Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

HUMOR SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO
Xornal EL PAÍS 11/12/2007

SACRIFICIO DOS PORCOS

SACRIFICIO DOS PORCOS
Desde o pasado sábado, 8 de decembro, sacrificar os procos a cuchilo é obxecto de sancións ata de 600 €. É preciso un aturdimento previo, para evitar o seu sufrimento.

GALICIA, BASTANTE BEN EN CIENCIAS

GALICIA, BASTANTE BEN EN CIENCIAS
Galicia é unha das mellores comunidades autónomas en competencia científica, segun o informe de PISA 2006( Programme for Indicators of Student).
Galicia sitúase na posición 20, xunto con Irlanda, obtendo unha puntuación de 505 puntos, frente á media de 500 da OCDE (Organización para a Cooperación e o desenvolvemento Económico), mentres que España baixa aos 488.
Por desgracia non é así noutras materias. 
Se queres coñecer polo miúdo este informe pincha en:
 Faro de Vigo - Los alumnos gallegos saben de ciencias pero no entienden lo que leen

A LECTURA

A LECTURA
Viñeta do FARO DE VIGO do 26/11/2007

TARDE, PERO VOLVERON: OS COGOMELOS

TARDE, PERO VOLVERON: OS COGOMELOS
Despois das últimas chuvias, que tanto necesitavamos, chegaron os primeiros cogomelos da temporada. Moitos son os que nos alegramos da súa aparición, pero considero importante que sexamos un pouco sensatos á hora de saír ao monte na súa procura.
Unhos pequenos consellos:
- Levar sempre cesta, nunca bolsas de plástico.
- Cortar sempre , nunca arrancar.
- Nunca coller especies descoñecidas. Se se collen para estudiar ou consultar, non mesturalas co resto.
- Ata adquirir destreza ir acompañados de persoas que dominen o tema.
- En caso de dúbida, non coller.
- Disfrutar tamén do paseo e do lugar.
¡Boa sorte a todos!

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celébrase o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Como reflexión sobre este tema, propóñovos que vexades o seguinte vídeo:

 Vídeos en ELPAÍS.com

BANGLADESH

BANGLADESH
Viñeta do 21-11-07 de RAMÓN no xornal EL PAIS

XAPON CAZA BALEAS XOROBADAS

XAPON CAZA BALEAS XOROBADAS

 

Xapón cazará baleas xorobadas por primeira vez dende 1963

Estas baleas coñecidas tamén como iubarta, son moi populares polo seu comportamento xoguetón.
A flota xaponesa partíu do porto de Shimonoseki, situado no oeste do país, con dirección ao Pacífico Sur, onde cazará 50 baleas xorobadas e poñerá fin á moratoria que protexeu a estes animais dende 1963.

Segundo a axencia nipona Kyodo, nesta campaña, que durará ata mediados do mes de abril, o equipo formado por 240 persoas, teñen previsto cazar 850 baleas mink, 50 baleas fin e 50 baleas xorobadas.A carne obtida na expedición venderase ao mercado xaponés e os ingresos invertiranse en futuras campañas.

¡Sen comentarios!