UN LIBRO PARE LER: "PAN, EDUCACIÓN, LIBERDADE"
No contexto actual de Grecia, que nestes últimos días atópase nunha situación límite ante a convocatoria do referendo do próximo domingo, estou rematando de ler o último libro de Petros Márkaris (Estambul,1937): “Pan, Educación e Libertade”.
Nin pintada a situación que amosa o libro e a situación real de hoxe. Póñovos en situación: 2014, Grecia declárase en quebra e volve a súa moeda: o dragma; non tarda en seguirlle España, que volve á peseta. Como vedes situacións posibles. O resto da novela xira en torno a actividade do comisaraio Kostas Jaritos e a súa familia que terán que apertarse o cinto, xa que durante tres meses non lle van pagar a nómina. Paralizada a economía, empobrecido o país, só aumentan as protestas, aparecendo a violencia neonazi. E coma sempre, nunha novela piolicíaca, aparece un asasinato, neste caso un rico contratista de obras, que leva ao noso protagonista a furgar entre a clase empresarial, universitaria e sindical que dirixiu ese país nos últimos 49 anos.
Merece a pena lelo, sobre todo os adultos da casa, xa que dalgún xeito transladan as inquietudes do pobo grego, que neste momento debátese entre a supervivencia como país e a permanencia en Europa.
E a pregunta do millón: Pode pasar ou só é unha novela?
0 comentarios