Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

CINE: "MARTE"

 

Nesta fin de semana chega aos cines a película “Marte (The Martian)”, basada na  novela de Andy Weir. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Marte

Título Orixinal: The Martian

Xénero: Ciencia Ficción

Nacionalidade: USA

Distribuidora: Fox

Ano: 2015

Director: Ridley Scott

Guión: Andy Weir

Fotografía: Dariusz Wolski

Música: Harry Gregson-Williams

Reparto: Matt Damon, Jessica Chastain, Kate Mara, Kristen Wiig, Mackenzie Davis, Jessica Chastain, Sebastian Stan,  Chiwetel Ejiofor, Sean Bean, Michael Pena.

Sinopse: No transcurso dunha misión tripulada a Marte, o astronauta Mark Watney (Matt Damon) é dado por morto e abandonado polos seus compañeiros de tripulación tras unha violenta tormenta. Con todo, Watney sobrevive e atópase só e abandonado nese planeta hostil. Con escasas subministracións, Watney deberá recorrer ao seu enxeño, humor e espírito de supervivencia para subsistir e atopar unha forma de comunicar á Terra que segue vivo. A millóns de quilómetros, a NASA e un equipo internacional de científicos traballan sen descanso para traelo de volta, ao mesmo tempo que os seus compañeiros de tripulación planean una, temeraria ou imposible, misión de rescate. Mentres todos estes acontecementos desenvólvense, o mundo enteiro únese para pedir que Watney regrese san e salvo.

Merece a pena vela!

HUMOR REAL: O TOURO DA VEGA

HUMOR REAL: O TOURO DA VEGA

 

Rompesuelas”, ese era o nome do Touro da Vega que hoxe foi abatido vinte minutos despois de que o animal penetrase no campo tras cruzar á estrada a ponte de Tordesillas que atravesa o Douro.

O xenial humorista gráfico Forges, no xornal El País, publica hoxe esta viñeta que resume claramente o maltrato animal desta “cultural” festa.

Degradante espectáculo!

HUMOR REAL: COMEDIA E TRAXEDIA

HUMOR REAL: COMEDIA E TRAXEDIA

 

Viñeta de Tira y afloja (Pablo García-debuxante e Rogelio Román-guionista), publicada hoxe no xornal Faro de Vigo, referíndose á demisión do primeiro ministro grego Alexis Tsipras e o pasamento da popular artista española Lina Morgan.

Nunca unha viñeta foi tal dual e real!

CINE: "MISIÓN IMPOSIBLE: NACIÓN SECRETA"

CINE: "MISIÓN IMPOSIBLE: NACIÓN SECRETA"

 

Nesta fin de semana chega aos cines a película Misión Imposible: Nación Secreta,  a quinta entrega desta saga. Un thriler trepidante e con esceas magníficas. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Misión Imposible: Nación Secreta

Título Orixinal: Mission: Impossible-Rogue Nation

Xénero: Thriller

Nacionalidade: USA

Produtora: Paramount Pictures / Skydance Productions

Ano: 2015

Duración: 131 minutos

Director: Christopher McQuarrie

Guión: Drew Pearce

Música: Joe Kraemer

Fotografía: Robert Elswit

Reparto: Tom Cruise, Jeremy Renner, Simon Pegg, Rebecca Ferguson, Alec Baldwin, America Olivo, Ving Rhames, Sean Harris, Simon McBurney, Hermione Corfield, Jens Hultén, Jingchu Zhang, Rachel Ritfeld, Anastasia Harrold, Jorge Leon Martinez

Sinopse: Coa FMI disolta e Ethan Hunt abandonado á súa sorte, o equipo ten que enfrontarse contra o Sindicato, unha rede de axentes especiais altamente preparados. Estes grupos concienciudamente adestrados están empeñados en crear unha nova orde mundial mediante unha serie de ataques terroristas cada vez máis graves. Ethan reúne ao seu equipo e une as súas forzas coa axente británica renegada Ilsa Faust, quen pode que sexa ou non membro desta nación secreta, mentres o grupo vaise enfrontando á súa misión máis imposible ata a data.

Espectacular!

HUMOR REAL: POLÍTICA

HUMOR REAL: POLÍTICA

 

Viñeta de El Roto, Andrés Rábago García (Madrid, 1947), no xornal El País do pasado sábado, onde apunta o problema que acontece nos últimos días nalgúns concellos do noso país.

A bos entendedores, poucas palabras!

HUMOR REAL: PROBLEMAS MEDIOAMBIENTAIS

HUMOR REAL: PROBLEMAS MEDIOAMBIENTAIS

 

Xenial viñeta de El Roto, Andrés Rábago García (Madrid, 1947), no xornal El País de onte, onde trata o tema dos problemas medioambientais. Segue a asignatura maría, a que non se toma en serio, e a forma de solucionalo é con maquillaxe, escondendo ou aprazando o problema.

Cando será o día que collamos o touro polos cornos!

Seguro que xa será demasido tarde!

UN LIBRO PARE LER: "PAN, EDUCACIÓN, LIBERDADE"

UN LIBRO PARE LER: "PAN, EDUCACIÓN, LIBERDADE"

 

No contexto actual de Grecia, que nestes últimos días atópase nunha situación límite ante a convocatoria do referendo do próximo domingo, estou rematando de ler o último libro de Petros Márkaris (Estambul,1937): “Pan, Educación e Libertade”.

Nin pintada a situación que amosa o libro e a situación real de hoxe. Póñovos en situación: 2014, Grecia declárase en quebra e volve a súa moeda: o dragma; non tarda en seguirlle España, que volve á peseta. Como vedes situacións posibles. O resto da novela xira en torno a actividade do comisaraio Kostas Jaritos e a súa familia que terán que apertarse o cinto, xa que durante tres meses non lle van pagar a nómina. Paralizada a economía, empobrecido o país, só aumentan as protestas, aparecendo a violencia neonazi. E coma sempre, nunha novela piolicíaca, aparece un asasinato, neste caso un rico contratista de obras, que leva ao noso protagonista a furgar entre a clase empresarial, universitaria e sindical que dirixiu ese país nos últimos 49 anos.

Merece a pena lelo, sobre todo os adultos da casa, xa que dalgún xeito transladan as inquietudes do pobo grego, que neste momento debátese entre a supervivencia como país e a permanencia en Europa.

E a pregunta do millón: Pode pasar ou só é unha novela?

CINE: "JURASSIC WORLD"

CINE: "JURASSIC WORLD"

 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Jurassic World", unha nova entrega da saga iniciada por Steven Spielberg, a cuarta da franquía de Parque Xurásico. Estas son as súas características técnicas:

Título orixinal: Jurassic World

Ano: 2015

Xénero: Ciencia ficción. Aventuras.

Duración: 117 min.

País: EEUU

Produtora: Amblin Entertainment / Universal Pictures

Director: Colin Trevorrow

Guión: Colin Trevorrow, Rick Jaffa, Amanda Silver, Mark Protosevich

Música: Michael Giacchino

Fotografía: John Schwartzman

Efectos especiais: Legacy Efects

Reparto: Chris Pratt, Bryce Dallas Howard, Omar Sy, Jake Johnson, Vincent D’Onofrio, Judy Greer, Ty Simpkins, BD Wong, Nick Robinson, Irrfan Khan, Katie McGrath, Lauren Lapkus

Sinopse: Vinte e dous anos despois do acontecido en Jurassic Park, a illa Nublar foi transformada nun parque temático, Jurassic Wold, con versións «domesticadas» dalgúns dos dinosauros máis coñecidos. Cando todo parece ir á perfección e ser o negocio do século, un novo dinosauro de especie aínda descoñecida e que é moito máis intelixente do que se pensaba, comeza a causar estragos entre os habitantes do Parque.