CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XXII
Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tinto. É un pequeno río andaluz pertencente á vertente atlántica da Península Ibérica. A súa lonxitude é de aproximadamente 98 quilómetros. Circunscrito á provincia de Huelva, nace na Serra do Padre Caro, un dos cordais da Serra Morena, a 420 metros de altura, cerca de Nerva. Logo de atravesar as comarcas mineiras da provincia, desemboca entre a cidade de Huelva, na beira dereita, e Palos da Fronteira, na esquerda, onde se lle une o río Odiel, que vén pola dereita, conformando entre ambos os dous a denominada ría de Huelva. O río é coñecido pola cor avermellada das súas augas, de aí o seu nome. A coloración ten a súa orixe na meteorización de minerais que conteñen sulfuros de metais pesados achados nos xacementos ao longo do río. Estes xacementos son depósitos hidrotermais compostos en gran medida por rocas de pirita (sulfuro de ferro II) e calcopirita (disulfuro de ferro e cobre).
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
22. Cal é o único río do mundo que, ademais de ser navegable, desemboca en dous océanos?
- Río San Lorenzo, no océano Atlántico e o Pacífico
- Río Chagres, no océano Atlántico e o Pacífico
- Río Mississipi, no océano Pacífico e Atlántico
- Río Negro, no océano Índico e o Pacífico
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org
0 comentarios