Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

ATA SEMPRE, XOSE CARLOS

ATA SEMPRE, XOSE CARLOS

Xosé Carlos Gómez Alfaro, finou onte día 14 de maio. A súa morte foi fulminante e aos que o coñeciamos tamén nos fulminou a notica. Nacera no ano 1949, é dicir que tiña 59 anos. Veciño do mesmo edificio, compañeiro de profesión, temos o mesmo apelido por razóns de parentesco moi lonxano da comarca do Ribeiro de Ourense, etc.

Teño nas miñas mans unha dedicatoria que me firmou no seu libro: "As badaladas da lembranza" : Para Víctor Gómez, coa miña amizade. Con eso quero quedarme. Xa non facer nada por ti, pero aquí estou para o que os teus  precisen de min.

Ata sempre, Xose Carlos.

HUMOR: ¡DE PENA ...!

HUMOR: ¡DE PENA ...!

AGUILERA (Faro de Vigo 11-05-2008)

¡De pena ...! Esá é a sensación que teño cando escoito, repetidamente en todos os medios de comunicación, o bochornoso tema que representara a España no próximo feltival de Eurovisión. Nunca fun moi seguidor destes eventos, pero deste xeito non se consiguen adeptos. A pregunta que todo o mundo se esta a facer é a seguinte: ¿E gañará?, pois os epañois somos unhos quixotes, pensamos que somos favotitos en todo, e senón pensade na próxima Eurocopa. No caso de que así fora, pois entón: ¡Apaga e marchamos!

FOLGA NO IES

FOLGA NO IES

Preto de 4.000 manifestantes, segundo datos da CIG, percorreron hoxe Santiago de Compostela en protesta ante o borrador de Decreto de bacharelato proposto pola Xunta, que reduce unha hora de cada unha das materias de Educación Física, Filosofía e Historia.

A folga foi seguida por profesores afectados do noso IES. O noso apoio por unha causa xusta.

PETRÓLEO: HUMOR

PETRÓLEO: HUMOR

Faro de Vigo (25/04/2008)

O petróleo, rocha sedimentario de orixe orgánica, combustible fósil, acada máximos históricos. A verdade é que está a provocar unha crise económica que o convirte nun luxo que case precisa de papel de regalo para envolvelo.

UNHA LECCIÓN DE HISTORIA MOI... INTERESANTE E CON MOITAS... COINCIDÉNCIAS

UNHA LECCIÓN DE HISTORIA MOI... INTERESANTE E CON MOITAS... COINCIDÉNCIAS

Abraham Lincoln

John F. Kennedy

Elexido ao Congreso en 1846.

Elexido ao Congreso en 1946.

Foi elexido Presidente en 1860.

Elexido Presidente en 1960

Os dous estivieron moi interesados en mellorar os dereitos civís.

As mulleres de ámbolos dous perderon fillos cando aínda estaban na Casa Branca.

Os dous Presidentes foron asasinados en venres. Aos dous disparáronlle á cabeza.

Aquí é onde se pon un pouco misteriosa a cousa

A secretaria de Lincoln era de apelido Kennedy

A secretaria de Kennedy era de apelido Lincoln

Os dous foron asasinados por sureños, e ámbolos dous foron reemplazados por sureños co mesmo apelido: Johnson.

Andrew Johnson,que reemplazou a Lincoln, naceu en 1808.

Lyndon Johnson,que reemplazou a Kennedy, naceu en 1908

John Wilkes Booth, o asasino de Lincoln, naceu en 1839.

Lee Harvey Oswald, o asasino de Kennedy, naceu en 1939

Ámbolos dous asasinos usaban e se lles coñecía polos seus 3 nomes, algo non moi practicado na cultura norteamericana.

A suma das letras de ámbolos nomes dan o mesmo número: 15.

Agora é cando debes agarrarte ben da túa cadeira

A Lincoln disparáronlle nun teatro chamado “Ford”

A Kennedy disparáronlle nun coche “Lincoln”, feito pola compañía “Ford”

Booth e Oswald foron asasinados antes de ir a xuízo..

E para rematar de facelo máis misterioso

Unha semana antes que o mataran, Lincoln estivo en Monroe, Maryland.

Unha semana antes que o mataran, Kennedy estivo con Marilyn Monroe.

¿Non se che poñen os pelos de punta? ¡Non é para menos!

BACHARELATO: 1 HORA MENOS DE E. FÍSICA

A Consellería de Educacións ten enriba da mesa un borrador de modificación horaria dos estudios de bacharetato. Unnha polémica xurdíu coa reducción horaria na materia de E. Física entre outras.

Reprodúcese o artigo de María Cedrón do xornal La Voz de galicia sobre este tema:

Galicia parece querer desmarcarse das últimas directrices recomendadas pola UE en materia deportiva. O documento elaborado en outubro do pasado ano polo Parlamento Europeo sobre a función desa materia na educación insta aos Estados membros «a que fagan obrigatoria a Educación Física en primaria e secundaria e a aceptar o principio de que o horario debería garantir polo menos tres clases desa materia por semana, aínda que tería que animarse ás escolas a superar ese obxectivo mínimo». Pero o borrador de decreto de bacharelato que agora debate o Consello Escolar de Galicia para a súa aplicación o curso 2008-2009 reduce en dous terzos esa recomendación mínima europea ao establecer unicamente unha hora de ximnasia semanal en primeiro curso e ningunha en segundo.

Frear a obesidade

Aínda que o requirimento de Bruxelas non é vinculante, a tendencia en Europa é a acatalo e, ata, a facer un esforzo por ampliar as horas nas que se fomenta a actividade deportiva.

O obxectivo, tal e como explica o informe do Parlamento Europeo, é frear o aumento da obesidade que existe en Europa e instaurar hábitos de vida saudables. Neste sentido, o documento recorda tamén que «España, Portugal e Italia informan de niveis de sobrepeso e obesidade que superan o 30% en persoas con idades comprendidas entre os sete e os once anos».

Ao mesmo tempo, incide en que os escolares están «en peor forma física que as xeracións dos anos setenta e oitenta». A causa, apunta o informe, «non é que os nenos coman máis, é que se moven menos». Pero aínda vai máis aló ao recordar que na UE estímase que o 7% dos gastos de saúde teñen como responsable á obesidade, fonte tamén de enfermidades cardiovasculares.

A advertencia europea fixo que moitos países comecen a traballar nos seus programas de fomento do deporte no aula. O Reino Unido, un dos Estados membros con maior índice de obesidade, ofrece aos adolescentes que cursan estudos equivalentes ao bacharelato un total de catro horas semanais de ximnasia ou a práctica dalgún deporte, tal e como explicaron fontes do departamento de Educación británico.

Algo semellante ocorre en Francia, onde o mínimo son tres horas semanais. Estas complétanse logo coa realización de ligas intercentros de distintas especialidades deportivas. Para iso resérvanse os mércores pola tarde.

Pero tamén hai Estados que, por agora, incumpren a recomendación europea. Italia ou Portugal estipulan dúas horas semanais, un horario equivalente ao actual en Galicia e que quedaría minguado a unha hora en primeiro coa reforma que pretende efectuar a Consellería de Educación.

Este cambio quere levalo a cabo o País Vasco, unha comunidade na que tamén se abriu a polémica ao redor da redución horaria.

Currículo

A capacidade de manobra das comunidades históricas para elaborar os currículos escolares nun 45% é o que lles permite xogar, neste caso coa Educación Física, para poder adecuar as novas materias establecidas polo Ministerio de Educación dentro dos seus programas.

Pero tanto profesores como médicos endocrinos coinciden en que a fórmula está equivocada. O catedrático e xefe de servizo de Endocrinoloxía do Hospital Clínico, en Santiago, Felipe Casanueva, xa advertiu nunha entrevista realizada este mes que a redución do tempo dedicado no aula a esa materia é «un desastre». Ata puntualizou que quen fai exercicio asimila mellor o coñecemento.

¡ASÍ NON IMOS A NINGURES!

¡ASÍ NON IMOS A NINGURES!

O cambio climático é un feito irrefutable, pero parece hai "personaxes" que non o teñen claro aínda  e non posibilitan acordos e políticas para afrontar xa esa realidade. Estoume referindo ao actual presidente dos EEUU o señor George W. Bush.

Agora  Bush propón  que EEUU no reduza as súas emisións de CO2 ata o 2025, asegurando que o aumento das emisións sufrirá recortes de forma progresiva e sinala que a loita contra o cambio climático non debe prexudicar á economía.

Por sorte pouco lle queda e parece que os tres aspirantes a sucedelo (John McCain, Hillary Clinton e Barack Obama) fixeron propostas climáticas máis ambiciosas , que por exemplo inclúen un sistema de intercambio de cuotas de emisións similar ás da Unión Europea.

¡Así non imos a ningures!

OS BIOCOMBUSTIBLES, UN CRIME CONTRA A HUMANIDADE

Reprodúcese o artigo de de Natalia Bore publicado hoxe no xornal La Voz de Galicia polo seu interés.

Os biocombustibles son «un crime contra a humanidade», segundo a ONU. A Unión Europea suprimirá as subvencións para os cultivos destinados a producir carburantes verdes

Mentres que onte en Brasil comezaban as reunións técnicas preparatorias para a trixésima edición da Conferencia Rexional da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), que mañá será inaugurada oficialmente, alén do océano o relator especial da ONU para o Dereito á Alimentación, o suízo Jean Ziegler, declaraba que a produción masiva de biocombustibles «é un crime contra a humanidade».

A súa afirmación, fundamentada no impacto que o cultivo de cereais para este tipo de carburantes ten nos prezos mundiais dos alimentos, súmase ás voces de alerta que o pasado fin de semana lanzaron outros organismos, como o Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial. Os seus últimos estudos debuxan un terrible futuro no que os elevados prezos traduciranse en cen millóns máis de pobres no mundo, o que ameazará a paz, como ocorreu xa en países como Haití, Exipto, Indonesia, Madagascar, Mauritania ou Filipinas.

Ziegler advertiu que o mundo se encamiña «cara a un período moi longo de disturbios» e conflitos derivados da escaseza de alimentos e da imparable escalada dos seus custos, que será -así como a súa relación cos biocombustibles- un dos asuntos centrais que tratará a Conferencia rexional da FAO para América Latina e o Caribe, que se celebra en Brasília.

Aínda que o uso de cereais para producir biocarburantes non é o único factor que causou o desmesurado encarecemento dos alimentos, si tivo un efecto determinante, pois por primeira vez o consumo humano ten competencia.

Ante esta situación de crise global, o ministro francés de Agricultura, Michel Barnier, propuxo onte en Luxemburgo, no transcurso dunha reunión cos seus homólogos da Unión Europea, a adopción de medidas orientadas a reforzar a agricultura comunitaria e a aumentar a axuda para ese sector nos países máis pobres. «é necesario producir para alimentar», subliñou Barnier, en referencia á competencia do cultivo para biocombustibles.

Pero, a pesar das críticas, a UE, que si suprimirá as subvencións aos cultivos destinados á produción de biocarburantes, non ten previsto modificar nin suspender os seus proxectos baseados nesta fonte de enerxía alternativa.