Blogia
vgomez

VÍDEOS

O PETRÓLEO

 

Dentro das fontes de enerxía non renovables atopamos o PETRÓLEO, o ouro negro do que tanto dependemos. O vídeo de hoxe pretende profunzidar nel.

 

BIOMASA

 

Outra das fontes de enerxía renovable é a denominada BIOMASA. Ten moito futuro e solventa moitos problemas no entorno cunha aplicación para a obtención de enerxía eléctrica e auga quente. Este vídeo pretende que profundicedes sobre ela.

 

 

ENERXÍA NUCLEAR

 

Continuamos coas fontes de enerxía. Neste caso tócalle a ENERXÍA NUCLEAR, sempre cuestionada polos perigos que hai ao seu redor. É unha fonte de enerxía non renovable.

 Espero que sexa útil para clarificar as ideas sobre este tema.

ENERXÍA EÓLICA

 

Estes días estivemos tratando en clase os tipos de enerxías. Iniciamos hoxe unha serie de vídeos que pretender completar, dun xeito máis agradable, este tema.

Hoxe tócalle á enerxía do vento: ENERXÍA EÓLICA.

A ORIXE DA AUGA

 

Estes días estamos tratando, en clase, o tema da Hidrosfera. A cantidade de auga da hidrosfera estímase aproximadamente nun 1 400 millóns de km3 (lembrade que un m3 son 1000 litros), pero está repartida de forma moi desigual, aparece en diferentes estados e ten distintos graos de pureza. Pero, de onde saíu a auga? Cal é a súa orixe?.

Este vídeo pretende dar contestación a esta pregunta. Espero que resolva as vosas dúbidas.

EFECTO INVERNADOIRO E QUENTAMENTO GLOBAL

 

A atmosfera terrestre actúa beneficiosamente nun proceso de regulación da temperatura gracias ao efecto invernadoiro, pois compórtase igual que os cristais ou plásticos dun invernadoiro, é dicir, deixa pasar as radiacións solares que quenta a superficie, pero impide a saída dunha gran parte das radiacións infravermellas que a superficie quente devolve; así mantén a calor.

Este fenómeno débese, sobre todo, ao CO2 e ao vapor de auga. Grazas a sete efecto gozamos dunha temperatura media de 15ºC. Pero as cantidades de CO2 levan aumentando  nas últimas décadas dunha forma alarmante, polo que o quentamento global é unha realidade. Hai unha relación directa entre o aumento de CO2 na atmosfera e o aumento da temperatura.

Neste vídeo producido por Omnifile, faise un repaso a este proceso e demándase unha serie de actuacións, nas que todos podemos aportar un gran de area para tratar de que non vaia a máis.

HUBBLE

Xa comentamos que este ano 2009 celébrase o ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA. Dende aquí celebramos, coas nosas humildes posibilidades, este evento.

Hoxe imos facelo mediante un vídeo onde se pon de de manifesto a importancia do telescopio Hubble na investigación do Universo.

O Hubble é un proxecto espacial da NASA e ESA, posto en órbita o 24 de abril de 1990, que orbita a unha altura de 593 km sobre o nivel do mar.

Se queres coñecer o seu funcionamento e os seus logros pincha no vídeo.

60 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

 

Hoxe 10 de decembro celébrase o 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos (1948-2008). O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Neste vídeo realizado polo Departamento de Ciencias Sociais do IES Juan José Gómez Quintana de Suances (Cantabria), faise un repaso dos motivos desta Declaración, asÍ coma do seu contido.

Loita polos Deieitos Humanos ¡Aínda hai moito por facer!