OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA II
Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.
Hoxe imos a...
2. Preikestolen (Noruega)
Un dos mellores lugares para visitar en Escandinavia é o Preikestolen, unha enorme formación rochosa na natureza norueguesa. Coñecido como Pulpit Rock, ou púlpito, é unha formación rochosa suspendida a 604 m sobre as augas azul xeo do Fiordo da Luz (Lysefjorden), no distrito de Ryfylke, ao norte de Stavanger, provincia de Rogalan, e que sen dúbida é un dos lugares de Noruega máis visitados e fotografados ao longo do ano, recibindo uns 80 000 visitantes.
Por que o chaman púlpito? Pola súa forma e se estende os teus brazos e berras algunhas palabras, a túa voz estenderase quilómetros e quilómetros...
Como curiosidade, nese lugar rodouse a escea da persecución en helicóptero da película Mission Impossible: Fallout (1918).
Impresionante!
Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org Imaxe: arcticyeti.es