Blogia
vgomez

VÍDEOS

MARABILLAS DA NATUREZA

 

Neste vídeo, de grande éxito mundial, producido pola BBC “MARABILLAS DA NATUREZA”, podes facer unha viaxe polas marabillas naturais do noso planeta: o Val da Morte e o Gran Canón en Estados Unidos, o río Amazonas en Sudamérica, os montes Fuji, Everest e Kilimandjaro, Australia e para rematar a Antártica.

Boa viaxe e que disfrutes! 

A EVOLUCIÓN DE MARTE NUN MINUTO

 

A NASA publicou en YouTube unha animación en 3D na que se recrea o panorama marciano hai 4.000 millóns de anos.

Os científicos cren que o planeta vermello puido ter unha densa atmosfera rica en osíxeno e auga. A recreación comeza cun paseo aéreo por un lago que puido estar en Marte hai millóns de anos. Un Marte moi diferente ao de agora e máis similar á Terra. A continuación nubes en movemento marcan o paso do tempo, e o cambio climático do planeta veciño. Do cálido e húmido ao frío e seco. Os lagos vanse secando, mentres se produce a transición dos ceos azuis aos ceos vermellos que hoxe cobren Marte.

O pasado mes de setembro o
robot Curiosity  detectou unha alta porcentaxe de auga no chan. Arredor do 2% da súa superficie está composto de auga, o que supón unha gran fonte. 

FONTE: ComercioTV e xornal El Mundo/Ciencia

18 MARABILLAS DO UNIVERSO

13 ANIMAIS RAROS

VÍDEO: AURORA BOREAL

 

Este vídeo amosa unha aurora boreal durante a noite na Laponia finlandesa (que forma parte da Laponia, divida entre Noruega, Rusia, Suecia e Finlandia).

Unha aurora boreal prodúcese cando unha exección de masa solar choca co polo norte da magnetosfera terrestre, producindo unha luz difusa pero predominante proxectada na ionosfera (ou termosfera) terrestre, composta de partículas protónicas que difunden a cor.

É un dos espectáculos naturais máis asombrosos aos que podemos asistir, e dado que non podemos facelo en persoa farémolo vitualmente.

ROCKY MOUNTAIN PARKS CANADÁ

 

O Rocky Mountain Parks Canadá, Patrimonio da Humanidade dende 1984, esstá formado polos parques de Yoho, Jasper, Kootenay e os parques nacionais de Banff.

  Este vídeo amosa ises lugares que a falta de poder visititalos, as súas imaxes chegan.


O CICLO DA AUGA

 

Para completar o tratado na clase, sobre o "Ciclo da auga", propóñovos a visíón deste vídeo, extraído do documental da BBC "A viaxe da auga".

Espero que sexa útil e clarificador!


OS ANFIBIOS: AS RAS

 

As ras e os sapos son animais cordados, vertebrados, anfibios  e anuros (sen cola e corpo curto).

Este vídeo pretende ampliar os coñecementos traballados na clase. Que sexa de proveito!