Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

COMENZA O HORARIO DE VERÁN

COMENZA O HORARIO DE VERÁN

O reloxo adiantarase unha hora durante a madrugada do sábado ao domingo.

A medida aplícase en cumprimento da Directiva Comunitaria que rixe o cambio de hora e que afecta a todos os paises membros da Unión Europea.

O cambio de hora empezouse a xeneralizarse a partir de 1974, a consecuencia da primeira crisis do petróleo, cando algúns países decidiron adiantar os reloxos para poder aproveitar a luz do Sol e gastar menos electricidade. Aplícase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos.

Segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o potencial de aforro en iluminación no soso país polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros.

 

HUMOR SOBRE OS RECHEOS NO PORTO DE VIGO

HUMOR SOBRE OS RECHEOS NO PORTO DE VIGO

Viñeta de DAVILA (Faro de Vigo 27-03-2008)

PREVISIÓN DO TEMPO

PREVISIÓN DO TEMPO
Forma cursiosa de previsión do tempo  a parir da condición dunha pedra. ¡A cousa ten moito humor!

¡BOAS VACACIÓNS!

¡BOAS VACACIÓNS!
Espero que pasedes uns días de descanso, que servirán para afrontar o 3º e definitivo trimestre deste curso. É un bo momento para reflexionar sobre o que levas feito e do que tes que facer para conquerir o obxectivo final: APROBAR E PASAR DE CURSO.
¡Espérovos o martes 25!

DESXEO

DESXEO

Desxeo no Ártico (Foto: Notro Films e National Geographic)

O 20% do xeo do Antártico xa desapareceu, debido ao quentamento global. O profesor de Xeoloxía Jerónimo López, membro do Comite Organizador do Ano Polar Internacional, recoñece que as perspectivas para o Áritico non son moi boas e que pode que, nunhas décadas, o xeo desapareza. "Non se pode saber con certeza, pero é o que predicen os modelos se seguimos como ata agora".

As consecuencias serán funestas. López recorda que ao redor do Ártico hai oito países desexando "meter o dente"aos seus recursos naturais. "Alí hai moitos recursos de pesca, petróleo, gas e, tamén, abriríanse novas rutas comerciais de navegación entre o Pacífico e o Atlántico que poden ser moi perigosas".

A mensaxe final que transmite o científico é clara: "O que importa é que a xente entenda que, se non queremos que estes mundos desaparezan, non hai que derrochar como facemos agora".

SEQUÍA

SEQUÍA
Balsa seca onde bebe o gando
A falta de chuvias está propiciando que España vaia sufrir o semestre hidrolóxico (outubro-marzo) máis seco dos últimos setenta anos, segun informa o INM (Instituto Nacional de Meteoroloxía), calificando a situación actual de "seria".
Penso que todos teriamos que ser un chisco máis aforradores, poñendo en marcha o sentido común para evitar o despilfarro.
¡Só sabemos o que é cando nos falta!

HUMOR SOBRE AS PELES DE CAZA

HUMOR SOBRE AS PELES DE CAZA
Faro de Vigo (11/02/2008)

COMENTARIOS SOBRE ESTE BLOG

Parece que hai persoas que non saben ou non queren saber que función ten un blog.
Este blog é algo persoal, non é un blog de ciencias, no que escribo o que consiero oportuno sobre temas que me interesan difundir, sexa do ámbito que sexa, no que as persoas que o lean poden ou non coincidir; neste último caso (non coincidir) teñen a solución de non entrar nel.
Tamén existe a posibilidade de comentar as noticias, os comentario que eu publico, sempre serán ben recibidos, pois eu non teño a verdade absoluta, pero eso si dentro das normas mínimas de educación sen ofender a ninguén. É moi fácil facelo escudándose detrás dunha pantaia de ordenador, sen facelo en persoa e con argumentos.