Blogia
vgomez

VIVAMOS CONSCIENTEMENTE O NOSO MOMENTO

 

Juan Luís Arsuaga é un dos paleontólogos máis recoñecidos do mundo. Entre as súas importantes investigacións, destaca o seu papel como codirector do equipo de investigación dos xacementos de Atapuerca e director científico do Museo da Evolución Humana de Burgos. Catedrático de Paleontoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, onde tamén é profesor, en 1993 Arsuaga foi portada da revista Nature polo descubrimento do cranio humano máis completo no rexistro fósil da Humanidade: o número 5, un cranio de Homo heidelbergensis. Desde unha perspectiva histórica e humanista, este destacado paleontólogo convida tamén a vivir o presente conscientemente. Entre as súas claves para unha vida plena, Juan Luís  Arsuaga sinala a aprendizaxe, a admiración e o apetito de coñecemento: “Sexamos contemporáneos, vivamos conscientemente o noso momento. Agora están a ocorrer cousas que dentro de non moito tempo serán historia. Gózaas, forma parte delas, participa, feixe historia”.

0 comentarios