Blogia
vgomez

VÍDEOS

DOCUMENTAL: VIAXE AOS LÍMITES DO UNIVERSO

 

Iste documental desvela os misterios do cosmos. Un documento visual que nos convida a que penetremos nos segredos do espazo, nunha viaxe sen precedentes desde o planeta Terra ata os confíns do universo.

Realizado a partir da combinación de imaxes reais con outras xeradas por computador, “Viaxe aos límites do universo” propón unha visión sorprendente e única dos mundos que existen máis aló do noso: secuencias nunca vistas ata agora, captadas desde as naves espaciais ou polos maiores telescopios do mundo como o Hubble, complementadas con efectos especiais de última xeración que permiten recrear a primeira viaxe ao espazo infinito.

Espectacular!

UN DÍA DE SAÍDA: AS ILLAS CIES

 

Seguro que neste verán teredes planeado alguna saída familaira un en pandilla. Un lugar moi recomendable é o que hoxe propónovos e que non se topa loxe da nosa localidade, aínda que descoñecido para moitos: AS ILLAS CIES.

As Illas Cíes, polo seu valor ambiental, xunto aos arquipélagos de Ons, Sálvora e Cortegada compoñen o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia desde o ano 2002.

A súa praia máis coñecida, a Praia de Rodas, foi cualificada polo diario The Guardians como unha das dez mellores do mundo.

Nesta reportaxe (de turismo3d.tv) visitaremos o arquipélago a través das súas rutas de sendeirismo e gozaremos das súas praias e cantís.

Merce a pena visitalas!

LUCES, AURORAS E LÓSTREGOS: O CEGADOR ESPECTÁCULO DA TERRA VISTO DENDE O ESPAZO

 

Só uns poucos afortunados seres humanos tiveron e seguen tendo o privilexio de ver o noso planeta desde o espazo. A todos os demais, só nos queda a posibilidade de aproximarnos algo a esta experiencia a través de imaxes como as que hai uns días colgou a NASA na súa páxina web.

Este novo vídeo difundido pola axencia espacial mostra o horizonte do noso planeta visto desde a Estación Espacial Internacional (ISS), no que se aprecian as luces das cidades e o tráfico.

Para realizalo, os técnicos da NASA utilizaron a chamada técnica fotográfica do "estafe-laps"’, que mostra secuencias aceleradas de fotografías, e permite apreciar como ven desde as xanelas da ISS fenómenos como as tormentas eléctricas e as auroras boreales.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O CABALIÑO DE MAR DAS CIES

 

"Habelos hailos", di o devandito popular de todo canto se presume que existe sen que haxa proba irrefutable. E isto foi o que conseguiu o equipo do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo que lidera a investigación do cabaliño de mar ao documentar gráficamente, e por primeira vez na illa, a existencia dun exemplar do escurridizo e enigmático Hipocampus Hippocampus.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

MANEIRAS DE MOVERSE DOS ANIMAIS

 

Os seres vivos teñen formas incribles de moverse e algúns non teñen nin extremidades, outros pola contra teñen máis de mil pés. Algúns deseñan estradas e outros utilizan lubricantes... Este vídeo amosa  como os animais se moven pola terra ou no ceo e como “un deles”, un bípedo, propúxose avanzar máis rápido, voar máis alto e chegar máis lonxe do que as súas propias limitacións biolóxicas permitíanlle naturalmente.

Interesante!

A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL

 

A Estación Espacial Internacional (ISS) é un centro de investigación na órbita terrestre, cuxa administración, xestión e desenvolvemento está a cargo da cooperación internacional.

Este vídeo conta a súa orixe, unida consecuentemente á historia da conquista do espazo polo home.

A FOXA DAS MARIANAS

 

A foxa das Marianas é a máis profunda foxa oceánica coñecida e o lugar máis profundo da codia terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. A subducción é un proceso no que unha parte do leito mariño (neste caso a placa Pacífica) se afunde baixo outra (aquí, a placa Filipina). Aínda que as forzas tectónicas rematan por deformar a placa Pacífica provocando unha inmersión case vertical no interior da Terra, no fondo do mar a placa somérxese nun ángulo relativamente leve. Localízase no fondo do Pacífico noroccidental, o sueste das illas Marianas, preto de Guam.

A foxa ten unha lonxitude de 2.550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da foxa é de 108.600 kPa (unhas 1072 atm). Paralela á foxa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánica. O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11.034 m de profundidade e unha presión de 110.000 kPa.

Na foxa encontrouse unha lura xigante do xénero Architeuthis, unha especie descoñecida de linguado e varias especies descoñecidas ata entón. A 11 km de profundidade encontráronse outros tipos de biodiversidade como minúsculos seres vivos unicelulares e unha forma de plancto por agora descoñecida, segundo se publicou na revista Science.

A foxa das Marianas é un dos lugares máis enigmáticos da Terra.

O PANGOLÍN EN PERIGO

 

O pangolín, que antes era considerado familia do oso formigueiro, o preguiceiro e o armadillo, pertence á orde taxonómica Pholidota, e os estudos xenéticos indican que está máis emparentado cos mapaches e as pandas xigantes que con outros animais aos que se asemella.

Os pangolíns, que furgan nas árbores ou escavan túneles, teñen unha visión pobre pero un bo olfacto para detectar insectos e unhas poutas potentes para extraelos da terra. A súa longa lingua é pegañenta e pode atrapar centenares de formigas dunha tacada. As súas orellas péchanse para impedir que lles entren formigas. Ao igual que as mofetas, os pangolíns poden emitir un olor nauseabundo cando se senten ameazados.

A carne de pangolín é considerada unha exquisitez nalgunhas rexións de China, onde cre que nutre os riles. Na medicina tradicional utilízanse escamas de pangolín, que, ao igual que as uñas humanas, están feitas de queratina, para tratar enfermidades da pel e outras afeccións. O comercio do animal ten unha longa historia: en 1820, o rei Jorge III de Inglaterra recibiu unha armadura fabricada con escamas de pangolín.

Pero a demanda de pangolíns e, con ela, a caza deste animal, aumentou drasticamente nas últimas décadas. A caza furtiva non só se intensificou no sueste de Asia, senón tamén en África, segundo TRAFFIC, unha organización que controla o comercio de animais salvaxes.

Cada ano, os axentes de alfándegas requisan miles de pangolíns e centenares de quilos de escamas, a miúdo camuflados como outros produtos.

Os pangolíns figuran no Apéndice II da convención como animais que aínda non corren o risco de extinguirse, pero poderían correlo. WildAid e outras organizacións sosteñen que os pangolíns deberían pasar a formar parte do Apéndice I, que prohibe calquera comercio.

Un futuro incerto!

FONTE: Xornal El País/Ciencia