Blogia
vgomez

VÍDEOS

AS IMAXES MÁIS FERMOSAS DA TERRA, DENDE O ESPAZO

 

A NASA publicou un novo vídeo con fermosas imaxes da Terra e música de Peter Gabriel que amosan como os astronautas ven o noso fráxil mundo dende o espazo. As imaxes foron tomadas polos astronautas Ron Garan e Mike Fossum dende a Estación Espacial Internacional (ISS).

A pesar de que a plataforma orbital viaxa a 17.500 mph (mph-millas por hora. 1mph=0,44704 m/s) e orbita a Terra cada 90 minutos, o vídeo acelera o movemento considerablemente para que poda contemplarse por completo a nosa bola azul. Claman a atención os lóstregos que aparecen no vídeo, aínda que só unha pequena porcentaxe dos raios reais foron capturados nas imaxes. Tamén obsérvanse auroras boreais e o furacán Katia.

O obxectivo da NASA ao dar a conocer o vídeo é axudar á xente a seguir as misións non como simples espectadores, senón como membros da tripulación, para que, dende ese punto de vista, podan comprender mellor a fraxilidade da Terra e a necesidade de coidar o noso «oasis» de vida no Universo.

O DESERTO DO SÁHARA

 

O Deserto do Sáhara  é un dos maís grandes do mundo, localizado no Norte de África, cunha área total de 9.065.000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10.400.000 km2). Nel viven preto de 2,5 millóns de persoas, distribuídas por Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, Níxer, Arxelia, Tunisia, Sudán e Chad.

As fronteiras do Sáhara son: o Océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o Mar Mediterráneo ao norte, o Mar Vermello ao leste e o val do Río Níxer ao sur.

O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana. A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel atópase a rexión chamada o Sudán.

Este vídeo, de imaxes espectaculares, amósanos un día nese deserto.

 

A BELEZA DA POLINIZACIÓN

 

O vídeo The beauty of pollination (A beleza da polinización) é unha aproximación a este proceso que consiste na transferencia de grans de pole (gameto masculino) dende os estames cara o pistilo da planta, a estrutura que contén o óvulo (gameto feminino). O transporte do pole pódeo realizar un axente físico como o vento (plantas anemófilas) ou un axente animado (plantas zoófilas) como insectos e outros animais.

As imaxes son espectaculares. Que disfrutedes!

MEDUSAS

 

As medusas son organismos mariños pertencentes ao filo Cnidaria, con forma de campana ou parasaol e corpo xelatinoso. As medusas posúen tentáculos formados por células urticantes, ou nematocistos, que usan para capturar presas e como forma de defensa. Estas células conteñen unha cápsula cun filamento tóxico (velenoso). Ao contacto cunha presa, os filamentos exéctanse e inxectan veleno. Os tentáculos de medusas mortas que ás veces se atopan na praia poden envelenar por varias semanas.

Este vídeo pretende dar unha serie de consellos para evitar esa situación tan incómoda que se produce talo contacto cunha destas medusas, tan frecuente na época de verán que nos atopamos.

Espero que sexa útil!

A GUARDA NA TVG

A GUARDA NA TVG

 

A fin de semana pasada, a TVG emitíu dentro do programa  Galicia para o mundo, unha  reportaxe sobre A GUARDA: UNHA VILA MARIÑEIRA, onde se fai un percorrido por esta vila. Moitos serían os que o viron, pero para aqueles que non o fixesen aqui o tedes de novo pinchando AQUÍ.

ADMIRANDO A NATUREZA

 

Este fermoso vídeo está elaborado a partir das imaxes do Planeta Terra: The Complete Series BBC (2007) DVD e a musica do tema "Pide a creación" do compositor e cantante de música de culto cristián chamado Brian Robert Doerksen (1965).

Merce a pena velo e escoitalo!

ESTO SI QUE É AMOR DE PAI

 

O outro día recibín un correo que me sorprendeu gratamente. Penso que o amor que pode sentir un pai por un fillo, non moitas veces correspondido, é moi grande. A proba tédela no vídeo. Pero quero reproducir o texto do correo que citei anteriormente, para poder entender correctamente o vídeo:

O fillo pregúntalle ao seu pai: Papá, formarías parte no maratón comigo? O pai respondeu: Si. Foron ao maratón e completárono xuntos. Pai e fillo foron xuntos a outros maratóns, e o pai sempre dicía "si" ás solicitudes do fillo de ir xuntos ás carreiras. Un día, o fillo preguntoulle ao seu pai: Papá, imos a participar xuntos no Ironman? O pai díxoxe si tamén. O triatlón Ironman abarca 2,4 millas (3,86 quilómetros) nadando en océanos, seguida de 112 millas (180,2 quilómetros) en bicicleta, e rematando con 26,2 millas (42,195 quilómetros) maratón ao longo da costa de Big Island.

Impresionante!!!

 

SUPERVIVENCIA

 

Os selacimorfos, son os coñecidos tiburóns (peixe cartilaxinoso, da familia dos carcarínido) sempre foron considerados como grandes depredadores. De vez en cando atópanse con inimigos que nunca consideramos capaces de enfrontarse a eles. É o caso do polbo (molusco octópodo da familia dos octopódidos).

Este vídeo mostra o ataque dun polbo a un tiburón. Espectacular!