ATA SEMPRE, XOSE CARLOS

Xosé Carlos Gómez Alfaro, finou onte día 14 de maio. A súa morte foi fulminante e aos que o coñeciamos tamén nos fulminou a notica. Nacera no ano 1949, é dicir que tiña 59 anos. Veciño do mesmo edificio, compañeiro de profesión, temos o mesmo apelido por razóns de parentesco moi lonxano da comarca do Ribeiro de Ourense, etc.
Teño nas miñas mans unha dedicatoria que me firmou no seu libro: "As badaladas da lembranza" : Para Víctor Gómez, coa miña amizade. Con eso quero quedarme. Xa non facer nada por ti, pero aquí estou para o que os teus precisen de min.
Ata sempre, Xose Carlos.
0 comentarios