Blogia
vgomez

A PERFECCIÓN DE SER IMPERFECTO


Cando a xornalista Jessica Grose empezou a publicar artigos sobre maternidade propúxose dous retos: escribir con base científica e conseguir que os seus textos non fixesen sentir peor aos pais que os lesen. Con esta premisa asina unha das columnas sobre crianza máis exitosas do xornal The New York Times, onde alterna estudos, análises e entrevistas a expertos coa súa experiencia como nai de dúas nenas.

"Chorar no coche conta como autocoidado" foi un dos seus artigos máis comentados, porque todo tipo de lectores, pais e non pais, sentiron identificados co desafogo ás agachadas en época de tensión e incerteza. O autocoidado, a intelixencia emocional e os estereotipos ou clichés sobre a maternidade son algúns dos temas recorrentes nos seus textos, que ampliará no seu próximo libro ’All powerful and totally useless: The creation of the ideal American mother’.

"Ás nais diríalles que fosen comprensivas coas súas amigas que tamén son nais. Non sabemos polo que está a pasar, non sabemos que ocorre na súa mente nin no seu fogar. Quizá estea espertando ás tres da mañá con ansiedade polo seu bebé. E en canto a elas mesmas, diríalles que sentirse desgraciadas non é bo nin para elas, nin para as súas familias. Non é unha competición por ver quen sofre máis", conclúe a autora.

0 comentarios