Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

INCENDIO

INCENDIO
Parece mentira pero á altura que estamos do mes de novembro (15) temos unhas temperaturas e sobre todo unha falta de chuvia que é moi preocupante. Así en Galicia aparcen os INCENDIOS, cousa frecuente no verán pero anormal nestas datas. Eu espero que dende o próximo luns pola noite esto escomence a cambiar... polo ben de todos.
Aínda así hai que facer un chamamento ao sentido común á hora de queimar. Haberá tempo en todo o ano, en mellores condicións.

ENFERMOS CELÍACOS

ENFERMOS CELÍACOS

A enfermidade celíaca é unha intolerancia a unha proteína, chamada gluten, que esta presente no trigo, centeo, cebada e posiblemente na avea. O gluten é o responsable da elasticidade da masa da fariña, o que permite a fermentación e que as masas estén esponxosas.

Se unha persoa presenta unha predisposición xenética, unha dieta con estes ingredientes desencadea unha resposta do sistema inmunitario que actúa de agresor sobre o intestino, quedando este incapacitado para a absorción de nutrientes.

Para máis información desta intolerancia pincha en :

index

 


13/11/2002: PRESTIGE

13/11/2002: PRESTIGE

PRESTIGE, petroleiro monocasco cargado con 77.000 toneladas de fuel, afundido no ano 2002, un día coma hoxe, frente ás costas galegas, producindo unha inmensa marea negra, que afectou a unha zona comprendida entre Portugal e as Landas de Francia, pero con especial incidencia na nosa costa galega.

¿REPETIRASE ALGUNHA VEZ?

¡FÍXOSE ALGO DENDE ENTÓN PARA EVITAR OUTRA CATÁTROFE DESTE TIPO!

¡NUNCA MÁIS! ... por favor.

Pero hai que recordar para que nunca volva pasar.

Pincha e, sen comentarios, visualiza as seguintes fotofrafías do desastrE:

Galicia no merecía esto !!!

 

 

UN XUÍZ CON...

UN XUÍZ CON...

D. Emio Calatayud Pérez (Ciudad Real 22-12-1955) é un maxistrado, xuíz de menores en Granada coñecido polas súas sentencias exemplares.

Para coñecelo mellor, teño un documento que penso que todos (POLÍTICOS, PAIS, PROFESORES E SOCIEDADE EN XERAL) tiñamos que escoitalo e quitar as nosas conclusións. Eu estou moi de acordo, pero entendo que igual outros non , pero penso que é algo sobre o que podemos e que temos que discutir para quitar solucións para a nosa xuventude, que é o FUTURO DA NOsA SOCIEDADE.

Se queres ver este vídeo e despois xuzgar pincha en:

Mediateca EducaMadrid - Vídeo - Intervención D. Emilio Calatayud Pérez (V Tertulia Educativa-2006)


 

 

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA
Co lema: ¿Non dis que por loitar contra o cancro farías calquera cousa?, a Asociación contra o Cancro, lanza unha campaña de sensibilización, no Día Internacional contra o cancro de mama e no que se anima ás mulleres a facerse unha mamografía.
Dende esta páxina unha chamada a tódalas mulleres a concienciarse deste problema e pensar que unha mamografía non é dolorosa, dura dous minutos e pódelles salvar a vida. Se se detecta a tempo, o cancro de mama ten cura. Vós podedes colaborar tamén, animando ás vosas nais a facer unha mamografía. Faino por ela, é a túa nai.
 
Se queres ver o vídeo-anuncio da campaña, pincha en:
Campaña contra el cáncer de mama

HUMOR ESCOLAR

HUMOR ESCOLAR

Fágome eco dunha viñeta do xenial humorista gráfico FORGES, do xornal El Pais de hoxe 28-09-207 onde se abordan temas da actualidade nun contexto educativo e cuns alumnos-as "especiais".


 

UN CURSO MÁIS

UN CURSO MÁIS
De novo ao "cole". Remataron as vacacións e a coller de novo a mochila (maleta)para comenzar un novo curso. Os amigos do curso pasado; posiblemente, os mesmos profesores pero un pouquiño maiores, como é o meu caso, algunha profesora/or novo que ten boa pinta (refírome ao aspecto físico, pois da clase aínda non houbo tempo de coñecelos), os mesmos conserxes e coas mesmas manías , o mesmo persoal de cafetería e secretaría e as mesmas aulas, aínda que sen tantas pegadas dos zapatos que quedaron imprensas o ano anterior, as mesmas mesas, sen dúbida, un pouco máis limpas porque as señoras da limpeza borraron con lixivia os grafitis que "ninguén" grabou en horas de aburrimento e un largo etc ...
 
En fin, lembranzas nostálxicas dunhas vacacións pasadas e a ilusión (nalgúns) e a curiosidade ante o curso que comenza (na maioría).
Tirando de papeis que gardo cando me toca ser titor (que por desgracia son moitas veces), collo un que leva conmigo xa moitos anos e que xa non me lembro pero penso que o collín dun caderno de Edicións Xerais (no que coincido plenamente) e que sempre mando (algunhas veces penso para que) aos pais/nais dos meus titorandos e que desta vez poño á vosa disposición pois son unhas reflexións, moi interesantes, e que o único que pretenden é como dicia o título des cadernillo é AXUDAR AOS FILLOS A ESTUDIAR CON ÉXITO, que neste caso non só é axudar aos fillos (por parte dos pais/nais), senón que vos axudedes a vós mesmos a estudiar con éxito.
 
¡Pois empecemos !
O éxito dun alumno depende da calidade do ensino que recibe, da intelixencia e o esforzo do propio rapaz, do seu método de traballo, pero tamén de factores ambientais e familiares que favorezan a súa inclinación cara o estudo.
Os pais son os primeiros educadores dos adolescentes. Non vale, polo tanto, descargarse de responsabilidades coa disculpa de que os profesores son os encargaddos de educar aos seus fillos e de esixirlles. Os pais de hoxe teñen que tomar parte activa na educación dos seus fillos, xunto cos profesores e o conxunto da sociedade.
A seguinte información pode contribuír a un mellor aproveitamento escolar dos alumnos.
 
1.- A BOA FORMA FÍSICA, PRIMEIRA CONDICIÓN
O estudo ou traballo intelectual é unha actividade psíquica, e como tal está condicionado á boa saude física, ao benestar corporal. Por iso é conveniente para os estudantes:
 
1.1. Descanso
- Durmir entre oito e nove horas.
- Deitarse a unha hora fixa.
- Suprimir ou reducir cando se poida os alimentos excitantes, como o alcohol, cafe, especias ...
- Cear cedo, inxerindo alimentos lixeiros e dixestivos.

1.2. Alimentación racional
- Dieta equilibrada, rica en fósforo, calcio e vitaminas.
- Dieta variada, a base de vexetais, peixe, carne, leite, ovos e froita.
- Será bo engadir á dieta diaria alimentos ricos en fibra (legumes, froita, cereias, etc...)
- É importante almorzar forte, xantar simplemente ben, merendar e cear pouco.

1.3. Exercicio físico

- Cómpre realizar algún exercicio físico de xeito moderado e habitual.
- Nunca se debe poñer como castigo ao alumno deixar de facer deporte ou exercicio (ao igual que non deixalos ler).

2.- O LUGAR DE ESTUDO
Entre os factores que afectan á eficacia na aprendizaxe o lugar de estudo inflúe máis do que comunmente se pensa.

2.1. Un lugar fixo e sen ruídos
É importante contar cun lugar fixo para o estudo, no que o alumno se sinta cómodo, decorado ao seu gusto, e lonxe do ruído. Ás veces, a radio, a televisión, a aspiradora, etc., provocan distraccións.
Estudar con música é o vicio dos estudantes de hoxe. Moitos pretenden enganarse a si mesmos dicindo que así se concentran mellor. Estudar con musica é desaconsellable, sobre todo se o traballo requira unha gran concentración mental. Sen embargo, nalgunhas actividades, como debuxar, pasar fichas ou apuntes a limpo, ou realizar traballos normais que requiren pouca concentración, unha música suave de fondo pode ser incluso aconsellable, porque mantén relaxado e distendido ao estudante.
 
2.2. Mobiliario
Son imprescindibles unha mesa, unha cadeira e andeis.
- A mesa disporá dun taboleiro cunha superficie mínima de 1 x 0,50 m.
- A cadeira terá unha altura proporcioal ao estudante e á mesa , e un firme respaldo para evitar posturas incorrectas.
- Os andeis situaranse a carón da mesa para que o alumno dispoña facilmente do material de consulta e de traballo.
 
2.3. Iluminación
Aos destros a luz éntralles pola esquerda e aos zurdos pola dereita. É moi práctica unha lámpada articulada con bombilla azul de 60 w para reducir a fatiga da vista. Para evitar sombras, convén que o cuarto dispoña, tamén, doutra luz ambiental.
 
2.4. Temperatura e ventilación
-A temperatura adecuada para o traballo intelectual estímase ao redor dos 20ºC. O frío produce inquedanza e nerviosismo, mentres que a calor excesiva invita á inactividade.
- O cuarto de estudo debe ser ventilado con frecuencia.
 
3.- AMBIENTE FAMILIAR PROPICIO
O ambiente familiardos alumnos que acadan mellores notas, a miúdo, caracterízase por:
- Unidade de criterio entre os pais á hora de esixir aos seus fillos disciplina e responsabilidade.
- Firmeza no fundamental, con boas doses de comprensión e tolerancia. Ser firme non implica ser duro ou intransixente. O auroritarismo e a violencia nas expresións ou no comportamento non conducen a resultados poisitivos.
- Respecto sempre a un horario familiar máis ou menos flexible, a unhas normas de traballo afable e de conducta correta, e ao criterio dos demais.
- Comprensión e axuda, valorando o esforzo que se realiza o seu fillo para superarse cada día.
- Constancia á hora de esixir que os seus fillos cumpran coas súas responsabilidades. Non esquezan que os alumnos deberán ter un horario de estudo ao saír de clases. O ideal é que o alumno estudie no ensino secundario polo menos dúas horas diarias, durante os cinco días á semana e sempre á mesma hora.
-Interese polas actividades do alumno, polo seu rendemento durante o curso e polas dificultades que ao longo do mesmo poida experimentar.
 
Se pais e alumnos aplicamos estes consellos, penso, que as cousas marcharían mellor, salvo casos puntuais, que os hai.
 
¡BO CURSO E SORTE PARA TODOS!

UN LIBRO

UN LIBRO
Neste verán tiven un agasallo dun antigo compañeiro de traballo : un libro. Aínda que lector, non son un "devorador" de libros, pero este enganchoume dende o primeiro momento. Trátase dunha obra en castelán de 187 páxinas do autor DOMINGO VILLAR, galego aínda que residente en Madrid.
O libro en cuestión é "OJOS DE AUGUA",unha novéla policial que se desenvolve no noso país, concretamente en Vigo. Trata da investigación dun asasinato dun mozo saxofonista, Luis Reigosa. O investigador é un solitario inspector de policía, Leo Caldas.
¡Recomendable!
 
Datos do libro:
Ojos de agua.
Domingo Villar.
Ediciones Siruela
Madrid. 2006.
 
Por certo, tamén hai o libro escrito en galego.