TARDE, PERO VOLVERON: OS COGOMELOS

Despois das últimas chuvias, que tanto necesitavamos, chegaron os primeiros cogomelos da temporada. Moitos son os que nos alegramos da súa aparición, pero considero importante que sexamos un pouco sensatos á hora de saír ao monte na súa procura.
Unhos pequenos consellos:
- Levar sempre cesta, nunca bolsas de plástico.
- Cortar sempre , nunca arrancar.
- Nunca coller especies descoñecidas. Se se collen para estudiar ou consultar, non mesturalas co resto.
- Ata adquirir destreza ir acompañados de persoas que dominen o tema.
- En caso de dúbida, non coller.
- Disfrutar tamén do paseo e do lugar.
¡Boa sorte a todos!
0 comentarios