Blogia
vgomez

VÍDEOS

THE PATH OF MY WOLF (O CAMIÑO DO MEU LOBO)

 

Hai imaxes que valen máis ca 1000 palabras. Este é o caso!

Para situarnos, este vídeo narra a historia dunha verdadeira amizade entre un cazador e un can lobo mestúrase cos clips da incríbel película de 1991 de Disney: “Colmillo Branco”. Filmado na fermosa natureza de Alaska. Música: “Fast & friendly” de Jan Rietman.

Que disfrutedes!

IMAXES DOS FONDOS DAS ILLAS CIES (PROXECTO CEFAPARQUES)

 

As Illas Cies forman parte do único Parque Nacional que temos en Galicia: Parque Nacional Marítimo-Terrestres das Illas Atánticas de Galicia.
No pasado mes de xuño, un equipo científico do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) realizou nos fondos das illas Cies unha mostraxe, dentro do programa CEFAPARQUES, co obxectivo deidentificar, dentro do seu perímetro, hábitats de preferencia para a posta de cefalópodos de interese comercial, como  polbo, a lura e a sepia.

Este vídeo é un documento científico elaborado a partir das imaxes gravadas nas máis de 80 inmersións nesas augas. Por certo entre as fermosas imaxes podemos ver a cópula e posterior posta dos polbos.

A FORMACIÓN DO NOSO ROSTRO

 

A serie da televisión británica "Inside the Human Body" amosou un documento inédito: a reconstrución de como se forma o rostro do embrión durante o primeiro trimestre da xestación.

Trátase dun vídeo de medio minuto de duración elaborado a partir de imaxes de ecografías tomadas entre a cuarta e a décima semana da xestación, combinadas cun trabajo meticuloso de reconstrución por ordenador. As imaxes recollen de forma acelerada as diferentes partes da formación da cara.

As transformacións no rostro comenzan a desenvolverse a partir dun punto clave: a fendedura situada baixo o labio superior. O resultado da montaxe das imaxes é tan insólito como espectacular.

Aquí tes o vídeo!

OS VOLCÁNS

 

Os volcáns son orificios ou gretas polos que se expulsan ao exterior os materiasi fundidos procedentes do interior da xeosfera.

Os volcáns localízanse nos límites (bordos das placas) e no interior das placas tectónicas.

O presente vídeo pretende axudarche a completar o tratado en clase.

A ATLÁNTIDA

 

Arredor do ano 1620 a.C., un enorme volcán no Mar Exeo despertou dun sono de 17 mil anos cunha violenta erupción. A explosión destruíu a illa de Tera, provocando grandes tsunamis que inundaron Creta, o centro da primeira civilización sofisticada de Europa: a minoica. Agora moitos expertos pensan que este evento apocalíptico servíu de inspiración para a lenda da Atlántida.

Pero é un mito ou é algo real?

Neste vídeo podemos atopar novas revelacións sobre a  ATLÁNTIDA .

RESPECTO POLA VIDA

Fermoso vídeo cheo de respecto pola Terra, respecto pola auga, respecto pola luz do Sol, respecto polo Universo, en resumo, respecto pola vida!

Música: Kitaro - Matsuri
Imaxes: NatGeo / BBC
Compilación e edición: Perruci

Que disfrutedes!

AS PERSOAS SON IMPRESIONANTES

 

Verdeiramente que si, as persoas son impresionantes na práctica de moitos deportes, conseguindo logros realmente incribles. Neste vídeo demostrase esta teoría. Por certo as imaxes son espectaculares. Acendede os altofalantes e a disfrutar!

ARAÑAS

ARAÑAS

 

Impresionante foto dunha Phidippus putnami ou araña saltarina, realizada por  Thomas Shahan , un fotógrafo coñecido pola súas fermosísimas macrofotografías de insectos e arañas. As súas obras repletas de cor, son realmente apaixoantes, sacando á luz a complexidade dos deseños naturais máis impactantes como é o caso dos ollos dos insectos e arácnidos.

Como se pode apreciar no vídeo, esta araña saltarina é tan pequena que podería pousarse sobre unha unlla.

Se queres ver máis fotofrafías e vídeos de Thomas Shahan pincha AQUÍ.