Blogia
vgomez

VÍDEOS

AS LOMBRIGAS DE TERRA

 

As  lombrigas de terra (lumbrícidos), son unha familia de invertebrados, vermes, anélidos oligoquetos da orde Haplotaxida.

Na actualidade hai descritas unhas 4000 especies e calcúlase que existan unhas 6000.

Son animais moi beneficiosos. Mentres escavan para facer os seus túneles, inxiren partículas de chan e dixiren calquera resto orgánico, aportando aireación e nutrientes ao solo.

Este vídeo pretende ampliar o dado en clase.

OS CORAIS

 

Estamos cos animais invertebrados. Curiosamente ao pronunciar o nome de corais, moitos, pensaban que estabamos a falar de plantas. Non son plantas!

Os corais son animais pertencentes ao fílo Cnidaria, clase Antozoos. O animal coñecido como coral é unha colonia de pequenos pólipos de apenas uns milímetros de diámetro. Ten a capacidade de fixar sobre os seus tecidos o calcio disolto no mar e así formar as estruturas ríxidas características. O coral e a súa estrutura calcárea é branca, as diferentes cores que presentan débense a unhas microalgas que viven en simbiose cos pólipos e reciben o nome de zooxantelas. Por esta razón o coral necesita augas trasparentes para desenvolverse, para que as zooxantelas realicen así a fotosíntese.
O corais son animais carnívoros, alimentándose de zooplancto basicamente. En canto á reprodución, existen especies de reprodución sexual e reprodución asexual, mesmo hai especies onde se dan ambas as dúas formas.

Espero que con este vídeo quede máis claro o traballado en clase!


O NOSO PLANETA TEN UNHA BELEZA ESPECTACULAR

 

O espazo volvenos obsequiar con imaxes impagables do noso planeta. Os astronautas da Estación Espacial Internacional (ISS)  realizan regularmente fotografías a gran resolución segundo orbitan arredor do planeta cada 90 minutos.

Nesta ocasión, o encarcado de recollelas unha a unha foi o estudante de cine Giacomo Sardelli, quen as montou nun vídeo, unha tras doutra, formando este "estafe lapse" que podedes ver na parte superior.

Espectacular!

"PERCEBEIROS"

 

O percebe, ese marisco codiciado nas nosas mesas! Pero que hai ao redor del? Cal é o traballo dun percebeiro?

"Percebeiros" é un curto documental dirixido por David Beriain sobre a historia de Serxio Ces, percebeiro de Cedeira. Preseleccionado para os Premios Goya 2012.

Sinopse: Roxe o vento. O mar golpea os acantilados. Dous metros de rocha, esa é a franxa de auga e osíxeno na que crece o percebe. Dous metros onde o mar se asaña, onde bate con forza milenaria. Unha fronteira de ondas e escuma na que Serxo e os seus compañeiros loitan por un bocado de mar.
Unha fronteira de valor e medo. De temeridade e sentido común. Dous metros sen marxe de erro. Aí vive o percebe. Aí vive Serxio.
Percebeiros é a batalla contra o mar duns guerreiros que non se consideran heroes.

Cando comamos percebes, valoremos o traballo que hai en apañalos!

A ORIXE DA VIDA NA TERRA

 

Situar a orixe da vida na Terra  é, sen dúbida, un dos maiores misterios aos que se enfrontan os científicos.

O experto en Ciencia, José Manuel Nieves, intenta responder neste vídeo  ás preguntas máis universais do home: que é a vida?, como empezou?, e onde?

O QUE TEN UN CAN, TEN MÁIS QUE UN AMIGO

 

A maior parte da miña vida sempre contou coa presenza dun can, que agora persiste na vida da milla filla maior. Nomes como Xoul, Nei, Ringo, Lasi... e Manson, formaron e forman parte da nosa familia.

Non sei se sodes conscientes do que representa un can máis alá da súa compaña. Intelixencia, cariño, lealtade, protección, entrega...Algunhas veces só lle falta falar!

Este vídeo de 15 minutos é a constatación do dito anteriormente. Realmente son anacos quitados dunha película estadounidense de 1987 "Benji the Hunted", dirixida por Joe Camp, inspirada no can mestizo Benji. 

Para poder entendelo ben o argumento e o seguinte: Benji, un can de rúa trata de salvarse nadando nunha violenta tormenta no mar e é testigo da morte dun puma femia, deixando a catro cachorros orfos. Benji sálvaos de diversos perigos e de feroces depredadores (un oso, un lobo e un raposo) atopándolles unha nova nai adoptiva da súa propia especie. Finalmente, Benji, o "heroe" pode volver á casa (no vídeo pode verse, ao remate, como un helicóptero aparece para recollelo).

Espero que sintades polos cans o mesmo afecto que eu lles practico. Que disfrutedes do vídeo e da súa música!

THE PATH OF MY WOLF (O CAMIÑO DO MEU LOBO)

 

Hai imaxes que valen máis ca 1000 palabras. Este é o caso!

Para situarnos, este vídeo narra a historia dunha verdadeira amizade entre un cazador e un can lobo mestúrase cos clips da incríbel película de 1991 de Disney: “Colmillo Branco”. Filmado na fermosa natureza de Alaska. Música: “Fast & friendly” de Jan Rietman.

Que disfrutedes!

IMAXES DOS FONDOS DAS ILLAS CIES (PROXECTO CEFAPARQUES)

 

As Illas Cies forman parte do único Parque Nacional que temos en Galicia: Parque Nacional Marítimo-Terrestres das Illas Atánticas de Galicia.
No pasado mes de xuño, un equipo científico do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) realizou nos fondos das illas Cies unha mostraxe, dentro do programa CEFAPARQUES, co obxectivo deidentificar, dentro do seu perímetro, hábitats de preferencia para a posta de cefalópodos de interese comercial, como  polbo, a lura e a sepia.

Este vídeo é un documento científico elaborado a partir das imaxes gravadas nas máis de 80 inmersións nesas augas. Por certo entre as fermosas imaxes podemos ver a cópula e posterior posta dos polbos.