Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

TEMPO DE ENTROIDO

TEMPO DE ENTROIDO
O entroido (denominada tamén antroido) ou carnaval (como vos o coñecedes), ten procedencia do "Introitum" (entrada á Cuaresma), similar a "Carne Vale" (adeus á carne) que derivaría a "carnaval".
É unha época  de "carne", tomando o sentido literal da palabra. Quere significar, por o mundo ao revés, ruptura coas normas socias e cambio de roles. As características destes días son comer, beber e facer cousas que non se fan habitualmente. Eso si disfrutando todo o posible pero sen pasarse catro pobos.
¡QUE DISFRUTEDES DO ENTROIDO OU DO CARNAVAL!

¡¡¡ SEN PALABRAS!!!

¡¡¡ SEN PALABRAS!!!
EXPLOTACIÓN INFANTIL
Aínda que pareza mentira non apatopo palabras para comentar esta noticia, xa sabida, pero nunca consentida e proporcionada: 200.000 MENORES VÍCTIMAS DA EXPLOTACIÓN INFANTIL EN ESPAÑA.
Cada ano 1,2 millóns de nenos en todo o mundo son víctimas da explotación infatil e deles en España, no noso país, 200.000. ¡Lamentable! ¡E eso que estamos no século XXI! Estes datos foron facilitados pola OSCE (Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa)
Esta mesma organización pensa que só é a punta do do iceberg, xa que hai moitos máis. Estes menores foron obrigados a prostituirse, mendigar e cometer delitos. As nenas obrigadas a prostituirse producen ganancias entre 1000 e 3000 euros semanais. ¿Pero é que esas persoas non teñen fillos e fillas?
Tema preocupante. Se queres ter todos os datos pincha en SAVE THE CHILDREN ESPAÑA

¡¡¡MARCIANO!!!

¡¡¡MARCIANO!!!
Unha instantánea da NASA, captada polo robot explorador "Spirir" nun dos habituais paseos polo planeta vermello, mostra unha pequena rocha de retorcidas formas.
Pois ben, ampliando a imaxe vese... Bueno, sería mellor dicir quere un ver UN MARCIANO.
Como sempre hai veces que temos as cousas diante das narices e non as vemos e outras vemos o que non existe. 

MISIÓN: SALVAR A TERRA (HUMOR)

MISIÓN: SALVAR A TERRA (HUMOR)
O próximo xoves, día 25 de febreiro, é o día ... A TERRA ESTÁ SALVADA ¿Quen son os que conseguirán salvala?
¡¡¡MORTADELO E FILEMÓN!!! Os dous superaxentes da TIA.
Persoalmente é mellor estar en mans deles que de ... (sen comentarios). Pasemos un bo rato e olvidémonos problemas reais.

¡BOAS VACACIÓNS!

¡BOAS VACACIÓNS!
Desde esta humilde páxina, quérovos desexar a todos (alumnos-as, profesores-as, pais-nias e persoal non docente) que pasedes unhas boas vacacións, que recarguedes pilas para volver (lembrade que o martes 8 de xaneiro de 2008 empezamos) e que secumplan todos os vosos soños para ano que vai escomenzar.
 
FELICES FESTAS

E UN PRÓSPERO ANO 2008

HUMOR SOBRE A CUMBRE CLIMÁTICA DE BALI

HUMOR SOBRE A CUMBRE CLIMÁTICA DE BALI
Viñeta de RAMÓN do xornal EL PAIS 17/12/2007

EEUU SÚMASE FINALMENTE Á FOLLA DE RUTA PARA LOGRAR UN NOVO KIOTO EN 2009

EEUU SÚMASE FINALMENTE Á FOLLA DE RUTA PARA LOGRAR UN NOVO KIOTO EN 2009

Por fin ás 14.30 horas de Indonesia (as 8.30 en España) do pasado sábado adoptouse a Folla de Ruta de Bali. Cuado as negociacións parecían estar a punto de romperse, EEUU levantou o seu veto tras quedarse absolutamente só, aprobándose un documento de catro folios que conteñen a axenda e os principios que deben rexir as conversas de aquí ao 2009, para elaborar un novo Protocolo de Kioto que continúe o actual.

Se queres coñecer a noticia polo miúdo pincha en:

EEUU se suma finalmente a la hoja de ruta para lograr un nuevo Kioto en 2009 | elmundo.es

HUMOR SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO II

HUMOR SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO II
O CO2 causante principal do quentamento global, é perseguido ata eliminar.
Viñeta FARO DE VIGO 14/12/2007