Blogia
vgomez

VÍDEOS

POSTA DE SOL EN MARTE

 

O Sol descende cara ao horizonte marciano e ponse nesta simulación de película con imaxes da cámara panorámica (Pancam) en Marte, tomadas polo robot Opportunity da NASA, que está a cumprir unha misión nese planeta dende o 7 de xullo de 2007.

A CÉLULA

 

Xa que estamos a tratar na clase o tema da célula, como complemento lúdico na aprendizaxe tes aquí unha serie de animación que che pode axudar.

Espero que sexa útil!

MORCEGOS E FLORES

 

O zoólogo alemán Ralph Simon estuda a relación entre algunhas especies de plantas con flores e os morcegos nectarívoros. Mentres realizaba o seu traballo de campo en Ecuador, Cuba e Costa Rica, filmou estas sorprendentes secuencias de morcegos alimentándose de néctar.

FONTE: National Geographic

NOITE NO TREGA

 

Neste timelapse, Antonio Lomba (profesor de tecnoloxía no noso IES) condensa unha noite no monte Santa Trega. A posta do sol e a caída da noite sobre a vila. Os ceos nocturnos no cumio, cunha vivenda castrexa, a casa forestal, e o poboado como testigos do paso das estrelas e a impresionante vía láctea, e o amanecer con vistas ao Miño e os montes portugueses.

Disfrutade das imaxes!

DOCUMENTAL: "ESENCIA DAS MAREAS"

 

Esencia das mareas  é un traballo do campión mundial de vídeo submarino, o vigués Jorge J. Candán, realizado por encarga da marca galega de conservas Frinsa, no que plasma en 17 minutos a riqueza das Rías Baixas e supón unha exquisita forma de divulgación da biodiversidade dos seus fondos mariños.

Segundo as súas palabres, "o documental reflicte o compromiso coa sostibilidade e paréceme moi importante porque para conservar o mar hai que coñecelo e respectalo, polo que é imprescindible a educación ambiental".

Fermoso documental!

MARABILLAS DA NATUREZA

 

Neste vídeo, de grande éxito mundial, producido pola BBC “MARABILLAS DA NATUREZA”, podes facer unha viaxe polas marabillas naturais do noso planeta: o Val da Morte e o Gran Canón en Estados Unidos, o río Amazonas en Sudamérica, os montes Fuji, Everest e Kilimandjaro, Australia e para rematar a Antártica.

Boa viaxe e que disfrutes! 

A EVOLUCIÓN DE MARTE NUN MINUTO

 

A NASA publicou en YouTube unha animación en 3D na que se recrea o panorama marciano hai 4.000 millóns de anos.

Os científicos cren que o planeta vermello puido ter unha densa atmosfera rica en osíxeno e auga. A recreación comeza cun paseo aéreo por un lago que puido estar en Marte hai millóns de anos. Un Marte moi diferente ao de agora e máis similar á Terra. A continuación nubes en movemento marcan o paso do tempo, e o cambio climático do planeta veciño. Do cálido e húmido ao frío e seco. Os lagos vanse secando, mentres se produce a transición dos ceos azuis aos ceos vermellos que hoxe cobren Marte.

O pasado mes de setembro o
robot Curiosity  detectou unha alta porcentaxe de auga no chan. Arredor do 2% da súa superficie está composto de auga, o que supón unha gran fonte. 

FONTE: ComercioTV e xornal El Mundo/Ciencia

18 MARABILLAS DO UNIVERSO