de ouro e Mario Mola a de prata.
Clasificación xúnior masculino:
1. Oscar Vicente (ESP) 0:56:01
2. Mario Mola (ESP) 0:56:12
3. Miguel Henriques (POR) 0:56:30
4. Dejan Henigman (SLO) 0:56:35
5. Vid Puceli (SLO) 0:56:36
6. Felix Duchampt (FRA) 0:56:38
7. Thomas Bishop (GBR) 0:56:49
8. Martin Hubacek (SVK) 0:57:00
9. Mickael Schwitzgabel (FRA) 0:57:15
10. Albert Moreno (ESP) 0:57:34
A carreira tiña un percorrido de 5 quilómetros a pé, 20 de ciclismo e os 2,5 finais de nova en carreira a pé.
Oscar, é un mozo rosaleiro (1990), que adestra no Centro de Tecnificación de Pontevedra e conxuga o deporte co 2º de bacharelato que cursou este ano.
O triatleta pontevedrés, un dos máis prometedores actualmente do panorama nacional, demostra a súa progresión con este resultado.
¡Moitas felicidades!
Non hai moitos días rematei de ler un libro, recomendado perviamente á miña dona, titulado "O neno co pixama de raias".
O seu autor é John Boyne, un irlándés nacido en Dublín no ano 1971. Aínda que xa ten catro novelas no mercado, esta última acadou unha grande sona, incluso estase a perparar unha versión cinematográfica.
A temática desta obra é moi recurrente na época que andamos sobre o doloroso holocausto padecido polos xudeos. Pareceume moi interesnate a visión da temática pois, a diferencia doutras sobre este tema que contan feitos de xente maior, neste caso é dende o punto de vista dun neno de 9 anos chamado Bruno. Non pensedes que este neno é xudeo, todo o contrario, é o fillo dun comandante nazi do campo de concentración de Auschwitz, que pasa de vivir na gran cidade a este lugar cheo de alambradas e onde todos levan pixamas de raias. Entre eles hai nenos e coñece a un e ... Non seguirei pois tedes que lelo.
Un libro fácil de ler e que eu recoméndovos.
O sindicato CC OO e a edicición española da revista World Watchel no seu último informe sobre a evolución das emisións de CO2 , poñen de manifesto que no último ano (2007) as emisións dos gases de efecto invernadoiro volveron medrar con respecto ao ano 2006, concretamente un 1,8%, o que confirma un afastamento de España dos obxectivos que asumíu ao firmar a adhesión ao Protocolo de kioto na loita contra o cambio climático.
O mesmo informe indica que as cantidades de CO2 liberadas a atmosfera medradron un 52,3% con respecto ao ano 1990, ano no que se firmou o Protocolo de kioto (non firmado nese momento por España), no que se establecía como límite para ese incremento o 15%.
¡Moito queda por facer! O peor de todo é que aínda non somos conscientes da situación real.
Se queres coñecer polo miúdo este informe pincha en INFORME
Este ano, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 5/02/1915 - Vigo, 2/03/1985), escritor, arqueólogo, investigador e editor galeguista.
Como recolle a Real Academia Galega, "foi o exemplo perfecto do que antes se chamaba un polígrafo", que cultivou "a historia xeral e local, a arqueoloxía e a literatura".
Álvarez Blázquez contribuíu á conformación do canon literario galego, nas súas dúas facetas de divulgador e de descubridor de textos, e foi editor literario: fundou a Editorial Monterrey e Edicións Castrelos.
Se queres profundizar sobre o homenaxeado pincha en VIDA E OBRA