FELIZ 2011
Os meus mellores desexos para tod@s neste ano 2011 que comenza.
VICTOR
Os meus mellores desexos para tod@s neste ano 2011 que comenza.
VICTOR
Hoxe chegoume un correo sobre o OURIZO ou tamén chamado OURIZO CACHO, que quero compartir con vós.
A FÁBULA DO OURIZO
Durante a Idade do Xeo, moitos animais norreron a causa do frío. Os ourizos dándose conta da situación, decidiron unirse en grupos. Desa maneira abrigaríanse e protexeríanse entre si, pero as espiñas de cada un ferían aos compañerios máis próximos, os que xusto ofrecían máis calor. Polo tanto decidiron afastarse uns doutros e empezaron a morrer conxelados. Así que tiveron que facer unha elección, ou aceptaban as espiñas dos seus compañeiros ou desaparecían da Terra. Con sabiduría, decidiron volver a estar xuntos. Desa forma aprenderon a convivir coas pequenas feridas que a relación cunha persoa moi próxima pode ocasionar, xa que o máis importante é a calor do outro.
Deste xeito puideron sobrevivir.
Moralexa da historia:
A mellor relación non é aquela que xunta ás persoas perfectas, senón a aquela na que cada individuo aprende a vivir cos defectos dos demais e admirar as súas cualidades.
Chegou o día 22, e chegarons as VACACIÓNS.
Deséxovos o mellor nestas datas de Nadal, para vós e as vosas familias.
Un saúdo VÍCTOR.
Nesta noite, na madrugada do mércores 22, exactamente ás 00:38 horas, comenzará o inverno, según o convenio astronómico. Esta estación, a máis curta do ano dende hai algúns séculos, durará 88 días e 23 horas. A primavera comenzará o día 21 de marzo de 2011.
Parece que será máis frío e con máis neve que o pasado. Xa veremos!
Cada 1 de decembro, Día Mundial da loita conta a SIDA, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xenerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosan solidaridade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos os copartícipes, tanto públicos como privados, unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances na materia de prevención, tratamiento e atención aos afectados nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.
Según as cifras de 2008 publicadas pola OMS (Organización Mundial da Saúde), hai actualmente 33,4 millóns de afectados polo VIH. Estímase que este ano resultaron infectadas polo virus 2,7 millóns de persoas, e que 2 millóns morreron de SIDA. A África subsahariana continúa sendo a rexión máis afectada polo VIH. En 2008, dita rexión tiña o 67% das infeccións por VIH a nivel mundial, 68% dos novos casos nos adultos e o 91% das novas infeccións nos nenos.
O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) infecta ás células do sistema inmunitario, alterando ou anulando a súa función. A infección produce un deterioro progresivo do sistema inmunitario, coa conseguinte "inmunodeficiencia". Considérase que o sistema inmunitario é deficiente cando deixa de poder cumplir a súa función de loita contra as infeccións e enfermidades. O síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) é un término que se aplica aos estadios máis avanzados da infección por VIH e defínese pola presencia dalguna das máis de 20 infeccións oportunistas ou de cánceres relacionados co VIH. O VIH pode transmitirse polas relacións sexuales vaxinais, anais u orais cunha persoa infectada, a transfusión de sanque contaminada ou o uso compartido de agullas, xeringuas uo outros instrumentos punzantes. Tamén, pode transmitirse da nai ao fillo durante o embarazo, o parto e a lactancia.
O pasado venres 27, finou en Vigo, aos 97 ansos de idade, o patriarca das Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego.
Nacido en Vilanova de Lourezá-Lugo, en 1913, foi un intelectual galeguista e presidente da Real Academia Galega (RAG) entre 1997 e 2001.Ensaísta e crítico literario, formou parte da xeración de intelectuais xurdidos ao redor do grupo Nós. Foi un dos principais artífices do Día das Letras Galegas que dende 1963 homenaxea cada 17 de maio a un escritor galego xa falecido. Se queres profundizar na vida e obra deste insigne galego pincha aquí.
Dencase en paz!
Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS NEN@S. Os Dereitos do Neno (ou Dereitos da Infancia) son dereitos que posúen os nen@s e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
Para coñecelos, aquí tes ete vídeo elaborado por alumno@s de 3ºESO do CPI "Condesa de Fenosa" de Ares (A Coruña).
No Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle hoxe, ás 21,00 horas, un novo episodio de “A guerra das Galaxias”, cine de Ciencia Ficción para desfrutar en pantalla grande o clásico dirixido por George Lucas: Episodio IV: "Unha nova esperanza” . A trama descríbenos a historia dun grupo de guerrilleiros, a Alianza Rebelde cuxo obxectivo é destruír a estación espacial Estrela da morte, creada polo opresor Imperio Galáctico. Un novo granxeiro chamado Luke Skywalker converterase nun heroe conforme acompaña ao mestre jedi Obi-Wan Kenobi nunha misión que o levará a unirse á Alianza Rebelde para axudarlles a destruír a estación espacial do imperio.
Mañá, sábado, tamén ás 21.00 horas, será a oportunidade para os máis pequenos co Ciclo de Cine Infantil que levará á pantalla “O bosque animado”, que se inclúe na programación de actividades con motivo do Día da Biblioteca, sorteándose libros entre os asistentes.
FONTE: Galiciasuroeste.info